Skip to Content

blogue deadmin

DIAGNOSE E SEGUIMENTO DA CONVIVENCIA ESCOLAR CURSO 2020/2021

Dende a Consellería de Cultura, Educación e Universidade veñen de poñer en marcha a realización dunha nova enquisa on-line que permita analizar o estado da convivencia escolar e das novas formas nas que se está a desenvolver como consecuencia do impacto da COVID-19 na comunidade educativa.

Esta sondaxe de carácter censual “Enquisa de diagnose da convivencia 2021” ten por finalidade coñecer a opinión dos distintos colectivos (dirección, profesorado, alumnado, persoal non docente e familias) e permitirá, a través da análise das respostas obtidas, a introdución de avances e melloras neste ámbito dun xeito global e integrador.

A participación da comunidade educativa nesta enquisa é fundamental e por iso necesitamos da implicación dos distintos colectivos e da súa imprescindible colaboración no proceso de realización.

 

ALUMNADO ESO.

O alumnado de 1º a 4º da ESO pasará nos “recreos de aula” pola aula de informática do Centro para acceder ao cuestionario.

 

ALUMNADO BACHARELATO.

Os titores/as entregarán ao alumnado as súas claves de acceso persoais e este cubrirá voluntariamente a enquisa on-line dende o seu domicilio.

https://www.edu.xunta.gal/enquisas/index.php/164595?lang=gl

 

FAMILIAS.

Os titores/as entregarán ao alumnado de maior idade de cada familia as claves de acceso persoais cas que poderán cubiri voluntariamente a enquisa on-line dende os seus domicilios.

https://www.edu.xunta.gal/enquisas/index.php/625973?lang=gl

 

A ENQUISA ESTARÁ OPERATIVA DESDE O 12 AO 29 DE ABRIL DE 2021 (AMBOS DOUS DÍAS INCLUÍDOS).

ACHEGA DA DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA DOS CRITERIOS DO BAREMO DO 25 DE MARZO AO 9 DE ABRIL, AMBOS INCLUÍDOS, DE 9:00 A 13:00

ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Artigo 17. Documentación cando a demanda de prazas escolares sexa superior á oferta

1. Logo de determinar que o número de solicitudes é superior ao de prazas ofertadas, o centro abrirá un prazo de 10 días hábiles, contados a partir dos 2 días seguintes ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión, para achegar a documentación xustificativa dos criterios de baremo.

2. A presentación desta documentación ten carácter voluntario. A falta de presentación desta documentación impedirá valorar o criterio ou criterios para efectos de determinar a puntuación correspondente.

3. O consello escolar dos centros docentes públicos e a titularidade dos centros privados concertados poderán requirir, de forma motivada, a documentación complementaria que estimen necesaria para acreditar as situacións e circunstancias alegadas, concedendo un prazo de 5 días hábiles para á súa presentación.

4. A falta de presentación en prazo da documentación requirida impedirá ter por acreditado o criterio ou criterios afectados, e en consecuencia, impedirá valoralos para efectos de determinar a puntuación.

 

DEBE PRESENTAR A DOCUMENTACIÓN DO 25 DE MARZO AO 9 DE ABRIL DE 9:00 A 13:00 NA SECRETARÍA DO CENTRO O ALUMNADO QUE SOLICITA ADMISIÓN NOS SEGUINTES CURSOS:

1º DA ESO

2º DA ESO

1º BACHARELATO

 

NON DEBE PRESENTAR A DOCUMENTACIÓN O ALUMNADO QUE SOLICITA ADMISIÓN NOS SEGUINTES CURSOS:

3º DA ESO

4º DA ESO

2º BACHARELATO

PROTOCOLO COVID: Co fin de limitar os contactos interpersoais, recoméndase a presentación da documentación preferentemente nos días non lectivos. De facelo en días lectivos, na medida do posible, evitarase a presencia no Centro nos recreos (10:10 a 10:30 e 12:10 a 12:30).

 

ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación

 

CRITERIO

DOCUMENTACIÓN ACREDITATIVA

PROXIMIDADE DO DOMICILIO FAMILIAR AO CENTRO

 

Certificado do Padrón municipal no que figuren todos os membros da unidade familiar que conviven nel. A data de alta no concreto domicilio deberá ter unha antigüidade mínima dun ano respecto ao inicio do procedemento de admisión, agás circunstancias debidamente xustificadas. Así mesmo, o certificado deberá estar expedido dentro do ano natural ao que corresponda o proceso de admisión.

