Skip to Content

Xefatura de estudos

MOI IMPORTANTE-ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2021/2022

ORDE DO 12 DE MARZO DE 2013 POLA QUE SE DESENVOLVE O PROCEDEMENTO PARA A ADMISIÓN DO ALUMNADO EN CENTROS DOCENTES SUSTENTADOS CON FONDOS PÚBLICOS QUE IMPARTAN ENSINANZAS DE 2º CICLO DE EDUCACIÓN INFANTIL, DE EDUCACIÓN PRIMARIA, DE EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA E DE BACHARELATO REGULADAS NA LEI ORGÁNICA 2/2006, DO 3 DE MAIO, DE EDUCACIÓN.

POSTOS ESCOLARES OFERTADOS 1º ESO
OS POSTOS ESCOLARES DISPOÑIBLES EN 1º DA ESO NO IES MIRAFLORES PARA O CURSO ESCOLAR 2021/2022 NON SON SUFICIENTES PARA SATISFACER A DEMANDA EXISTENTE DE SOLICITUDES DE RESERVA DOS CENTROS ADSCRITOS, POLO QUE TODAS AS FAMILIAS DEBERÁN PRESENTAR SOLICITUDE DE ADMISIÓN DO 1 AO 22 DE MARZO.

CURSO

PRAZAS OFERTADAS

1º ESO

74+9 (*)

(*) RESERVA DE POSTOS ESCOLARES PARA ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO.

 Artigo 3. 2. En todo caso para escolarizar ó alumnado con necesidades específicas de apoio educativo, deberá reservar tres postos escolares por unidade, nos seguintes cursos: 4º de educación infantil, 1º de educación primaria e 1º de educación secundaria obrigatoria.

 Artigo 39. 2. As prazas reservadas non adxudicadas a este alumnado asignaranse conforme o procedemento ordinario e, se é o caso, ao procedemento subsidiario de adxudicación.

 

PRESENTACIÓN SOLICITUDE DE ADMISIÓN

 Artigo 12.

 1. Cando no centro de adscrición o número de postos escolares dispoñibles non sexa suficiente para satisfacer a demanda existente, comunicarase esta circunstancia ao alumnado afectado mediante a súa publicación no taboleiro de anuncios do centro de adscrición e do centro ou centros de orixe.

 2. O alumnado afectado deberá presentar a solicitude de admisión no centro de adscrición na forma e dentro do prazo establecidos nesta orde, e posteriormente presentarán a documentación xustificativa dos criterios de baremo no prazo sinalado no artigo 17.1.

 PRIORIDADE ALUMNADO CENTROS ADSCRITOS

 DECRETO 254/2012, DO 13 DE DECEMBRO, POLO QUE SE REGULA A ADMISIÓN DE ALUMNADO EN CENTROS DOCENTES SOSTIDOS CON FONDOS PÚBLICOS QUE IMPARTEN AS ENSINANZAS DE SEGUNDO CICLO DE EDUCACIÓN INFANTIL, DE EDUCACIÓN PRIMARIA, DE EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA E DE BACHARELATO REGULADAS NA LEI ORGÁNICA 2/2006, DO 3 DE MAIO, DE EDUCACIÓN.

 Artigo 9.2. Nos procedementos de admisión de alumnado nos centros a que se refire o presente decreto, cando non existan prazas suficientes terá prioridade aquel que proceda dos centros de educación infantil, educación primaria ou educación secundaria obrigatoria que, respectivamente, teñan adscritos: CEIP Juana de Vega e o CEIP Plurilingüe da Rabadeira.

 

POSTOS ESCOLARES OFERTADOS OUTROS CURSOS DA ESO E BACHARELATO

CURSO

PRAZAS OFERTADAS

2º ESO

0

3º ESO

9

4º ESO

11

1º BACHARELATO

14

2º BACHARELATO

10

 

SOLICITUDES DE ADMISIÓN

 PRAZO SOLICITUDE DE ADMISIÓN

 O prazo de presentación das solicitudes ordinarias de admisión abranguerá DO 1 AO 22 DE MARZO DE 2021, ambos incluídos, de 9:00 a 13:00.

 As solicitudes deste proceso realizaranse mediante o modelo anexo II, (código de procedemento ED550B). O formulario poderá cumprimentarse na aplicación admisionalumnado, ou ser descargado e cumprimentado de forma manual polas familias.

 Tamén se poderá descargar, e logo cumprimentar, da Sede Electrónica da Xunta de Galicia, na dirección http://www.xunta.es/portada, e nos seguintes enlaces: GALEGO ou CASTELÁN

 

MOI IMPORTANTE: DEBERÁN MARCAR OBRIGATORIAMENTE NO MODELO ED550B OS CRITERIOS QUE DESEXA SE TEÑAN EN CONTA Á HORA DE OBTER A PUTUACIÓN CORRESPONDENTE PARA A ADMISIÓN NO CENTRO SOLICITADO.

 

PROTOCOLO COVID: Co fin de limitar os contactos interpersoais, recoméndase a presentación da solicitude por sede electrónica. No caso de facelo presencialmente, na medida do posible evitarase a presencia no Centro nos recreos (10:10 a 10:30 e 12:10 a 12:30).

 

DOCUMENTACIÓN SOLICITUDE DE ADMISIÓN

 O/a proxenitor/a ou representante do alumnado deberá achegar coa solicitude de admisión a seguinte documentación:

  •  Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar (só cando denegue a súa consulta).
  •  Documento acreditativo do requisito de idade do/da alumno/a (Copia do DNI do alumno/a).
  •  Documento acreditativo de estar en disposición de reunir os requisitos académicos esixidos en cada nivel educativo ou etapa nos termos do procedemento ED550B (certificación académica).
  •  Convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio, se é o caso.

Distribuir contido


by Dr. Radut