Visita de ACADAR, asociación de mulleres con discapacidad de Galicia.

A asocación de mulleres con discapacidade de Galicia, ACADAR, visitou o noso Ies para falar co alumnado de todos os cursos da ESO sobre a igualdade de xénero, a violencia e a situación das mulleres con discapacidade. 

Desta forma, iniciamos o noso traballo de sensibilización para o 25 N, día Internacional da Eliminación da Violencia de Xénero.  

 

 

O ALUMNADO DO CICLO DE CARPINTERÍA E MOBLE VISITA EMPRESAS DO SECTOR

 Os alumnos do Ciclo de Carpintería e Moble xunto co alumnado de FP Básica e alumnos e alumnas de Economía da empresa de 2º de Bacherelato, visitaron e coñeceron as novidades en materiais e procesos en empresas do sector, onde puideron ver as últimas tecnoloxías aplicadas ao mundo da madeira en Finsa Santiago como ó da carpintería na empresa Carpintería O Pino. 

DÍA DO PEÓN

"Polo San Martiño, peóns ao camiño". Seguindo coa tradición do xogo popular, no IES de Melide celebramos hoxe o Día do Peón con un torneo no recreo. Despois de ler o manifesto a prol deste tradicional xogo, levouse a cabo unha tirada de peóns para ver quen demostraba máis habelencia neste xogo. Con un elevado nivel, premiouse aos catro semifinalistas. 

  Animamos a rapaces e maiores a seguir disfrutando deste xogo tradicional e a ensinar aos máis novos.

O alumnado de TIC do IES de Melide acude aos Encontros de Ciber-seguridade

 O alumnado de TICs de Bacharelato acudiu no día de onte ao Encontro Galego de Ciber-seguridade celebrado na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela. 

 

OUTONO XOVE: actividades de fin de semana en albergues xuvenís, para a mocidade de 14 a 17 anos.

OUTONO XOVE é un programa que busca ofrecer actividades formativas e de lecer para a mocidade galega de entre 14 a 17 anos, durante as fins de semana  nos albergues xuvenís da Xunta de Galicia.

As actividades son variadas, dependendo do programa: manexo de dron, bicicleta de montaña, arte urbana, impresión 3D, orientación, xogos de escape, realidade virtual, xeolocalización, etc. 

O prezo é de 25 euros (desconto por ser familia numerosa) que inclúe a manutención de venres a domingo e o aloxamento. 

O prazo de inscrición está aberto. Non perdas a oportunidade!!

Para máis información preme aquí. 

 

Final do II Torneo de Ping-pong do IES de Melide

 Hoxe tivo lugar a final do II Torneo de tenis de mesa que se celebra no IES de Melide. O gañador desta edición foi Marcos Rivadulla Fociños de 2º de Bacharelato, quedando no segundo posto David Valcárcel Pazos de 4º ESO, nunha final intensa e de gran nivel de xogo. Parabéns aos laureados!

O terceiro e cuarto clasificados foron Adrián Andrade e Ángel Pereiro, que tamén levaron diploma de recoñecemento, acompañando a Marcos Rivadulla e a David Valcárcel.

SAMAÍN 2022 NO IES DE MELIDE

  Hoxe no IES celebramos o SAMAÍN! A primeira hora da mañá pantasmas, defuntos e terroríficas sombras, ataúdes que se abren, berros polos corredores escuros... e moitos sustos! pero tamén disfrutamos do magosto coas castañas quentiñas no recreo, e bailes, música e outras sorpresas durante o lecer. Remataremos coas regueifas entre Halloween e Samaín no recreo do día de Defuntos, xunto coa entrega de premios aos gañadores e accesits do concurso de relatos superterroríficos. 

 

Alumnado de FP Básica e Ciclo formativo de Carpintería e Moble fórmase nas últimas novedades de maquinaria portátil

 O alumnado do Ciclo de carintería e Moble recibiu unha demostración teórico-práctica en maquinaria portátil relacionada co mundo da madeira e as súas múltiples utilidades, así como as últimas novedades neste tipo de material de traballo. O formador, que pertence á casa Bosch, e acudiu ao centro por mediación da empresa local Ferretería Noguerol, explicou tanto os compoñentes como o seu correcto uso e mantemento das máquinas. O alumnado fixo prácticas con todas as máquinas expostas.

Conmemoramos o Día das Bibliotecas

 Hoxe no IES de Melide celebramos o Día das Bibliotecas, a edición deste ano, baixo o lema “BiblioTEcuida”, céntrase en destacar o papel das bibliotecas de diferente tipoloxía como espazos libres e abertos que, a través dos seus diversos servizos e recursos, preocúpanse por atender as necesidades dos seus usuarios. Queremos fomentar o uso da nosa biblio e convidamos a toda a comunidade educativa a disfrutar da nosa biblioteca como lugar de lecer, de traballo e de convivencia. 

O IES CELEBRA O DÍA DAS ESCRITORAS 2022

    Hoxe celebramos no IES de Melide o Día das Escritoras, con un acto na biblioteca Xaquín Yebra que consistiu na lectura de textos de escritoras para visibilizar o papel da muller nas letras con unha fermosa homenaxe e unha exposición temática na entrada do instituto, con unha selección de obras que convidan a disfrutar da lectura.

AS NOSAS CREACIONS

Radio na Biblio

CALENDARIO

Distribuir

Distribuir contido