You are herecontent / LIVING RIVER: PRIMEIRA SAÍDA Ó RÍO

LIVING RIVER: PRIMEIRA SAÍDA Ó RÍO


Despois de moito tempo agardando que as condicións climatolóxicas mellorasen...o luns 9 de marzo o tempo estivo da nosa parte e puidemos facer a primeira saída ó río! Alumnado e profesorado de 1º de BAC das materias de Bioloxía e Xeoloxía e Física e Química, levamos as bolsas (con aproximadamente 1.5g de folla de amieiro no seu interior) xa preparadas e colocándolas nunha parte do río Martagona próxima ó instituto. Tras seleccionar certos puntos nesa zona do río que levasen menos corrente, colocamos nas árbores máis próximas a ditos puntos, cartaces informativos sobre o proxecto: quen está implicado, cal é o obxetivo, información sobre o coñecemento do proxecto e autorización de Augas de Galiza...

Paralelamente á colocación dos cartaces introducimos os 4 grupos de 4 bolsas no río. Cada un destes grupos de bolsas deberíase recoller cada 7 días para sacar as follas, secalas e finalmente determinar a variación de masa de folla para logo calcular a súa velocidade de descomposición. Esta velocidade de descomposición permite coñecer, en base a datos tabulados, a calidade da auga do río no que se fai a investigación.

 

Colocadas as bolsas, determinamos parámetros físicoquímicos e bioquímicos da auga do río Martagona como: pH, temperatura, osíxeno disolto, turbidez e presencia de bacterias coliformes. A análise dos mesmos parece amosar que estas augas teñen boa calidade!

 

 

AS NOSAS CREACIONS

Radio na Biblio

CALENDARIO

Distribuir

Distribuir contido