A árbore da vida

O luns 18 de maio ás 14 horas o IES Monte Castelo levou a cabo a inauguración dun proxecto escultórico chamado " A árbore da vida" a que contou coa presenza do artista José Luis Neira Brochs que colaborou durante o presente curso académico nas diferentes actividades levadas a cabo polo departamento de Artes do noso centro.

Esta " A árbore da vida"  é un proxecto escultórico baseado na técnica "land art" (realización de intervencións artísticas na natureza) que surxiu cando os alumnos de bacharelato de artes, a partir dunha árbore que ía ser talada, se propuxeron darlle vida a través da arte utilizando a cor como símbolo do renacer da vida e a iconografía con alusións á mitoloxía e simboloxía cristiá.