ENTREGA NOTAS E DATAS MATRÍCULA sticky icon

A entrega de notas da avaliación final ordinaria terá lugar o día 24 de xuño ás 11:00h. A entrada do alumando será pola mesma porta que leva utilizando ao longo do curso. A matrícula realizarase do 1 ao 9 de xullo nos días que se indican no documento adxunto.

MÁIS INFORMACIÓN 

PARABÉNS AOS PREMIADOS

  O alumnado de Cultura Clásica de 3º ESO C, ven de acadar o accésit do concurso de podcast "A máscara que inspira", organizado pola Sociedade española de estudios clásicos (SEEC) e que será entregado o vindeiro día 22 en Santiago de Compostela.

  Parabéns tamén á alumna de 2º BAC, Sara Sánchez Blanco, que acaba de ser galardoada co 3º premio, dentro da súa categoría, no IV certame de debuxo e poesía "Avelino Díaz", convocado polos concellos de Riotorto e Meira, e pola Asociación Cultural "Avelino Díaz". O título do poema premiado é "Chuvia".

 

DESPEDIDA DE 2º BACHARELATO

  Despois un ano duro e de moito esforzo, queremos felicitar á promoción do 2021 de 2º Bacharelato, por ter percorrido este camiño xuntos no IES de Melide. A súa pegada forma parte xa do acervo sentimental que se completa curso tras curso formando a historia do instituto.

 Queremos comunicarvos que o vídeo do acto de graduación estará colgado no Twich durante unha semana, despois da cal procederase á súa retirada. As fotos do acto, xunto coas fotos individuais da orla, poderedes descargalas dende unha ligazón que recibiredes ao longo da vindeira semana.

 Parabéns e moito éxito!

DEVOLUCIÓN LIBROS DA ANPA

Comunicamos o procedemento para a recollida dos libros da  ANPA "Terra de Melide" que nos trasladan os seus responsables.

  • Días para entregar os libros de texto: 21 e 22 de xuño
  • Procedemento:
    • o alumando levará os libros de texto do ANPA ao instituto, nunha bolsa pechada e identificada pola parte de fóra co NOME, APELIDOS E CURSO.
    • Non mesturar os libros de texto de varios nenos nunha única bolsa. UNHA BOLSA POR NENO/A.
    • A bolsa deixaranna enriba do pupitre ás 14:15h, logo será recollida e entregada ós respondables do ANPA.

 

FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO

Comunícase a apertura do prazo para solicitar axudas ó fondo de libros e de material escolar.

  • Prazo para presentar as solicitudes: ata 22 de xuño (incluído).

  • Lugar de presentación: preferiblemente a través de sede electrónica da xunta, tamén pode facerse presencialmente no centro (solicite cita previa:881866109).

  • Formulario de solicitude: pode descargalo AQUÍ . Tamén está disponible na aplicación fondodelibros  e na sede electrónica.

  • Procedemento:

    • Cubrir solicitude (anexo I e II) en formato papel ou directamente na aplicación fondolibros.

    • Presentar esta solicitude en formato papel no centro ou a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia

PRE-INSCRICIÓN CUALE-INGLÉS 2020-21

Como cada ano, o IES de Melide vai solicitar á Consellería de Educación a impartición do programa CUALE-INGLÉS para o vindeiro curso.

Estás interesad@ en cursalo? Hai 4 modalidades: A1, A2, B1 e B2

Na seguinte presentación atoparedes toda a información, así como no tríptico adxunto, que inclúe a documento de pre-inscrición. 

PRAZO: 20 de maio, incluido. 

LUGAR: secretaría do IES.

 

DÍA DAS LETRAS NO IES DE MELIDE

    

  No ENLG do IES de Melide temos o bo costume (somos así de riquiñ@s) de facer un pequeno agasallo para celebrar o Día das Letras Galegas.

 Este ano, para festexar a poesía de Xela Arias, fixemos estas pequenas caixiñas/xoieiro, que agochan algunha sorpresa: letras fermosas deitadas nun leito de chuches. Estas caixiñas teñen ademáis unha cualidade sorprendente: tanto valen para gardar brincos e aneis, como para gardar o carozo desa primeira ameixa que compartiches co teu amor. Para gardar pensamentos que che quitan o sono (tanto se os queres reservar como desbotalos) tamén serven. Serven ata para gardar esas lembranzas que aparecen, de súpeto, cando en vez de comerte un "Sugus" parece que almorzas madalenas con Proust.

 Dádelle o uso que queirades. Eso fainas aínda máis fermosas.

 Pero lede o poema de Xela.

 Feliz día das Nosas Letras!!

2º de BACH: información FIN DE CURSO!

Achegamos información sobre os procedementos a realizar para a reclamación ás cualificacións, a solicitude do Título de Bacharelato e a Matrícula nas ABAU 2021. 

Asemade, tamén podedes consultar no seguinte enlace o Protocolo ABAU 2021. 

Convocados os Premios Extraordinarios de Bacharelato

Prazo de presentación de solicitudes: 27 Abril- 26 maio de 2021 

Calquera dúbida, podedes solicitar cita no Departamento de Orientación do IES de Melide. 

Máis información aquí. 

Contacto

Teléfono: 881866109

PARA A ATENCIÓN NO CENTRO

SOLICITAR CITA PREVIA 

Correo-e: ies.melide@edu.xunta.es

Escola Oficial de Idiomas

AS NOSAS CREACIONS

CALENDARIO

Radio na Biblio

Distribuir

Distribuir contido