PROXIMIDADE DO LUGAR DE TRABALLO AO CENTRO

 

Persoas que presten servizos retribuídos por conta allea, mediante a achega de documento expedido para o efecto pola/o empregadora/or xunto cunha copia do contrato de traballo.

No caso de traballadoras e traballadores por conta propia, mediante a alta censual inicial ante a Axencia Estatal de Administración Tributaria, con todas as posibles modificacións posteriores e altas na Tesourería Xeral da Seguridade Social no réxime correspondente.

O persoal ao servizo das administracións públicas presentará unha certificación expedida pola xefatura de persoal correspondente.

CONDICIÓN DE FAMILIA MONOPARENTAL

Certificación de recoñecemento da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia ou pola autoridade competente doutras administracións públicas

PARA O ACCESO AO BACHARELATO:

VALORACIÓN DO EXPEDIENTE ACADÉMICO

Certificación académica persoal de 3º da ESO.

A DOCUMENTACIÓN RELATIVA AOS CRITERIOS DE DOMICILIO FISCAL, RENDA PER CÁPITA DA UNIDADE FAMILIAR, CONDICIÓN DE FAMILIA NUMEROSA E DE DISCAPACIDADE DO ALUMNADO, DO/DA PROXENITOR/A, DO/DA TITOR/A OU DOS/DAS IRMÁNS/ÁS RECOÑECIDA POLA XUNTA DE GALICIA, SÓ SERÁ NECESARIO PRESENTALA CANDO A PERSOA INTERESADA DENEGUE EXPRESAMENTE A CONSULTA AUTOMÁTICA NA SOLICITUDE.

 

LISTAXES PROVISIONAIS DE PERSOAS ADMITIDAS E NON ADMITIDAS: ANTES DO 25 DE ABRIL.

PUBLICACIÓN DAS LISTAXES DEFINITIVAS DE PERSOAS ADMITIDAS E NON ADMITIDAS: ANTES DO 15 DE MAIO.

NOVA PARADA EN O SEIXO

A Xefatura Territorial da Consellería de Educación ven de autorizar unha nova parada na liña de O Temple en O Seixo. Cargará ao alumnado transportado ás 7:55 e ás 15:55 aproximadamente na marquesiña da Rúa Curros Enríquez, entre a rúa Ramón Cabanillas e o Paseo Marítimo.

O servizo comezará o luns 22 de febreiro. O alumnado que desexe facer uso da parada deberá previamente comunícalo ao Centro por correo electrónico (ies.miraflores@edu.xunta.es).

CONVOCATORIA DE PROBAS DE ACCESO A CICLO MEDIO E A CICLO SUPERIOR.

PROBAS DE ACCESO A CICLO MEDIO:

http://www.edu.xunta.es/fp/acceso-grao-medio-convocatoria-actual

 As probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio van dirixidas ás persoas que non cumpran os requisitos académicos de acceso a ciclos formativos de grao medio.

Para poder concorrer á proba é necesario ter cumpridos dezasete anos ou cumprilos no ano natural de celebración da proba.

A proba dará lugar a obtención dunha certificación na que constará a nota final lograda e a cualificación obtida en cada unha das partes que a compoñen. A certificación da superación da proba dará acceso a calquera ciclo formativo de grao medio, nas condicións de admisión que se establezan.

 

PROBAS DE ACCESO A CICLO SUPERIOR:

http://www.edu.xunta.es/fp/acceso-grao-superior-convocatoria-actual

 As probas de acceso aos ciclos formativos de grao superior van dirixidas ás persoas que teñan polo menos dezanove anos ou os fagan no ano de realización da proba e non cumpran os requisitos académicos de acceso a ciclos formativos de grao superior.

A proba dará lugar á obtención dunha certificación na que constará a nota final lograda e a cualificación obtida en cada unha das partes que a compoñen. No caso de superación da proba, a devandita certificación incluirá a relación de familias profesionais ás que se poderá acceder, nas condicións de admisión que se establezan.

 

CALENDARIO DAS PROBAS DE ACCESO:

http://www.edu.xunta.es/fp/webfm_send/9041

 

Para máis  información: http://www.edu.xunta.es/fp/probasou no Departamento de Orientación do centro.

