ACTO MUSICAL EN CANGAS

Desde finais dos anos 60, cando nace en Compostela a NOVA CANCIÓN GALEGA,  até o 6 de Novembro de 2014 pasaron moitos anos.  Aquí están de novo, tratando de recuperar a esperanza e a memoria, MINI E MERO, PILOCHA, MIRO CASABELLA, RAÚL NUBEIRO e ANTÓN CREGO.

      Todos xuntos para recuperar unha parte da nosa memoria e para volver a encher de ilusión o vaso do noso presente: ALECRIM, LELA, A MUIÑEIRA DE CHANTADA, IRMAOS, O SANCRISTÁN DE COIMBRA...Emotivo reencontro cos anos 70 e, ao mesmo tempo, situándonos tan ben no noso aquí e no noso agora, facéndonos mergullar no máis fondo da nosa terra, nos problemas do noso tempo, nas raigames que moven a literatura e a música comprometida de todos os tempos.

      Letras e músicas erguéndose contra as inxustizas, cantando o amor, a tenrura do berce, a morte, a seiva nutricia,a nosa historia: " O meu país" en palabras de Miro Casabella

       Porque o futuro precisa que todo o pasado teña o seu lugar na historia presente. É o único xeito de que os nosos fillos se sintan orgullosos da súa terra e que axuden a construír o noso futuro  con dignidade