Skip to Content

Complementarias

XORNADA DE CONTACONTOS EN FRANCÉS

 VER ALBUM DE FOTOS

Fantástica e divertida sesón de contacontos titulada "Conta comigo" na que o alumnado de 1º e 2º da ESO puido seguir as historias tradicionais contadas ao redor do lume e que transmiten os saberes ancestrais dos pobos africanos.

Esta é a presentación do contacontos:

 

 

 

 

Me llamo Samuel Mountoumnjou. Nací en Foumban, una ciudad del oeste de Camerún que sigue conservando muchos elementos de su cultura y de sus tradiciones. En ese contexto me crié, aprendiendo el bamoun, mi lengua materna. Pasando los años, aprendí a apreciar las metáforas y la poesía de ese idioma así como la riqueza literaria y cultural de sus relatos. Escuchando a mi mamá hablar o contar, y a muchas personas mayores del pueblo también, sentí nacer y crecer en mí la pasión por los cuentos y, siendo aún adolescente, me inicié en la narración.

ANDAINA POLA ILLA DE AROUSA DO ALUMNADO DE 1º E 2º DO CICLO SUPERIOR

Coma todos os anos, o alumnado de primeiro (AF) e segundo (TSEASD) de ciclo superior xunto co profesorado fixo unha andaina de 18 km. pola Illa de Arousa.
 
Durante a andaina fixeron uns xogos de dinamización grupal para romper o xeo entre os/as membros dos grupos. Estes xogos foron deseñados e preparados polo alumnado de 2º como parte da súa preparación profesional.
 
 Para aumentar/descargar fai clic na imaxe
 

 
 
 

RADIOMALVEIRAS EMITE EN DIRECTO!

No segundo recreo dos venres o equipo de Radiomalveiras abre os seus micros para todas e todos vós. Só tedes que poñer a orella e escoitar as novas, a carteleira, o tempo, felicitacións de cumpreanos, peticións musicais con dedicatoria ou sen ela que salen dos altofalantes do patio e da entrada. Animadevos a participar!

O ALUMNADO DO CICLO SUPERIOR REALIZOU UN CURSO DE RCP

Como todos os anos, este luns os profesionais sanitarios do Salnés acompañaronnos para o curso de RCP que capacita aos nosos alumnos para poder aplicar a RCP en caso de necesidade e coñecer o dispositivo DESA. Este curso é obrigatorio para todos aqueles que traballen nunha piscina e como socorristas.

De maneira altruista, dende hai 11 anos, veñen a impartir esta sesiòn cunha duración de 4 horas no que son avaliados tanto desde o punto de vista práctico como na teoría por medio dun exame teórico.

Este ano tiveron que vir tres médicos mais pois ao cambiar de ciclo,  a unidade formativa de primeiros auxilios,  pasa a ser de primeiro curso pero ainda temos o ciclo antigo onde aínda se imparte en segundo . Co cal tivemos 54 alumnos, 6 profesionais do Hospital (Julia Oubiña, Eugenio Pose, Sandra Martínez, Laura González, Carlos Pérez e Ángeles Castro Otero) e dous profesores axudantes : Luis e Conchi.

(Fonte: Canle Rías Baixas)

A nova no Faro de Vigo (clic na imaxe)

 

Ver album de fotos:

MONÓLOGO DE NIEVES RODRIGUEZ NO AUDITORIO

Foto de Santi M. Amil para La voz de Galicia

O alumnado de 4ºESO e de 1º Bacharelato asistíu no auditorio de Vilagarcía á representación de Metamorfose, un monólogo de Nieves Rodriguez, no marco do programa Violencia Zero para estudantes do ensino secundario. 

Para ler máis sobre esta nova na prensa podes ler isto ou isto.

AVISO IMPORTANTE PARA 1ºESO: ENGLISH WEEK

 O noso centro foi seleccionado para participar no programa de inmersión lingüḯstica English Week, dirixida ao alumnado de 1ºESO, organizada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria durante o ano 2018 (Orde do 18 de maio publicada no DOGA do 7 de xuño).

Esta actividade celebrarase nos Peares dende o domingo 28 de outubro ata o sábado 3 de novembro, ambos os dous incluídos. É totalmente gratuita ainda que as familias terán que se ocupar do traslado da súa filla ou do seu fillo. Esta oferta é para un máximo de 25 alumnas e alumnos.

O mércores 3 de outubro entre as 16:45 e as 17:30 poderase anotar ou informase no despacho de Dirección todo o alumnado interesado na actividade. Se o número de interesados superara o número de praza disponibles seleccionaranse os 25 primeiros anotados.

IMPORTANTE:

Terán prioridade aquelas persoas que non disfrutaron desta actividade o ano pasado.

 

VIAXE A ITALIA DE 4º ESO

VIAXE A ITALIA 2018

CONCURSO DE FOTO E VIDEO "OLLARES EN IGUALDADE"

PARA LER AS BASES FAI CLIC NA IMAXE

Distribuir contido


by Dr. Radut