SUBVENCIÓN CONCELLO DE OLEIROS

Segundo acordo adoptado pola Xunta de Goberno Local do Concello de Oleiros do día 27 de outubro de 2020, concédese unha subvención directa ao IES Miraflores de 9.540€ para actividades do Centro.

8 DE XANEIRO DÍA NON LECTIVO DE CENTRO

A Xefatura Territorial da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, concede como día non lectivo para o curso escolar 2020/2021, o:

-       VENRES 8 DE XANEIRO DE 2021.

AS CLASES COMENZAN O LUNS 11 DE XANEIRO.

PRABÉNS! O NOSO EXALUMNO JUAN MANUEL LORENZO NAVEIRO RECIBE O PREMIO EXCELENCIA ACADÉMICA DE GRAO.

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, e o reitor da Universidade de Santiago, Antonio López, entregaron hoxe un recoñecemento aos dous mellores expedientes do campus compostelán galardoados cos Premios de Excelencia Académica de Grao correspondentes ao curso 2018/19. Trátase de JUAN MANUEL LORENZO NAVEIRO (estudante de Matemáticas) e de María Allegue Criado (de Maxisterio en Educación Primaria), que estivo representada pola decana da Facultade de Educación por non poder asistir.

Durante o acto o conselleiro de Educación agradeceu o esforzo e compromiso do alumnado universitario que, como dixo, son “os mellores vectores de calidade das nosas universidades” e representan “a Galicia do futuro, do esforzo, do compromiso do traballo ben feito e a Galicia da vangarda e excelencia”.

Román Rodríguez recordou o compromiso da Xunta de Galicia coa excelencia a través destes premios, que van pola súa segunda edición e non existen en outras comunidades autónomas, cos que se pretende motivar o alumnado universitario para mellorar o seu currículo ao recoñecer a súa actitude de compromiso co seu proceso formativo e o seu mérito e esforzo no estudo. “Para nós, estimular o aproveitamento académico significa seguir apostando pola construción dun sistema universitario excelente, competitivo e de calidade”, engadiu.

PROBAS DELF 2020

Temos de novo o 100% de aprobados nos exames de Delf B1 de este ano 2020.

 

  • ASCÓN DEL CAMPO, Carolina
  • GARCIA ASTRAY, Lucía
  • GARCÍA MARTÍNEZ, Luis Fernando
  • LEIVAS ALFONSO, Inés
  • RODRIGUEZ AMADOR, Daniel
  • TOMÁS FERNÁNDEZ, Alexandra

Parabéns!

No departamento de francés estamos moi content@s, e tamén é unha alegría e un honor para  o noso instituto acadar sempre  o 100% de aprobados e con moi boas notas.

NOVO PROTOCOLO DE ADAPTACIÓN AO CONTEXTO DA COVID-19 NOS CENTROS DE ENSINO NON UNIVERSITARIO DE GALICIA PARA O CURSO 2020-2021.

LEMBRADE:

Se algunha persoa do núcleo familiar convive cunha persoa cun diagnóstico positivo da Covid-19, o alumnado ou o persoal do centro que convivan coa persoa positiva NON PODERÁN ACUDIR AO CENTRO, en virtude de ser considerados contactos estreitos.

Os conviventes dunha persoa con síntomas compatibles coa Covid (alumno/a ou profesional) que se encontre á espera do resultado, evitarán as interaccións sociais que sexan prescindibles ata que se confirme o resultado, pero NON SERÁ NECESARIO QUE GARDEN CORENTENA NO DOMICILIO, PODENDO ACUDIR TANTO Á ESCOLA como ao seu posto de traballo.

PUBLICACIÓN DOS CRITERIOS E PROCEDEMENTO DE DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO MATRICULADO EN ESO

 

Xúntase a Orde do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2020/21 (código de procedemento ED330E).

  • As solicitudes deberán presentarse presencialmente no centro docente onde estea matriculado o alumno utilizando o formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
  • Este formulario de solicitude (anexo I) tamén estará dispoñible:

    a) No centro docente.

    b) No portal educativo, enderezo http://www.edu.xunta.gal

  • Alumnado exento de presentar solicitude Non terá que presentar solicitude o alumnado que fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar no curso 2020/21.
  • O prazo para presentar as solicitudes será de diez (10) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

   https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/anunciog0598-061120-0002_gl.pdf

 

Distribuir contido


by Dr. Radut