Felicitación do Conselleiro de Educación polo premio Comenius Erasmus Junior

O Conselleiro de Educación felicita persoalmente o IES Monte Castelo pola obtención do premio Comenius a nivel nacional pola participación no programa de intercambio Erasmus Junior no que participa o centro dende o curso 2009-2010 co centro Gymnazium Praha 10 da República Checa.

 

Noticia na Voz de Galicia

Este galardón entregouse o día 1 de decembro na V Feira de Valorización que se celebra en Madrid a que acuden o director do centro Marcelino Luna, a profesora coordinadora de proxectos europeos Irene Paredes e unha das alumnas participantes no programa de intercambio Cristina González Maseda.

Consellería de Educación