You are hereLingua Inglesa

Lingua Inglesa


CUALE 21-22: comezo das clases

As clases comezarán a vindeira semana, última de setembro, distribuidas do seguinte xeito:L


 NIVEL

DÍA

A1

Mércores 29

A2

Martes 28

B1

Mércores 29

B2

Xoves 30


 Horario de clase para todos os niveis: de 16:20 a 19:10.

 

LISTAXES MATRÍCULA CUALE - PRAZO EXTRAORDINARIO

ESTÁN PUBLICADAS AS LISTAXES DE MATRICULADOS NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS DE SECRETARÍA.

Rematado o prazo de matrícula, hai 8 prazas sen cubrir:

CUALE A1: 1 vacante

CUALE A2: 6 vacantes

CUALE B1: 1 vacante

Abrese un prazo extraordinario o xoves 16 de setembro ata as 14:00 horas, só para alumnado pre-inscrito en xuño.

Soliciten o impreso de matrícula na secretaría do IES ou descarguen o documento adxunto, e entrégueno cuberto na secretaría.

Nos vindeiros días publicaranse as datas de inicio das clases.

MATRÍCULA CUALE CURSO 2021-22

Ábrese o prazo de matrícula para cursar o programa CUALE-Inglés.

PRAZO: do 6 ao 10 de setembroámbolos dous incluidos.

CÓMO FACELO: 2 opcións

  • Presencial, entregando a solicitude na secretaría do IES. Pódese descargar o documento de solicitude anexo ou pedilo na propia secretaría.

  • Online, enviando a solicitude por correo electrónico

 INSTRUCCIÓNS para o envío por correo electrónico:

  1. Descarga o arquivo PDF  "CUALE - Solicitude matrícula" que atoparás adxunto debaixo deste aviso.

  2. O arquivo é AUTOEDITABLE: enche a información requerida e garda os cambios premendo en ARCHIVO > GUARDAR. Pedirache unha carpeta donde gardalo.

  3. Envía un correo electrónico a melideinenglish@gmail.com  adxuntando o arquivo PDF cuberto e escribindo no asunto: MATRÍCULA CUALE ...... (indica o nivel no que te matriculas: A1, A2, B1 ou B2).

 

Adxudicaranse 20 prazas en cada nivel, atendendo a 2 criterios:

  1. Farase por estrita orde de chegada. 

  2. Ten preferencia o alumnado pre-inscrito en xuño. O resto do alumnado obterá praza a continuación (se houber) ata completar as 20 vacantes do seu nivel. Cando haxa máis solicitudes que prazas, abrirase unha listaxe de agarda.

Rematado o prazo de matrícula, publicarase a listaxe de admitidos, o horario de cada grupo e as datas de comezo das clases.

PRE-INSCRICIÓN CUALE-INGLÉS 2021-22

Como cada ano, o IES de Melide vai solicitar á Consellería de Educación a impartición do programa CUALE-INGLÉS para o vindeiro curso.

Estás interesad@ en cursalo? Hai 4 modalidades: A1, A2, B1 e B2

Na seguinte presentación atoparedes toda a información, así como no tríptico adxunto, que inclúe a documento de pre-inscrición. 

PRAZO: 20 de maio, incluido. 

LUGAR: secretaría do IES.

 

CUALE: Comezo das clases

 O alumnado que solicitou matrícula no programa CUALE en calquera das súas modalidades xa foi notificado por correo electrónico se ten praza concedida ou se está en lista de espera. En caso de non ter recibido notificación, foi por non ter entregada a solicitude en prazo ou sen datos (solicitude en branco).

COMEZO DAS CLASES:

  • CUALE A1: martes 29, 16:20 h.
  • CUALE A2: mércores 30, 16:20 h.
  • CUALE B1: xoves 1, 16:20 h
  • CUALE B2: luns 28, 18:20 h.

Todos os niveis impartiranse na AULA 109 (planta baixa).

MATRÍCULA CUALE CURSO 2020-21

Ábrese o prazo de matrícula para cursar os niveis A1 - A2 - B1 e B2 do programa CUALE-Inglés.

PRAZO: do 8 ao 15 do mes de setembroámbolos dous incluidos.

ler máis 

MATRÍCULA CUALE-INGLÉS 2020-21

Ábrese o prazo de matrícula para cursar os niveis A1 - A2 - B1 e B2 do programa CUALE-Inglés.

PRAZO: do 8 ao 15 do mes de setembro, ámbolos dous incluidos.

INSTRUCCIÓNS:

1. Descarga o arquivo PDF  "CUALE - Solicitude matrícula" que atoparás adxunto debaixo deste aviso.

2. O arquivo é AUTOEDITABLE: enche a información requerida e garda os cambios premendo en ARCHIVO > GUARDAR. Pedirache unha carpeta donde gardalo.

3. Envía un correo electrónico a melideinenglish@gmail.com  adxuntando o arquivo PDF cuberto e escribindo no asunto: MATRÍCULA CUALE ...... (o nivel no que te matriculas).

  • Se precisas revisar a información sobre o CUALE, podes facelo aquí.
  • Rematado o prazo de matrícula, publicarase a listaxe de admitidos, o horario de cada grupo e as datas de comezo das clases.

PROGRAMA CUALE-INGLÉS 20/21

Nesta presentación atoparedes toda a información da que dispoñemos ata o momento sobre o Programa CUALE - INGLÉS para o vindeiro curso.

Unha vez lida, @s interesad@s que queiran preinscribirse deberán cubrir o PDF autoeditable que se xunta, gardar os cambios e envialo á seguinte dirección de email: melideinenglish@gmail.com

 

MATERIAL INGLÉS ALUMNADO AMELIA 1º ESO (SEMANA 16 DE MARZO)

Consultade os seguintes enlaces para ver o traballo da materia de Inglés para o alumnado de 1º de ESO da profesora Amelia Andrés Casal. En cada documento indícase o traballo para as seguintes semanas:

ENGLISH WEEK

Dende o 3 ata o 9 de novembro, 25 alumn@s do noso centro estarán no Centro de Inmersión Lingüística Os Peares, dentro do programa ENGLISH WEEK  organizado polo servizo de Linguas Estranxeiras da Consellería de Educación.

A finalidade do programa é promover a convivencia entre o alumnado e a motivación pola comunicación en lingua inglesa, proporcionando ao alumnado destrezas de comprensión e expresión oral a través de actividades non só académicas senón tamén de carácter cultural, de tempo libre e obradoiros, incidindo ademáis na educación en valores democráticos e nos aspectos relacionados coa sustentabilidade e coñecemento da contorna.

 

Contacto

Teléfono: 881866109

PARA A ATENCIÓN NO CENTRO

SOLICITAR CITA PREVIA 

Correo-e: ies.melide@edu.xunta.es

Escola Oficial de Idiomas

AS NOSAS CREACIONS

CALENDARIO

Radio na Biblio

Distribuir

Distribuir contido