Skip to Content

RÉCORD DE SOLIDARIEDADE

A“IV Carreira da Luz” recadou 7.000€ para a Fundación Vicente Ferrer

O pasado venres 6 de marzo, unhas 500 persoas de todas as idades participaron na carreira popular que por cuarto ano consecutivo impulsou o noso centro.

Queremos, xa que logo, darvos as GRAZAS a todos e todas sen excepción, corredores/as, colaboradores/as, voluntarios/as, patrocinadores/as, entidades, empresas... porque sen a vosa colaboración, non sería posible levala a cabo.

Co fin de recadar fondos, promover un estilo de vida saudable e fomentar a cooperación entre as persoas, o noso instituto leva organizando dita carreira solidaria dende hai catro anos.

A pesar das inclemencias meteorolóxicas, toda a comunidade educativa desfrutou ao máximo desa noite... Diferentes actividades, (mercados solidarios, inchables, degustación de produtos caseiros con chocolate quente…) e música en directo amenizaron o evento, que acabou converténdose nunha  grande festa solidaria.

O obxectivo deste ano era conseguir cartos para o Programa Hábitat, un proxecto de Desenvolvemento  Integral que se leva a cabo nas zonas máis empobrecidas do sur da India e impulsado pola Fundación Vicente Ferrer, unha ONG comprometida dende 1969 co proceso de transformación dos estados de Andhra Pradesh e Telangana.

A Fundación Vicente Ferrer, a través do programa Hábitat, aporta solucións nas zonas rurais do sudeste da India, onde viven os grupos de poboación máis vulnerables, condicionados no seu día a día a día pola situación de seca crónica que sofre a zona, e polas desigualdades sociais ás que, aínda hoxe, teñen que facer fronte.

E aí  é onde toda a comunidade educativa do IES Miraflores puxo o seu gran de area.

Os 7.000 euros recadados este ano, grazas á xenerosidade de todos vós, participantes e colaboradores, permitirá a traballadores locais e voluntarios en colaboración coa comunidade, construír tres vivendas para ofrecer un fogar seguro e digno ás persoas máis necesitadas.

A vosa solidariedade xunto  co apoio do  Concello de Oleiros, da ANPA Miguel Hernández, e das máis de 25 empresas e entidades varias  que a continuación pasamos a detallar, fixeron posible cumprir o noso reto: DAR LUZ á vida da xente que tanto o necesita…

Abanca, Banco Sabadell, Auditel, Axiña Animación, Bodegas Tábula, Cafés Oquendo, Clínica Veterinaria San Roque (Santiago), Club Fútbol Atlético San Pedro, Club Thriathlon Fogar Oleiros, CSC Sport Center Matogrande, El Estudio Yoga y Pilates (Santa Cristina), Escola Ximnasia Acordes, Estrella Galicia, Farmacia Os Regos, Feda Coruña, Finca Montesqueiro, Frutas Oubiña, Fundación Deporte Galego, Fundación HBL-Grupo JIM SPORTS, Gadisa, Galitelco, Grupo Asueto Hostelería, Hotel Balneario Compostela, Imprenta Alfonso, Isabel De Azevedo, ISOEPAN, La Salud En Tus Manos, Librería Sisargas, Lily Peluqueros, Logopeda Sofía Feás García, Luisa Valdés, Marea Pádel Surf, Panificadora Santa Cruz, joseramonpintorgallego.com, Progando, Soledad Fuentes, Urban Planet, Viajes Sierra, VITALDENT, Xestaden,  Sanesco...

 

 

Somos conscientes de que hai marxe de mellora. Tomamos nota e admitimos suxestións para vindeiras edicións... pero tamén somos conscientes de que  o obxectivo principal está máis que acadado: A SOLIDARIEDADE E O TRABALLO EN EQUIPO, unha das máximas que impera no IES Miraflores.

Moitísimas grazas a todos e todas e emplazámosvos xa á V CARREIRA DA LUZ que se celebrará o vindeiro curso 2020/2021!!!!!



blog | by Dr. Radut