Alumnado do IES no Festival de Teatro Clásico

 O alumnado de Cultura Clásica, Grego e Latín do IES de Melide acudiu esta semana ao Festival de Teatro Clásico que se celebrou na Coruña, no Teatro Colón. Aproveitaron a visita para coñecer o Museo arqueolóxico sito no Castelo de San Antón e tamén se achegaron á exposición de fotografía de Meisel. Puideron disfrutar da clásica traxedia Medea, e pola tarde, da comedia Miles gloriosus de Plauto.

 

 

ENTROIDO 2023 NO IES DE MELIDE

 Este ano voltamos a celebrar en vivo e en directo no pavillón do IES o festival do Entroido.
Aquí vai unha pequena mostra do espectáculo, que foi impresionante e coa plena participación de todos os grupos do instituto; un festival no que disfrutamos durante case tres horas coas magníficas actuacións do noso alumnado e tamén do profesorado do centro.

Campionato de xadrez no IES de Melide.

Xa comezou o campionato de xadrez do IES!

Dentro das actividades dos RECREOS INCLUSIVOS, intentamos ofrecer actividades adaptadas a todo tipo de intereses, para que todo o alumnado se sinta partícipe do centro. Con estas iniciativas buscamos a mellora da conviencia e a inclusión de todos e todas nos tempos de lecer. 

"APRENDE A SENTIRTE BEN, BASE DO BENESTAR EMOCIONAL"

2º de Bacharelato é un curso complicado, con moita presión e tensión que repercute no estado emocional do alumnado. Por iso, no Ies de Melide contamos cun apoio externo que nos está axudando a xestionar o noso estado físico e mental.

Os alumnos e as alumnas de 2º de Bacharelato, tiveron a primeira sesión do programa Wellness Experiencia, a través do cal aprenderon a tomar conciencia do seu corpo e das súas sensacións, practicando tamén técnicas e estratexias de relaxación. 

 

 

AXUDAS PARA REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN DE LINGUAS ESTRANXEIRAS

 A Consellería de Educación ten publicada na súa páxina web a convocatoria para axudas á realización de actividades de formación en linguas estranxeiras (inglés en Canadá, inglés no Reino Unido, francés en Francia, portugués en Portugal)

  • Dirixidas a alumnado matriculado matriculado alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, escolarizado nos cursos 2021/22 e/ou 2022/23 en 1º ou 2º de bacharelato.
  • Prazo: un mesde a publicación en DOG da Orde do 18 de xaneiro pola que se convocan estas axudas  (publicado en DOG o 13/02/2023).

Máis información nesta ligazón.  

RECITAL POÉTICO DO CLUB DE POETAS DO IES DE MELIDE

   O Club de Poetas do IES de Melide, encabezado polo alumnado de 4º de ESO, realizou este xoves un recital poético na biblioteca do instituto. Os alumnos e alumnas do Club de Poetas, ataviados con camisas brancas e panos  de cores ao pescozo, ao máis puro estilo bohemio, recitaron e fixeron declamacións dos máis fermosos poemas de amor da literatura, celebrando a Candeloria, que abre o mes do amor e da amizade no IES. Parabéns pola participación e polo bo gusto estético que demostrou o noso alumnado agasallándonos con tantas verbas fermosas.

SIMULACRO EXTINCIÓN INCENDIOS NO TALLER DO CICLO DE CARPINTERÍA

 Hoxe no taller do Ciclo de Carpintería e Moble do IES de Melide levouse a cabo un simulacro de incendios con diferentes materiais inflamables, con todo o realismo, contando coa colaboración do Consorcio de bombeiros da Coruña, e participando nesta formación os bombeiros de Arzúa, aos que agradecemos que explicaran aos nosos alumnos o uso de extintores e todo o relativo á seguridade no taller.

IES DE MELIDE NO CONCURSO ODISEA

 O alumnado de Cultura Clásica de 3º da ESO do IES de Melide, conseguiu colocarse no 5º posto de clasificación do Concurso en liña "Odisea", competindo con alumnado de toda Galicia.

 Parabéns ao grupo "As Calistas" de 3º de ESO por este éxito!

Visita á Universidade de Santiago de Compostela (USC)

O alumnado de 2º de Bach visitou esta semana a USC, dentro do programa A PONTE. Nesta viaxe a Santiago, coñeceron diferentes facultades segundo os seus intereses, podendo elexir entre 17 percorridos diferentes. 

 

                 

NOVO PRAZO VALIDACIÓNS MATERIAS PARA 1º BAC

Acábase de publicar o Real decreto 14/2023 polo que se modifica o decreto que establecía as convalidacións entre as ensinanzas profesionais de música e danta e a educación secundaria obrigatoria e bacharelato.

Conforme ao establecido nas instrucións publicadas pola Consellería de Educación, ábrese un novo prazo ata o 7 de febreiro para solicitar validacións para o alumnado de 1º BAC que cumpra os requisitos recollidos nestas instrucións.

LIGAZÓN ÁS INSTRUCIÓNS VALIDACIÓNS 1º BAC

 

AS NOSAS CREACIONS

Radio na Biblio

CALENDARIO

Distribuir

Distribuir contido