Skip to Content

FOLGA ESTUDANTIL FEMINISTA DO 8 DE MARZO PARA ALUMNADO DE 3º DA ESO EN ADIANTE.

Atendendo á convocatoria a nivel estatal dunha “Folga Estudantil Feminista”, do Sindicato de Estudantes (NIF G-78568334), para: “mostrar o rexeitamento á secuela da violencia machista, e solicitar unha materia de educación sexual inclusiva nos centros de estudo”, e ao amparo do artigo 8, parágrafo 2 da Lei 8/1985 onde indica: "Nos termos que establezan as Administracións educativas, as decisións colectivas que adopten os alumnos, a partir do terceiro curso da educación secundaria obrigatoria, con respecto á asistencia a clase non terán a consideración de faltas de conduta nin serán obxecto de sanción, cando estas fosen resultado do exercicio do dereito de reunión e sexan comunicadas previamente á dirección do centro"

A Xunta de delegados/as do IES Miraflores, reunida o 23 de febreiro de 2021, acordou secundar a convocatoria, e polo tanto, o alumnado de 3° e 4° da ESO e de Bacharelatoque desexe participar deberá, obrigatoriamente, facelo constar no documento adxunto, coa firma dos titores legais e facer entrega do mesmo ao titor/a hasta o venres 5 de marzo de 2021, que servirá de comunicación e xustificación das correspondentes faltas.

É unha convocatoria estudantil, non do profesorado. Impartirase clase con normalidade, sen prexuízo doutras convocatorias vixentes para estes.

O marco normativo vixente recolle e regula o dereito de inasistencia a clase do alumnado de 3º de ESO en adiante. O alumnado de 1º e 2º de ESO en todo caso debe acudir ao centro con normalidade.

O alumnado que secunde a folga non poderá facer uso do transporte escolar nin acudirá ó centro en ningún momento da xornada lectiva. En caso de facelo, deberá incorporarse ás clases con normalidade durante o resto da xornada, para o que deberá vir provisto do material de traballo adecuado.

As faltas do alumnado que non asista ao centro e fosen autorizadas polas familias constarán como faltas xustificadas.

AdxuntoTamaño
XUSTIFICACIÓN PARTICIPACIÓN FOLGA DO 8 DE MARZO DE 2021.pdf652.25 KB


blog | by Dr. Radut