You are hereGrego

Grego


O IES DE MELIDE SEGUNDO CAMPIÓN DE GALICIA NO CONCURSO ODISEA

Fieles ao Concurso Odisea dende a súa creación, as alumnas e alumnos do IES de Melide non faltaron a convocaoria deste ano.

Nesta ocasión o tema era a Arte nas antigas Grecia e Roma, un tema precioso, pero amplísimo. Adestramos duramente con este material, elaborado polos departamentos de latín e grego e practicamos facendo un montón de preguntas na aula virtual.

Pasamos unha semana moi emocionante e nada menos que catro equipos de Melide conseguiron a puntuación máxima, 73 puntos. O equipo que empregou menos tempo o día do preguntón, o equipo Apeles de 1º B de BAC, pasou ao desempate autonómico.

O pasado mércores 9, o equipo APELES, formado por Belén Agra Parrado, Brais Lugrís e Diego Pintor Barallobre, conseguiu clasificarse como 2º campeón de Galicia, na fase desempate local. Este equipo, que tomou o seu nome do famoso artista grego, pintor persoal de Alexandre Magno, recollerá o seu premio o vindeiro martes 8 de marzo durante o Festival de Teatro de Lugo.

Bravísimo por Belén, Brais e Diego e por todas e todos os participantes. Pasámolo estupendamente e aprendimos un montón, e iso é o mellor premio.

OBSERVACIÓN ESTRELAS

Se queres coñecer a relación entre a astronomía e a mitoloxía clásica, pincha nesta ligazón.

 

O IES de MELIDE NO CONCURSO ODISEA

Unha vez máis o alumnado de latín, grego e cultura clásica acaba de pasar uns días emocionantes co Concurso Odisea. Ademais de adquirir coñecementos sobre a Ciencia e a Tecnoloxía nas antigas Grecia e Roma, o tema deste ano, os participantes aprenderon a buscar información non só en páxinas web, senón tamén en libros, a manexar índices... e sobre todo, a pensare a pensar en equipo.

Os resultados foron bos para o IES de Melide, xa que o equipo MOIRAS, formado por Najwa Daki, Noa Glez Mejuto e Idaira del Pino Rouco de S4C, conseguiu clasificarse para o desempate, que terá lugar o mércores 13 de febreiro en Compostela. Moita forza, campioas, e que Atenea, a deusa da sabedoría vos acompañe nesta vosa odisea!!!

Concurso Odisea

O IES DE MELIDE NOS III LUDI COMPOSTELANI

Alumnado do IES de Melide estivo nos III LUDI COMPOSTELANI, celebrados na Facultade de Filosofía en Santigo de Compostela, nos que se organizaron diferentes actividades relacionadas coa cultura clásica para alumnado de primaria e secundaria e  no que o noso centro participou organizando obradoiros de moda clásica, escritura e danza ademais de representar a Regueifa filosóf@s greg@s vs filosof@s alemáns.

IIILUDICompostelani

O IES DE MELIDE, CAMPIÓN DE GALICIA NO CONCURSO ODISEA

O equipo de 1º BAC B Η ΤΑΝ Η ΕΠΙ ΤΑΣ, formado por Ainhoa García Simón, Yara González Barral e Adrián Iglesias Campos resultou gañador de Galicia no Concurso Odisea, que organiza a sección galega da SEEC (Sociedade de Estudos Clásicos), dirixido ao profesorado e alumnado de cultura clásica, latín e grego.

O noso equipo, campión de Galicia, competirá na fase estatal o próximo xoves 1 de marzo, da que sairá o equipo gañador do Estado Español. Seguir lendo.

Conferencia "FACENDO CIENCIA EN GREGO"

O pasado 12 de xaneiro tivemos a sorte ter no IES de Melide a Teresa Amado, profesora de grego da USC, que impartiu unha conferencia sobre a orixe da ciencia na antiga Grecia e a creación de léxico científico ao alumnado de 4º ESO e ao de grego de BAC.... (preme aquí para seguir lendo).

Facendo Ciencia en Grego

Observación de estrelas, planetas, satélites, .... NOVO HORARIO: 20:30 H !!!!!!

Os departamentos de Grego, Física e Matemáticas e do IES de Melide están a organizar unha sesión de observación de estrelas grazas á colaboración do Observatorio Astronómico Ramón Mª Aller Ulloa da USC, dentro do seu programa TODOCOSMOS.
Esta actividade ofértase a toda a veciñanza que desexe asistir e terá lugar o próximo luns 15 de febreiro ás 20.30. Comezará cunha breve exposición na biblioteca do IES de Melide, para pasar logo a observación do ceo nas inmediacións do instituto. Contaremos coa axuda de astrónomos profesionais e os seus potentes telescopios. O Concello de Melide colaborará facendo un apagón da iluminación pública da zona, para permitir un mellor visionado. No caso de mal tempo, desconvocarase a actividade, quedando reemprazada até novo aviso. Animádevos a participar!!!
Moitas grazas

VIAXE A VALLADOLID E SEGOVIA 2013

Esta é a viaxe que realizaron os membros do club de lectura Papalibros a Valladolid e Segovia no mes maio. En Valladolid asistimos ao TAC (Teatro y Artes de Calle), coñecimos Segovia e visitamos a Villa Romana de la Olmeda

VIAXE A MÉRIDA E ANDALUCÍA 2012

Velaí o vídeo realizado por Jessica Barreiro, de 1º de BAC B, na materia de TICs sobre a viaxe a Mérida e Andalucía, organizada polo departamento de grego do 23 ao 29 de marzo de 2012, na que participaron 42 alumnas e alumnos do IES de Melide.

AS NOSAS CREACIONS

Radio na Biblio

CALENDARIO

Distribuir

Distribuir contido