Skip to Content

Actividades Complementarias e Extraescolares

Teatro en Latín

O alumnado que cursa latín en 4ºESO e bacharelato acudiu á representación dunha obra teatral o mércores 21 de febreiro.

Pulsando sobre o enlace pódese acceder a diversas fotografías do acto

Teatro Latín

De Bastiagueiro á computación cuántica

O martes 27 de febreiro na bilbioteca do IES Miraflores disfrutaremos dunha charla a cargo de Antón Rodríguez, experto en computación cuántica para o alumnado do STEMbach.

Á charla están invitadas todas as persoas interesadas no tema.

O comezo está previsto para ás 16:30

Entroido 2024

O venres 9 de febreiro celebramos un concurso de disfraces no IES Miraflores con motivo do antroido.

Pulsando sobre a seguinte imaxe pódese acceder á unha carpeta na que se poden ver distintas fotografías da celebración.

Se algunha persoa considera que algunha fotografia non é axeitada ou debe ser retirada, por favor, que escriba un correo electrónico o máis axiña posible a vicedireccion@iesmiraflores.gal

Subvención do Concello de Oleiros

O Concello de Oleiros, de acordo co disposto no artigo 28.9 das Bases de Execución do Orzamento para 2023, concede a subvención nominativa de 11.020,00€ ao IES Miraflores, a cal será destinada á realización de actividades educativas, culturais e deportivas, eventos e celebracións conmemorativas e á adquisición de material didáctico de carácter funxíbel.

Día da muller e a nena na ciencia

A semana do 11 de febreiro celebramos o día da muller e a nena na Ciencia. O luns 5 realizamos un taller de bioadsorción de elementos contaminantes guiados por Xanel Vecino, profesora e investigadora da Escola de Enxeñaría industrial da Universidade de Vigo. O alumnado de Cultura Científica de 1º Bach preparou esférulas de adsorción de alxinato de calcio e comprobaron a súa eficacia retirando sulfato de cobre. Este proceso, a escala industrial, permite retirar contaminantes de difícil separación en tratamentos de augas e verquidos de industrias como a agroalimentaria, coa que Xanel e o seu equipo están a aplicar os resultados da súa investigación.

Visita ao CITEEC Stembach 2023/24

O martes 23 de xaneiro visitamos, co alumnado Stembach, as instalacións do Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñería Civil. Acompañados da enxeñeira, Gemma Rojo, coñecemos catro laboratorios de ensaios sobre materiais e estructuras: Un túnel de vento, unha darsena, na que se simula o efecto da ondaxe sobre as infraestructuras portuarias, o laboratorio de construcción, no que poñen a proba a resistencia dos materiais, e o laboratorio de hidráuloca, que conta cun modelo a escala da instalación de abastecemento de augas da Coruña e varios simuladores de chuvia.

TEATRO EN FRANCÉS

O día 22 de xaneiro o alumnado de francés de 3º e 4º ESO e de bacharelato disfrutou dunha representación de teatro en francés: Emilia arrive à Paris, en A Coruña

SEMANA BRANCA. ANDORRA 2024

231 alumnos e alumnas do IES Miraflores de entre 1º da ESO e 1º de bacharelato puideron gozar da neve na actividade “Semana Branca” que se levou a cabo entre o 6 e o 13 de xaneiro na estación de Grand Valira (Andorra).

O centro desprazou ao alumnado en 5 autobuses acompañado por 12 profesores/as.

O seu comportamento foi extraordinario, aproveitando as clases de esquí/snow board e o tempo libre, tanto de práctica como de lecer.

Dende o IES Miraflores entendemos que a educación é moito máis que unha mera transmisión de coñecementos de aí o esforzo que se fai dende o centro para levar a cabo este tipo de actividades extraescolares que contribúen enormemente tanto ao enriquecemento persoal como á mellora da convivencia entre o alumnado.

Vipers in the city

Na sesión de Stembach do día 16 de xaneiro contamos coa presencia de Ismael Espasandín, Biólogo e investigador que codirixe un proxecto de estudo e divulgación da víbora de Seoane, especie endémica do norte ibérico.

Con Ismael coñecimos como viven, de que se alimentan, como e cando se reproducen e o importante papel que estes animais, inxustamente odiados, xogan nos nosos ecosistemas, así como a importacia e responsabilidade da conservación dos seus hábitats e das súas poboacións.

Vipers in the city

Distribuir contido


by Dr. Radut