You are hereLiving River

Living River


Proxecto sobre os rios como fonte de saber e cultura

EXPOSICIÓN CERTAME FOTOGRÁFICO

Xa para rematar o curso nos corredores do IES fixemos unha exposición coas fotografías que alumnado, persoal docente e non docente enviou durante o mes de abril ó certame fotográfico organizado polo centro. Graciñas a todos os participantes por achegar as vosas imaxes e así poder compatir co resto do centro educativo e os socios do proxecto Erasmus+ os nosos ríos e os seus ecosistemas.

 

ANÁLISE DAS BOLSAS COLOCADAS NO RÍO MARTAGONA

Cada martes do mes de maio, recollemos un set de bolsas do punto no que se situaron no río Martagona para analizar o seu contido. Unha vez no laboratorio de ciencias do IES de Melide o alumnado de 1º de BAC, durante os recreos, abriu as bolsas para limpar as follas e depositalas en bandexas numeradas coa finalidade de determinar a variación da masa de folla de amieiro introducida nelas. O análise desta variación permitirá calcular unha velocidade de descomposición que é indicativa da calidade da auga do río na que foron depositadas.

Á súa vez, tamén se fixo unha inspección dos macroinvertebrados atopados no interior das bolsas, pois estes son bioindicadores que permiten determinar cualitativamente a calidade da auga. Entre eles atopamos tricópteros, efemerópteros, plecópteros, dípteros...e incluso unha planaria. Estes biodindicadores reforzan a conclusión á que se chegou na primeira saída ó río: unha boa calidade da auga do mesmo!

SAÍDA PARA A COLOCACIÓN DAS BOLSAS

Despois de case todo un curso agardando para poder retomar o proxecto, no mes de abril a situación epidemiolóxica mellora e podemos reaunudar por fin as actividades do proxecto Erasmus+ LivingRiver!

O luns 26 de abril xunto con Adega achegámonos á parroquia de Petos e colocamos as mostras no río Martagona, nun punto situado a uns 3 km do IES de Melide.

Admáis de colocar as mostras tamén analizamos varios parámetros fisicoquímicos como pH. temperatura, presenza de bacterias coliformes, osíxeno disolto, fosfatos, nitratos...a maioría destes parámetros foron indicativos de que a calidade destas augas á boa! Polo estado das marxes do río e a vexetación na zona tamén puidemos concluir un bo estado do río. Agardamos que os resultados da investigación de LivingRiver nos permitan reforzar esta conclusión.

CERTAME FOTOGRÁFICO

Se formas parte do IES de Melide (alumnado, profesorado, persoal non docente...) anímate a participar no certame fotográfico "Os ríos que nos unen" para así compartir imaxes dos nosos ríos cós socios do Proxecto Europeo Erasmus+ LivingRiver de Rumanía, Turquía e Portugal.

Fai unha foto dalgún río da túa contorna (formato horizontal, máximo 10 Mb) e adxúntaa no seguinte formulario. Nel deberás engadir un título cretaivo e unha breve descrición tanto en galego como nunha segunda lingua (inglés, francés ou portugués).

 

 

RETOMANDO O PROXECTO LIVING RIVER

Iniciado o curso 2020-2021, alumnado de 1º de Bacharelato do IES de Melide retomou as actividades do proxecto LivingRiver con moita ilusión, aínda que condicionados pola situación epidemiolóxica actual. No mes de outubro durante varios recreos o alumnado participante adicouse a preparar a mostra para poder iniciar a parte científica do proxecto antes de que o caudal dos ríos aumentase. Pero a situcación epidemiolóxica empeorou e as actvidades quedaron paralizadas. Seguimos agardando a que a situación mellore para poder empezar coa investigación!

TRABALLO DURANTE O CONFINAMENTO PARA VISIBILIZAR O PROXECTO

Dado que o confinamento debido ó COVID-19 forzou a cancelación das saídas ó río Martagona que permitirían continuar coa investigación científica ligada ó proxecto LivingRiver, o alumnado de 1º de Bacharelato creou diversos materiais que permitisen visibilizar o proxecto e o seu traballo, así como contribuir con un dos obxectivos de LivingRiver: concienciar á comunidade da importancia dos ríos.

