Skip to Content

blogue deadmin

INTERCAMBIO BAYONNE.

 

 

Entre o 22 e o 29 de marzo pasado 26 rapaces e dous profesores do IES Miraflores fixeron unha estadía en Bayonne (Francia) no marco do intercambio co Lycée René Cassin que se está a desenvolver durante este curso. Os nosos alumnos estiveron aloxados nas familias de acollida dos seus homólogos franceses cos que están en contacto dende xaneiro.

O programa en Francia incluiu a visita de Burdeos, Bayonne, Saint-Jean-de-Luz, Biarritz así como unha xornada no centro de ensino francés.

En vindeiras datas, do 6 ao 13 de abril, terá lugar a estadía en Oleiros dos alumnos franceses.

Trátase dunha actividade de inmersión lingüística no estranxeiro pero non hai dúbida de que vai moito máis alá do ámbito lingüístico, xa que entendemos que acada plenamente unha dimensión de experiencia humana e cultural moi enriquecedora para os nosos alumnos polo feito de ter que convivir cunha familia estranxeira, adaptándose ao seu ritmo de vida, ás súas comidas e ás dúas costumes cotiás.

Máis información no Blog des Étoiles do Departamento de Francés

MINISTAY EN HASTINGS PARA 1º DE BACHARELATO

 

Entre os días días 21 e 27 marzo un pequeno grupo de estudantes de 1º de Bacharelato participaron nun Ministay na cidade de Hastings (sur de Inglaterra)  onde conviviron cunha familia local inglesa e participaron en multitude de actividades.

Todos os días pola mañá,  asistían tres horas a clases de conversa sobre distintos temas de actualidade ou da propia localidade de Hastings. Pola tarde había distintas actividades como saír á rúa e obter diversa información dos transeúntes ou representar a batalla sucedida  alí no século  XI.

Ademais houbo duas saídas en tren para coñecer outras cidades de intersese: un día a Londres e outro a  Brighton, o que os deixou a todos con desexos de volver. Resultou unha experiencia marabillosa!

 

RESULTADOS III CARRERA DE LA LUZ

Pincha aquí para ver os resultados. Parabéns a todos por colaborar!

 

ADMISIÓN 2019-2020. DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA

COMUNICAMOS QUE NO PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O VINDEIRO CURSO 2019/2020 HAI MENOS SOLICITUDES QUE PRAZAS VACANTES OFERTADAS EN TODOS OS CURSOS, POLO QUE NON É NECESARIO ACHEGAR DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA DOS CONCEPTOS ALEGADOS COMO SE INDICA NO ARTIGO 17 DA ORDE DO 12 DE MARZO DO 2013.

 

PLANTADA DE ESPANTALLOS NO IES MIRAFLORES

 

 

 Os alumnos de plástica de 3º e 4º ESO participaron no Concurso de Espantallos de Entroido organizado por este departamento. O obxecto desta convocatoria era celebrar a tradicional festa do Entroido, caracterizada polo disfrace,  e ao mesmo tempo, por en valor estes elementos da nosa cultura tan habituais nos campos e hortas e serven de vehículo para a creción artística.

O alumnado “plantou” os seus espantallos temáticos na primeira planta, animando os corredores e estancias durante toda este semana.

Os espantallos gañadores (escollidos polo alumnado de 1ºESO) permanecerán expostos ata a semana que vén na entrada do instituto.

VISITA AO PLANETARIO, CASA DAS CIENCIAS E MUNCYT 4º ESO

O mércores 27 de febreiro o alumnado da materia de Cultura científica de 4º ESO realizou unha visita ao planetario da Casa das Ciencias e ao Muncyt.

No planetario participaron nunha sesión sobre o ceo nocturno do día 21 de marzo (equinoccio de primavera) nas nosas latitudes para aprender que constelacións son visibles no ceo nocturno durante esa época do ano, que planetas poden ser observados sen necesidade de telescopios e que posición ocupa o Sol e a Lúa no ceo durante o equinoccio de primavera.

