Skip to Content

INTERCAMBIO ESCOLAR CON FRANCIA 2011

Versión para impresoraVersión para impresora

Como cada ano nestas datas, temos visita. Chegaron os alumnos bretóns do Collège Victor Segalen, de Châteaugiron (Bretaña, Francia).

Este é o noso cuarto intercambio, aínda que a actividade, na que participan os institutos de Fontecarmoa, Sobradelo e Carril, ten xa 10 anos de traxectoria.

O intercambio está destinado aos alumnos de francés de 2º e 3º de ESO, que reciben nas súas casas un rapaz ou unha rapaza de Châteaugiron. Durante case dúas semanas compartirán con nós clases, visitas culturais e festas.

No mes de marzo os rapaces de Carril visitarán Châteaugiron, onde serán acollidos polas familias dos seus "correspondants".

Os participantes, un total de 80 rapaces dos catro centros organizadores, realizarán durante todo o curso diferentes actividades entorno á temática "O mundo feminino", co obxectivo de dar a coñecer e valorar a importancia do rol da muller nas sociedades bretoa e galega.

Os alumnos bretóns chegaron a Galicia o pasado 31 de outubro e o mércores 2 de novembro foron recibidos no instituto por todo o alto.  Aquí tendes un pequeno vídeo da recepción:

 

Para máis información podedes consultar o programa de actividades e seguir o blog do intercambio: http://letourdecarril.wordpress.com/echange.

AdxuntoTamaño
programa outubro 2011.pdf11.38 KB


page | by Dr. Radut