Teresa Ron elaborou un cartaz resumindo as etapas do método científco levado a cabo na parte bioquímica do proxecto.

 

 

Lara Méndez creou unha presentación en prezi con ilustracións elaboradas por ela mesma na que se pon de manifesto a importancia dos ríos concretando nos ríos da contorna. Ademáis nun vídeo sintetizou en qué consiste o proxecto LivingRiver e o traballo levado a cabo dende o IES.

  

Marta Mosquera elaborou un cartaz con ilustracións dos ríos da contorna no que se inclúen noticias de prensa que versan sobre os mesmos así como as iniciativas actuais que promoven o coidado dos nosos ríos, como é o caso de LivingRiver.

 

Carla Blanco empregou genial.ly para elaborar unha presentación sobre o proxecto LivingRiver e os ríos da contorma, en concreto o río Martagona onde se levou a cabo a nosa investigación.

 

Antía Berredo estivo preto do río Ulla durante o confinamento así que decidiu amosar a riqueza bioquímica do mesmo e achegar parte da súa historia a través de diferentes noticias de prensa ó longo dos anos. Para isto elaborou unha presentación empregando a plataforma genial.ly. 

LIVING RIVER: PRIMEIRA SAÍDA Ó RÍO

Despois de moito tempo agardando que as condicións climatolóxicas mellorasen...o luns 9 de marzo o tempo estivo da nosa parte e puidemos facer a primeira saída ó río! Alumnado e profesorado de 1º de BAC das materias de Bioloxía e Xeoloxía e Física e Química, levamos as bolsas (con aproximadamente 1.5g de folla de amieiro no seu interior) xa preparadas e colocándolas nunha parte do río Martagona próxima ó instituto. Tras seleccionar certos puntos nesa zona do río que levasen menos corrente, colocamos nas árbores máis próximas a ditos puntos, cartaces informativos sobre o proxecto: quen está implicado, cal é o obxetivo, información sobre o coñecemento do proxecto e autorización de Augas de Galiza...

Paralelamente á colocación dos cartaces introducimos os 4 grupos de 4 bolsas no río. Cada un destes grupos de bolsas deberíase recoller cada 7 días para sacar as follas, secalas e finalmente determinar a variación de masa de folla para logo calcular a súa velocidade de descomposición. Esta velocidade de descomposición permite coñecer, en base a datos tabulados, a calidade da auga do río no que se fai a investigación.

 

Colocadas as bolsas, determinamos parámetros físicoquímicos e bioquímicos da auga do río Martagona como: pH, temperatura, osíxeno disolto, turbidez e presencia de bacterias coliformes. A análise dos mesmos parece amosar que estas augas teñen boa calidade!

 

 

LIVINGRIVER: PREPARACIÓN DE MOSTRA

Despois dun primeiro trimestre agardando para a chegada do bo tempo para poder empezar a investigación científica do proxecto LivingRiver, púxose en marcha o a preparación das mostras para poder levar ó río Martagona. Durante o recreo do luns 3 de febreiro, pesamos follas de amieiro e tras humedecelas, introducíronse nos sacos preparados anteriormente e etiquetados convenientemente. 

CONMEMORACIÓN DÍA DA PAZ

No IES de Melide quixemos conmemorar o día da paz traballando a comunicación non violenta e o traballo en equipo. Para isto, o alumnado de 1º de ESO levou a cabo dinámicas dirixidas polo profesorado de educación física nas que se puxera en práctica os anteriores obxectivos.

Unha vez rematada a dinámica e analizada a finalidade da actividade, o alumnado dirixiuse ós corredores do primeiro andar a colocar unha palabra pola paz no "río que nos une" elaborado tendo en conta a lema da bilblioteca desete ano.

Contacto

Teléfono: 881866109

PARA A ATENCIÓN NO CENTRO

SOLICITAR CITA PREVIA 

Correo-e: ies.melide@edu.xunta.es

Escola Oficial de Idiomas

AS NOSAS CREACIONS

CALENDARIO

Radio na Biblio

Distribuir

Distribuir contido