You are herecontent / PROBAS DE ACCESO A CICLOS MEDIOS E SUPERIORES
PROBAS DE ACCESO A CICLOS MEDIOS E SUPERIORES
Xa está publicada a convocatoria para a realización das probas de acceso a ciclos medios e superiores. Esta proba está destinada a persoas que non teñan o requisito de acceso ( a ESO ou o Bacharelato).
As condicións para presentarse son as seguintes:
- Para acceso a ciclo medio: ter 17 anos ou cumplilos neste ano.
- Para acceso a ciclo superior: ter 19 anos ou cumplilos neste ano.
A proba consiste en diferentes exames que inclúen as materias correspondentes ao nivel educativo.
As datas para a inscrición na proba son as seguintes:
- Para acceso ciclo medio: 26 de febreiro a 8 de marzo.
- Para acceso ciclo superior: 29 xaneiro a 9 febreiro.
As datas de realización dos exames son as seguintes:
- Para acceso ciclo medio: 23 de maio.
- Para acceso a ciclo superior: 18 de abril.
Para máis información pincha aquí ou consulta co departamento de orientación.