Skip to Content

Tecnoloxía

MarumaSat V

Dada a situación actual do confinamento provocado pola COVID-19, non foi posible levar a cabo o lanzamento da MarumaSat V. Pero os integrantes de Axencia Espacial Escolar Galega (NOSA) decidiron realizar un lanzamento virtual, xa que o real non era posible.

Neste lanzamento virtual, participa todo a alumnado dos centros da NOSA, é a MISIÓN OXALÁ.

Aquí temos o resultado:

 

Oxalá cando remate todo isto poida ...

VIDEO DO VOO DA MARUMASAT IV

O 28 de maio de 2019 lanzouse desde o IES Maruxa Mallo de Ordes (A Coruña) a cápsula estratosférica MarumaSat IV que ascendeu a unha altura máxima de 35553 m aterrando, case 3 h despois do lanzamento, no Concello de Maceda (Ourense)

III Congreso NOSA

 

Clica na imaxe para visitar a páxina web do III Congreso NOSA.

 

Poster marumasat

Aquelando, con NOSA, na TVG , sábado 29 de xuño.

A emisión do programa "Aquelando" con NOSA vai ser este sábado na TVG. 

En teoría é as 11:45 da mañá, pero "hai que estar atentos que as veces nos adiantaron a emisión media hora" isto é o que nos di Manuel Vicente. 

Aquí tes un chio da emisión:  Clica na imaxe para velo

 

III CONGRESO NOSA

Ao fin todo chega e, aínda que parecía que non, tamén o 11 de febreiro: o día internacional da muller e a nena na ciencia, a data escollida para a celebración do III Congreso NOSA, no que participaron máis de 360 alumnos e alumnas dos seis institutos que forman a Axencia Espacial Escolar Galega.

A organización correspondeulle, este curso, ao IES Miraflores de Oleiros e 30 alumnas e alumnos de 3º e 4º da ESO foron os encargados de facelo posible: recepción de participantes e entrega de acreditacións, presentación, técnicos de son, imaxe, iluminación, etc...

Ademais o IES Miraflores contribuíu no congreso con:

  • 2 relatorios científicos a cargo do alumnado de 4º ESO de Bioloxía e TIC II e Tecnoloxía Indutrial II de 2º de Bacharelato
  • presentación da páxina web nosa.gal, elaborada polo alumnado de TIC II
  • participación na mesa de obxectivos
  • presentación do tráiler da MarumaSat IV, elaborado tamén por alumnos de TIC II.

As profesoras que coordinamos a actividade agradecemos ao Concello de Oleiros a cesión gratuíta do Auditorio Gabriel García Márquez de Mera, a comedela que nos ofreceron a media mañá e a coordinación coa Policía Local e Protección Civil, para o acceso dos autobuses dos participantes.

RODAXE DO PROGRAMA AQUELANDO DA TVG

Hoxe, 16 de xaneiro, completouse a rodaxe do programa de divulgación científica Aquelando no que participou alumnado de 3º e 4º da ESO.

O pasado 19 de novembro parte do alumnado da materia de Tecnoloxía de 3º e 4º da ESO participou na gravación do programa de divulgación científica Aquelando, que a TVG emitirá nos próximos meses. Neste capítulo, adicado ao espazo asesoramos a Manuel Vicente, director e presentador do programa, sobre o proceso de fabricación e lanzamento dunha cápsula estratosférica: materiais, illamento térmico, colocación das cámaras, dos equipos de medida, da radiosonda, etc... 

Para todo isto tivemos que facer varios grupos e a rodaxe foi moi sinxela, xa que se portaron xenial con nós e nos axudaron nas partes que tiñamos que intervir falando ou amosando como se fan as cousas, e así conseguiron que nos sentisemos como nunha clase normal. Foi moi divertido.

Na imaxe podedes ver a un grupo de alumnos no momento da gravación.

E hoxe por fin, lanzaron a cápsula que axudamos a fabricar, coa participación de alumnado doutros centros da NOSA, a axencia espacial escolar galega.

