CENTROS RESIDENCIAIS DOCENTES para alumnado de estudos POSTOBLIGATORIOS

Publicada a convocatoria para a solicitude dunha praza nos centros residenciais docentes(CDR) de Coruña, Vigo e Ourense, para estudos postobrigatorios.

O prazo de presentación das solicitudes comeza hoxe día 7 de xuño e remata o 1 de agosto de 2023. 

Para máis información consultar a convocatoria na seguinte ligazón. 

 

CALENDARIO PROBAS EXTRAORDINARIAS 2º BAC

Tedes, a continuación, o calendario das probas extraordinarias de 2º BAC.

Calendario_2ºBAC

PREMIO EXTRAORDINARIO ESO

O 31 de maio, iníciase o período de presentación de solicitudes para participar nos premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico 2022-2023 (código de procedemento ED311D) cuxa orde de convocatoria publicouse no DOG o pasado 14 de abril.

O prazo de presentación de solicitudes é do 31 de maio ata o 30 de xuño.

Máis información  no ARQUIVO ADXUNTO

RESIDENCIAS UNIVERSITARIAS

A Universidade da Coruña e de Santiago de Compostela teñen aberto o prazo para solicitar as residencias universitarias públicas para o alumnado que vai cursar un grao universitario no curso 23-24. 

Para máis información consultar os seguintes ligazóns:

A CORUÑA   Convocatoria 

SANTIAGO   Convocatoria 

Para resolver calquera dúbida ou informarse sobre as residencias en calquera outra cidade, contactar co Departamento de Orientación. 

AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO (NEAE)

Recordamos que o prazo para solicitar as axudas para alumnado NEAE está aberto ata o 20 de setembro de 2023.

Estas axudas están destinadas a: 

- Alumnado que precisa determinados apoios e atencións educativas especiais derivas de discapacidade, de trastornos graves de conduta ou de trastornos da comunicación e da linguaxe asociados a necesidades educativas especiais. 

- Alumnado con TEA que require esas axudas e apoios educativos especiais. 

- Alumnado con necesidades específicas de apoio educativo derivadas de ALTAS CAPACIDADES. 

NOVIDADE DESTE CURSO: ofrécese a posibilidade de recibir un subsidio de cuantía fixa para gastos adicionais de carácter xeral.

Para realizar a solicitude e obter máis información prema aquí.

XX EDICIÓN DO CORREMELIDE 2023

  Este ano, e despois de tres sen poder celebrarse, voltamos a encher as rúas de Melide de deporte e ilusión. O Corremelide 2023, a lendaria carreira pola lingua galega, que este ano celebra a súa vixésima edición, transcorreu sen dificultade, con unha xornada moi propicia para poder desenvolver a carreira sen grandes contratempos. O tempo acompañou e os corredores e corredoras deron o mellor de si mesmos para conseguir moi boas marcas, e o que fundamental, participar na visibilización da importancia da nosa Lingua e tamén da necesidade de manternos en forma, fomentando hábitos de vida saudable. 

 Comezouse coa lectura dos manifestos e a entrega de premios para os gañadores deste concurso, que redactaron uns textos cargados de forza e sentimento cos que lograron emocionar aos presentes, depois douse comezo ás carreiras de Primaria (alevín e benxamín), e tras a entrega de medallas destas categorías, comezaron as carreiras de secundaria.

 Queremos dar as grazas aos nosos colaboradores Ribeirao, Jim Sports e o Concello de Melide, xunto con todos os colexios de primaria da nosa contorna, por facer que este día fora todo un éxito.

 Ao longo desta semana iremos ampliando este artigo con fotos dos medallistas e as clasificacións.

LUDI COMPOSTELANI 2023

 

O alumanado de Cultura Clásica, Grego e Latín do IES de Melide acudiu outra edición máis aos  LUDI COMPOSTELLANI, unha xornada adicada ao mundo clásico que se celebra en Santiago de Compostela, na facultade de Filoloxía e noutros lugares da cidade. Nesta ocasión,  as nosas alumnas e alumnos tiveron un papel moi destacado, pois foron os encargados de traballar e formar nun dos obradoiros que se levaron a cabo neste encontro. Pola tarde realizaron unha visita guiada por ubicacións varias de Santiago, onde se atopan elementos relacionados coa mitoloxía ou co mundo greco-romano. Un día lúdico e formativo que serviu para aprender dun xeito entretido, como dirían os clásicos: Detectare et prodesse.

CLUBE DE GANCHILLO no Ies de Melide

Os recreos inclusivos buscan ofrecer actividades variadas e diferentes para que todo o alumnado poida participar segundo os seus intereses. O clube de ganchillo triunfa nalgúns tempos de lecer entre alumnos, alumnas e profesorado. Aquí deixamos unha mostra!

FINAL DO TORNEO DE XADREZ

O venres rematou o torneo de xadrez no Ies de Melide cunha final moi igualada! Durante dous meses o alumnado participou neste campionato para poñer a proba os seus coñecementos de estratexia. Pronto entregaremos os trofeos aos gañadores! 

PRAZO SOLICITUDES BECAS CURSO 2023-24

No día de hoxe, ábrese o prazo para a solicitude de bolsas de estudo do curso 2023/24. Lembramos que para solicitar as devanditas bolsas os trámites serán todos onlilne.

Poderán ser beneficiarios das distintas contías ao alumnado que no ano académico 23/24 cursen:

  • Bacharelato
  • Cursos de acceso e de preparación para probas de acceso á Formación Profesional e cursos de formación específicos para acceso a ciclos formativos de grao medio e superior, impartidos en centros públicos e privados concertados
  • Formación Profesional de grao medio e de grao superior
  • Ensinanzas artísticas: profesionais e superiores
  • Ensinanzas de idiomas en Escolas Oficiais, incluída a modalidade a distancia
  • Ensinanzas deportivas
  • Estudos relixiosos superiores
  • Formación Profesional de Grao Básico

PRAZOS: 27 de marzo ao 17 de maio de 2023

Para calquera información no seguinte enlace:

https://www.becaseducacion.gob.es/portada.html

AS NOSAS CREACIONS

Radio na Biblio

CALENDARIO

Distribuir

Distribuir contido