Skip to Content

blogue deadmin

MODIFICACIÓN DA ORDE POLA QUE SE APROBA O CALENDARIO ESCOLAR PARA O CURSO 2022-2023 PARA OS CENTROS SOSTIDOS CON FONDOS PÚBLICOS

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades vén de publicar no DOG de hoxe, xoves, 5 de xaneiro, a Orde do 27 de decembro de 2022 de modificación da Orde do 20 de maio de 2022 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2022/2023 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

En consecuencia, elimínase a sesión de avaliación previa á avaliación final do alumnado de ESO, prevista para ser realizada a partir do 5 de xuño de 2023, xunto co período específico para a realización de actividades de apoio, reforzo e recuperación de materias ou partes sen superar tras esa avaliación parcial; é dicir, o curso na ESO remata a todos os efectos o 21 de xuño de 2023 debendo coincidir a sesión da terceira avaliación parcial coa sesión de avaliación final, que terá lugar a partir do 22 de xuño de 2023, onde se fará efectiva a cualificación definitiva das materias.

Con respecto ao alumnado de 1º de Bacharelato, mantense a realización da sesión da avaliación final ordinaria a partir do 5 de xuño de 2023 e a sesión de avaliación final extraordinaria a partir do 22 de xuño de 2023.

Ao longo do mes de xaneiro, indicarémosvos as implicacións específicas que esta Orde terá sobre as distintas programacións didácticas, o calendario de avaliacións e o remate do curso escolar.

RESULTADOS ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2022

A Xunta Electoral, encargada da organización e supervisión do procedemento de elección dos membros do consello escolar, vén de publicar, de acordo co establecido nos artigos 31º e 51º do decreto 92/1988, do 28  de abril (DOG do 29), a proclamación dos/as candidatos/as elixidos/as para formar o consello escolar do centro. Poden consultar a información no taboleiro do centro.

De acordo co citado artigo 51 do Decreto 92/1988, do 28 de abril, contra a presente proclamación de candidatos/as elixidos poderase presentar por un prazo de 15 días reclamación perante o Xefe/a Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Universidade. A resolución desta poñerá fin á vía administrativa.

ACORDO PROVISIONAL DE CONCESIÓNS E DESESTIMACIÓNS DAS AXUDAS PARA AS ASISTENCIA A COMEDORES ESCOLARES PARA O CURSO 2022 – 2023

No día de hoxe publicouse na web do Concello de Oleiros (apartado Concellería Ensino e Xuventude) o Acordo provisional de concesións e desestimacións das axudas para as asistencia a comedores escolares para o curso 2022 – 2023.

Achegamos o enlace de dito Acordo :  http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?uuid=dcfae394-f51c-4fce-be9f-79b7eb71c776&groupId=12702

O prazo de alegacións é de 10 días hábiles e finaliza o día 14 de decembro de 2022.

ACORDO PROVISIONAL DE CONCESIÓNS E DESESTIMACIÓNS DAS AXUDAS PARA AS ASISTENCIA A COMEDORES ESCOLARES PARA O CURSO 2022 – 2023

No día de hoxe publicouse na web do Concello de Oleiros (apartado Concellería Ensino e Xuventude) o Acordo provisional de concesións e desestimacións das axudas para as asistencia a comedores escolares para o curso 2022 – 2023.

Achegamos o enlace de dito Acordo :  http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?uuid=dcfae394-f51c-4fce-be9f-79b7eb71c776&groupId=12702

O prazo de alegacións é de 10 días hábiles e finaliza o día 14 de decembro de 2022.

RESOLUCIÓN DEFINITIVA DE CENTROS BENEFICIARIOS DAS AXUDAS DE ACREDITACIÓN LINGÜÍSTICA A CENTROS PÚBLICOS

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades vén de publicar a resolución definitiva de centros beneficiarios das axudas de acreditación lingüística a centros públicos.

No caso do IES Miraflores, en base aos criterios aplicados pola Consellería, están asignadas 23 prazas para a realización das probas por parte de todo o alumnado solicitante de 2º de bacharelato.

Proximamente comunicaremos ao alumnado e ás familias as datas de celebración das probas (posiblemente durante o segundo trimestre do curso) e o nome da entidade certificadora.

CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA A ASISTENCIA A COMEDORES ESCOLARES PARA O CURSO 2022/2023.

Facilitámosvos a información e a documentación precisa para facer as solicitudes.

Estas deberán presentarse ante o rexistro do Concello de Oleiros sito no Centro Cultural “A Fábrica” en horario de 8:30 a 14:00 horas, ou ben a través da Sede electrónica, no modelo normalizado que se inclúe na convocatoria.

O prazo de solicitude rematará o día 30 de setembro de 2022.

LISTADO LIBROS DE TEXTO CURSO 2022-2023

Publicación do listado de libros de texto para o curso 2022-2023 en arquivo adxunto.