Atentos á tele nos próximos meses!!!

(Información elaborada por Sandra Duarte, Inés Leiva, Lucía Rodríguez, Lucía Barcia, Paula Ruoti e Ana Fernández)

 

A “NOSA” VISITA A ESCOLA DE ENXEÑARÍA DE TELECOMUNICA- CIÓNS DA UNIVERSIDADE DE VIGO.

O pasado outubro o alumnado de TIC e Tecnoloxía Industrial de 2º BAC. máis o de Tecnoloxía de 3º e 4º da ESO saímos en órbita cara a Universidade de Vigo para coñecer o mundo dos nanosatélites. O día estaba coma o Universo sideral: oscuro, húmero e misterioso, a pesar do cal, como todos os satélites fan descubrimos mundos fascinantes.

Por Miguel Loureiro, Tecnoloxía 3º ESO B

O luns 15 de outubro o alumnado da NOSA estivemos na Escola de Enxeñaría de Telecomunicacións da Universidade de Vigo, convidados pola spin-off galega ALEN SPACE que se puxo en contacto con nós con motivo do lanzamento da MarumaSat III.

Comenzamos cunha breve visita a sala limpa onde puidemos ver o cuarto nanosatélite que están rematando de fabricar: o LUME1; observamos a súa complexidade e explicáronnos o custo que supón a súa fabricación e posta en órbita. Para poder entrar na sala branca, proporcionáronnos un mono, unhas bolsas de plástico para por nos zapatos e unha redecilla para a cabeza e, deste xeito, non contaminar as instalacións co polvo do exterior. Rematada a visita ao satélite dirixímonos á sala de conferencias onde Aaron Nercellas, enxeñeiro da empresa, deu unha charla na que aprendemos os tipos de órbitas dos satélites, qué e un nanosatélite e a montaxe do modelo que estan a fabricar alí. Tamén amosou moito interese no noso proxecto e animounos a continuar traballando e aprendendo.

 O LUME 1 é un cubeSat, con medidas estandarizadas de 10*10*20 cm e para o seu lanzamento situarase no interior dun pequeno habitáculo da nave espacial Soyuz, de xeito que cando chegue a altura desexada ó nanosatélite será exectado con axuda duns resortes e posto en órbita. O lanzamento terá lugar o 25 de decembro desde Rusia.

Como conclusión podo dicir que foi unha saída moi interesante e que, sen dúbida, seranos útil no noso futuro.

VIDEO DO VOO DA MARUMASAT III

BRAZO HIDRAÚLICO 4º ESO (curso 17-18)

No seguinte enlace podedes ver os vídeos do funcionamento dos brazos hidráulicos fabricados polo alumnado de 4º da ESO na materia de Tecnoloxía.

Hai que recoñecer que fixeron un bo traballo!!! 

 

 

 

 

 

 

 

ATOPAMOS A MARUMASAT III

Na tarde do sábado, Rafa Regos, alumno de 3º da ESO do IES Maruxa Mallo atopou a MarumaSat III. Estaba a 3 km do lugar no que as predicións da traxectoria que fixemos na mañá do día do lanzamento, o luns 7, situaban a súa aterraxe, pero moi lonxe do lugar no que a estabamos buscando agora. Rafa, que ten entre as súas aficcións a cetrería, conseguiu localizar a sonda grazas a un pequeno dispositivo que quería probar e propuxo incorporar nos últimos días antes do lanzamento: un pequeno localizador que emprega sinais de radio e que coloca sobre os seus falcóns e aguias, para non perdelos.

Aínda que falta analizar os datos recollidos, temos a impresión de que o voo da MarumaSat III aconteceu como estaba planificado, máis os fallos técnicos que  experimentaron os aparellos de comunicación e localización, levaronnos a considerar diversas opcións que agora se demostran desacertadas.

Na imaxe podedes ver a cápsula no punto de aterraxe, coas fabas do alumnado de Ciencias Aplicadas en perfecto estado tras a aterraxe.

Distribuir contido


by Dr. Radut