You are hereOrientación

Orientación


Convocatoria de Axudas para alumnado con Necesidades Específicas de Apoio Educativo (NEAE)

Prazo: ata o 30 de setembro de 2021. 

Solicitude: mediante a sede electrónica do Ministerio de Educación e FP. 

Ampliar información aquí. 

Convocatoria de BECAS para o alumnado que cursa estudos de Bach, FP Básica e Ciclo Medio

Prazo: ata o 30 de setembro de 2021. 

Solicitude: mediante a sede electrónica do Ministerio de Educación e FP. 

Ampliar información aquí. 

ALUMNADO 2º DE BAC. CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA

Achegamos información dirixida ao alumnado de 2º de BAC que acada o título na convocatoria extraordinaria en relación á solicitude do título de bacharelato e á ABAU 2021. 

PREMIOS EXTRAORDINARIOS DA ESO

Requisitos/Condicións:

  • Ter cursado 4º da ESO no curso 2020-2021
  • Ter unha nota media na etapa da ESO igual ou superior a 9, 00 puntos.
  • O alumnado deberá realizar unha proba presencial, o día 9 de setembro de 2021, na provincia a que pertenza o centro educativo en que se atope o seu expediente académico. Para poder aspirar ao premio, deberanse obter, como mínimo, cinco puntos en cada unha das materias obxecto de avaliación.

Prazo: ata o 6 de xullo de 2021. 

Características: 20 premios de 800 euros. 

Para máis información aquí.

2º de BACH: información FIN DE CURSO!

Achegamos información sobre os procedementos a realizar para a reclamación ás cualificacións, a solicitude do Título de Bacharelato e a Matrícula nas ABAU 2021. 

Asemade, tamén podedes consultar no seguinte enlace o Protocolo ABAU 2021. 

Convocados os Premios Extraordinarios de Bacharelato

Prazo de presentación de solicitudes: 27 Abril- 26 maio de 2021 

Calquera dúbida, podedes solicitar cita no Departamento de Orientación do IES de Melide. 

Máis información aquí. 

CHARLA VIDEOXOGOS: NEGOCIO, LECER, ADICCIÓN E CONVIVENCIA

Dende a Federación de ANPAS Compostela chéganos información sobre a seguinte charla sobre videoxogos dirixidas a familias: 

VIDEOXOGOS: NEGOCIO, LECER, ADICCIÓN E CONVIVENCIA

O vindeiro venres 16 de abril de 17.30 h a 18.30 h. desenvolverase en liña esta sesión que imparte Antonio Rial Boubeta, Doutor en Psicoloxía social e Profesor da USC.

As familias interesadas poden inscribirse en http://bit.ly/videoxogos4.

Posteriormente, recibirán por email a ligazón para conectarse. 

Probas de Acceso a CF de Grao Medio e Grao Superior

Convócanse as Probas de Acceso a CF de Grao Medio e Grao Superior.

Requisito de idade:

Probas de acceso a GM: 17 anos ou cumprilos no ano 2021.

Proba de acceso a GS: 19 anos ou cumprilos no ano 2021.

Achegamos un documento coas datas de interese.

Pódese ampliar información solicitando cita previa no Departamento de Orientación do IES de Melide.

RECREOS INCLUSIVOS

  Os recreos do IES de Melide son un punto de encontro para favorecer as relacións interpersoais, o desenvolvemento socio-cultural a través do xogo tradicional e a inclusión de todo o alumnado de 1º de ESO, participando nas diversas actividades propostas para os xoves deste trimestre. Con esta iniciativa, procuramos unha mellor integración e desenvolvemento persoal do noso alumnado. Así celebramos o día do peón, coincidindo coa celebración do Día da Paz, e seguiremos co xogo da comba, o brilé, a mariola ou o pano, mellorando a convivencia diaria e desenvolvendo as nosas habilidades lúdicas.

Nos recreos inclusivos xogamos todos e todas, e aprendemos outras maneiras de diversión, recuperando a tradición e compartindo os momentos de lecer.

REUNIÓN FAMILIAS 3º ESO A

Lembramos que hoxe ás 18:00 h terá lugar a reunión coas familias de 3º ESO A de forma telemática.

Nº reunión:  121 187 8508

contrasinal: proporcionada pola titora a través da plataforma ABALAR MÓBIL.

INSTRUCCIÓNS:

  1. Facer click na ligazón para unirse na páxina de Webex:  https://bit.ly/34VcmCp
  2. Escribir o número de reunión e premer tecla enter.
  3. Se se solicita, escribir o contrasinal que enviou o titor/a, pemer a telca aceptar.
  4. Premer en unirse dende o navegador
  5. Introducir o nome e unha dirección de correo electrónico
  6. Darlle de novo a "unirse a la reunión".

Contacto

Teléfono: 881866109

PARA A ATENCIÓN NO CENTRO

SOLICITAR CITA PREVIA 

Correo-e: ies.melide@edu.xunta.es

Escola Oficial de Idiomas

AS NOSAS CREACIONS

CALENDARIO

Radio na Biblio

Distribuir

Distribuir contido