Voz Natura-Esculturas móbiles con material reciclado

O venres 26 de abril realizase no patio exterior do centro a exposición de esculturas móbiles realizadas con material reciclado polos alumnos de 4º ESO. Esta actividade está dentro do programa Voz Natura 2012-13 da Voz de Galicia e está organizada polo departamento de artes en colaboración co departamento de tecnoloxía.

Esta actividade está inspirada no escultor César Manrique consistente no deseño de esculturas móbiles con material reciclado que pretenden xerar e aproveitar a enerxía a través do movemento. Aparte da función, as obras escultóricas creadas amosan un especial cuidado pola estética e a variedade formas, acompañadas cun fermoso soporte sonoro rítmico, baseado nunha cuidada selección de música atonal de finais do século XIX caracterizada pola presenza de acordes ambigüos e inflexións rítmicas e melódicas fóra da normalidade.