No Muncyt (Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía) participaron en grupos nunha actividade denominada “desafío Muncyt” onde tiveron que facer o papel de “detectives” para descubrir mediante unha serie de pistas distintos obxectos, aparatos e inventos expostos neste museo e a súas aplicacións pola humanidade ao longo da historia.

Os participantes estiveron moi interesados nas dúas visitas e cun comportamento excelente. Parabéns a todos eles!

CHARLA- COLOQUIO ANDREA MACEIRAS CON 3º E 4º ESO

 

O martes  26 de febreiro, o alumnado de 3 e 4 ESO puido charlar coa escritora coruñesa Andrea Maceiras sobre os seus libros Europa Express e O que sei do silencio

Un ano máis quedaron enfeitizados coas súas historias e puideron preguntarlle sobre os aspectos máis destacados das súas obras.

A actividade estaba organizada polo departamento de Lingua Galega e o Equipo de Dinamización Lingüística.

CERTAME LITERARIO DESCUBRINDO OLEIROS

A alumna de 4 ESO B  do IES MIraflores Celtia Río Santos foi unha das finalistas do certame literario "Descubrindo Oleiros" organizado polo Concello de Oleiros. Parabéns!

MANOLO RIVAS NO IES MIRAFLORES

 

O pasado xoves 21 de febreiro o alumnado de 1 BACH tivo o grande privilexio de poder conversar co escritor coruñés Manuel Rivas e sobre o libro  que leron en Literatura Galega no segundo trimestre As voces baixas.

Unha novela da vida.Unha amalgama de historias...As voces dos nenos,das mulles que falan soas,dos emigrantes,dos mosrtos,dos animais... As voces dos que non queren dominar e se nutren de palabras e contos.

Unha obra intimista,tenra e singular,na que o autor vai desgranando lembranzas da súa infancia e adolescencia. Unha mirada íntima e poética chea de humor e dor dos seus primeiros case vinte anos de vida, coa familia nese mar de fondo e onde está presente a súa irmá maior, María...

O alumnado puido comprobar a sensibilidade  e xenerosidade do autor ao contar historias e compartir as súas vivencias...

Ao final da charla asinou exemplares e demostrou que ata neses detalles é un escritor preocupado polos seus lectores...As súas adicatorias son unha verdadeira xoia para gardar nos andeis da memoria...

 

ADMISIÓN CURSO 2019-2020

ADMISIÓN CURSO 2019-2020

Os pais/nais ou titores legais do alumnado de centros non adscritos, interesados en cursar estudos no IES Miraflores, formalizarán a súa solicitude neste centro.

En ningún caso este alumnado deberá formalizar no período anterior a súa solicitude no seu centro adscrito xa que incurriría nunha duplicidade e a súa solicitude quedaría excluída en ambos os dous centros (o adscrito e o de nova solicitude).

CALENDARIO DO PROCESO DE ADMISIÓN

Reserva de praza para o centro ao que se estea adscrito

01 - 15 de febreiro

Sorteo público a efectos de desempate

27 febreiro

Publicación de postos escolares vacantes

Antes do 1 de marzo

Presentación en prazo ordinario de solicitudes de admisión

01 - 20 de marzo

Presentación documentación acreditativa dos criterios de baremo

10 días hábiles contados a partir dos 2 días seguintes ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión

Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas

Antes do 25 de abril

Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas

Antes do 15 de maio

Formalización da matrícula en ESO e bacharelato

25 de xuño - 10 de xullo

Prazo extraordinario de formalización de matrícula en ESO e bacharelato

1 - 10 de setembro

 

CRITERIOS A SEGUIR PARA A SOLICITUDE

           - 1º ESO

           - 2º ESO

           - 3º ESO

           - 4º ESO

           - 1º BACHARELATO CIENCIAS

           - 1º BACHARELATO HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS

 

Contra a relación definitiva, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da xefatura territorial, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación. (Artigo 32 Orde 12 de marzo de 2013)

 

Distribuir contido


by Dr. Radut