RESULTADOS PROBAS DELF FRANCÉS

100% de aprobados dos alumnos de francés que se presentaron ás probas externas:

 DELF B1.

BARREIRO LÓPEZ Mar

DUARTE BAILÓN Sandra

LOUREIRO MUIÑOS Miguel

MELLA RODRIGUEZ Iago

RUZO GARCÍA Laura

SÁNCHEZ BOTANA Candela

SANTOS RODRIGUEZ Marcos

DELF B2.

CHACÓN PÉREZ Paula

LEIVAS ALFONSO Inés

LORENZO NAVEIRO Irene

MARTÍNEZ MARTÍNEZ Daniel

Parabéns!

RECORDATORIO RECOLLIDA LIBROS DE TEXTO DE PRÉSTAMO

Nos próximos días recolleremos os libros que tivo en préstamo parte do alumnado do instituto. Se o/a seu/súa fillo/a se atopa neste caso, debe entregalos segundo o seguinte calendario:
LUNS 20 DE XUÑO: 3º ESO pola mañá e 4º ESO pola tarde.
MARTES 21 DE XUÑO: 2º ESO pola mañá e 1º ESO pola tarde.
Os libros deben vir nunha bolsa rotulada co nome e o curso do/a alumno/a.
Se se trata de 2º ou 4º da ESO, deberán estar perfectamente forrados, xa que van ser utilizados aínda un ano máis.

FONDOLIBROS 2022/23 ALUMNADO ESO

 

ORDE do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2022/23 (código de procedemento ED330B, ED330G e ED330H).

 

RENDA  IGUAL OU INFERIOR A 6.000 €

  •        6 LIBROS
  •         AXUDA PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR 50 €

RENDA SUPERIOR A 6.000 € E IGUAL OU INFERIOR A 10.000 €

  •         4 LIBROS

 

ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO

 

  •         RENDA  IGUAL OU INFERIOR A 6.000 €240 €
  •         RENDA SUPERIOR A 6.000 € E IGUAL OU INFERIOR A 10.000 € 160 €

ALUMNADO CON GARDA OU TUTELA DA XUNTA OU CON DISCAPACIDADE MAIOR OU IGUAL AO 65%

 

  •         6 LIBROS E AXUDA PARA ADQUIRIR MATERIAL CON INDEPENDENCIA DO NIVEL DE RENDA

 

CÁLCULO DA RENDA PER CÁPITA FAMILIAR (ANO 2020)

  •         Cando houber declaración IRPF 2020: (RECADRO 435 + RECADRO 460)/ Nº MEMBROS COMPUTABLES DA UNIDADE FAMILIAR
  •         Certificado de imputación de rendas se non houber declaración.

PRAZO PRESENTACIÓN

  •         DO 19 DE MAIO AO 22 DE XUÑO (AMBOS INCLUÍDOS) de 2022

 

 

 

 

 

 

 

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR

  •         Anexo I (SOLICITUDE)
  •         Anexo II (COMPROBACIÓN DE DATOS DOS MEMBROS COMPUTABLES DA UNIDADE FAMILIAR)
  •        Copia do Libro de familia. Se houber separación ou divorcio sentencia xudicial e/ou convenio regulador. Excepcionalmente volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente no concello onde resida a familia.
  •        Certificado de discapacidade do/a alumno/a ou calquera membro da familia NON EXPEDIDO POLA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA.
  •         Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero.
  •         Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.
  •         Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou do certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.
  •         Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou titor ou titores carezan de DNI e NIE.

 

 

 

PRESENTACIÓN

  •         OPCIONALMENTE nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

 

 

 

 

 

IMPORTANTE

  •         Antes de cubrir o Anexo I, débese consultar a artigo 4 da orde da convocatoria que aclara cales son os membros da unidade familiar.
  •        A solicitude será ÚNICA para todos os/as fillos/as (ou, de ser o caso, tutelados) matriculados no mesmo centro. Mais se a solicitude se tramita por vía electrónica empregando a aplicación “fondolibros”, será necesaria  a presentación dunha solicitude por cada alumno/a, aínda que estean no mesmo centro.
  •         A solicitude deberá estar ASINADA polo pai, nai titor/a ou representante legal do alumnado.
  •         O alumnado que repita 4º ESO no curso 2022/2023 ou que non obteña praza en FP básica e que non tivese presentada solicitude no prazo indicado, poderá facelo no prazo dun mes desde a formalización da matrícula. O mesmo dereito terá o alumnado que se incorpore procedente dun centro de fóra de Galicia ou que pase a estar en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.

PUBLICACIÓN DAS LISTAXES PROVISIONAIS

  •         11 DE XULLO DE 2022

PUBLICACIÓN LISTAXES DEFINITIVAS

  •         22 DE XULLO DE 2022

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut