Reunión de coordinadores de asociacións Comenius e Grundtvig

A Comisión Europea, co obxectivo de potenicar a calidade das asociacións e o impacto das mesmas nos ssistemas educativos dos estados membros, establece a realización de reunións nacionais organizadas polas respectivas Axencias Nacionais cos coordinadores dos programas Grundtvig e Comenius.
A reunión de coordinadores da convocatoria do presente ano 2007 terá lugar os dias 11 e 12 de decembro en Sta. Cruz de Tenerife e nela particpará o IES Monte Castelo que estará representado na mesma pola profesora Elena Samartino coordinadora do PAP " Flash-Back " e a orientadora do centro Victoria Pérez.