You are hereOrientación

Orientación


Remata o I Campionato de Ping Pong do Ies de Melide

Despois de máis dun mes de campionato, onde alumnos, alumnas e profesorado demostraron o seu dominio das raquetas, damos por finalizado o Torneo. 

Foron moitos recreos de emocións e competición onde aprendemos a compartir e a xogar con deportividade.

Parabéns os gañadores!! Vémonos no seguinte!

                           

                                                 Público animando aos finalistas            

 

                            

      Caimpión e subcampión cos trofeos                                     Cuarto e terceiro posto

Aberto o prazo de inscrición para as PROBAS DE ACCESO a grado medio

Dende o luns 3 ata o mércores 16 de marzo estará aberto o prazo para presentar a solicitude de inscrición para realizar as probas de acceso aos ciclos medios. 

A soclicitude realízase a través da aplicación "ciclosprobas" e pódese entregar por vía telemática a través da sede electrónica da Xunta cun sistema de usuario ou chave 365, ou tamén de forma presencial na secretaría dun centro que imparta FP neste curso 21-22.

Se tedes dúbidas pasade polo departamento de orientación!

BOLSAS para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras

O luns 28 remata o prazo para presentar as solicitudes para as bolsas de formación en linguas estranxeiras a través dunha estancia nun país estranxeiro durante o verán. 

 DESTINATARIAS/OS: alumnado de 1º e 2º de bacharelato

REQUISITOS: 

  - Ter unha cualificación de 6 na materia de lingua estranxeira do curso 20-21

  - Ter todas as materias aprobadas do curso 20-21

A bolsa terá en conta a renta familiar e a cualificación media do curso 20-21

REALIZACIÓN: dende a última semana de xuño ata agosto para 1º de bacharelato, e durante o mes de agosto para o alumnado de 2º de bacharelato.

SOLICITUDE:

  - Na seguinte ligazón.

  - A presentación das solicitudes xeradas poderase realizar a través da sede electrónica da Xunta de     Galicia coa identificación Chave 365, ou presencialmente nos rexistros establecidos no       procedemento administrativo común. 

INCLÚE:

  - Gastos da viaxe

  - Manutención e aloxamento

  - Gastos de docencia e material escolar

  - Seguro de accidentes e de responsabilidade civil

Para ter máis información pulsa aquí

                                      NON PERDAS ESTA OPORTUNIDADE!!

Continuamos cos obradoiros de SAÚDE EMOCIONAL

Seguimos cos obradoiros de SAÚDE EMOCIONAL en 1º e 2º de ESO! Nestes cursos traballamos sobre o bullying e as súas consecuencias emocionais así como do feminismo e da diversidade sexual.

Nesta ocasión, tocoulles ao alumnado de 3º e 4º de ESO falar e coñecer máis sobre a SAÚDE EMOCIONAL NAS ADICCIÓNS. 

 

                                             Alumnado de 3º de ESO falando sobre as adiccións

 

COMEZA O TORNEO DE PING PONG NO IES DE MELIDE

 Hoxe comeza o torneo de Ping-Pong do IES de Melide, con case un centenar de participantes de todas as idades e que ten como obxectivo a promoción da actividade física, os hábitos de vida saudables e que completan a oferta de actividades dos Recreos inclusivos, que favorecen a interrelación e integración de todo o alumnado. 

 Os gañadores do campionato recibirán un xogo de pas de ping-pong e un trofeo conmemorativo.

TORNEO DE PING PONG NO IES DE MELIDE

Os nosos alumnos de Fp Básica e alumnas de 1º de ESO colaboraron na elaboración do cadro do torneo que comezará a semana que ven nos recreos. Somos 128 participantes, con alumnado de todos os cursos da ESO, de bacharelato, de Fp básica, do Ciclo Medio de Madeira, e profesorado.                                                   

        

AXUDAS ACTIVIDADES FORMATIVAS EN LINGUAS ESTRANXEIRAS

Está aberto o prazo para solicitar axudas para a realizacón de actividades de formación en Linguas Estranxeiras.

  • Dirixidas ao alumnado matriculado en bacharelato
  • Prazo de solicitude do 1 de febreiro ata o 28 de febreiro (incluído)

Máis información AQUÍ   

Obradoiro "Redes Sociais: vivimos a vida para mostrala ou para desfrutala"

O alumnado de 1º de ESO do Ies de Melide intenta mellorar as súas competencias no bo uso das redes sociais. Nesta ocasión, aprenderon de Virginia Castro, educadora familiar, que colaborou co IES para axudar na formación do noso alumnado. 

                                                         

                                   

                                    Alumnas e alumnos falando sobre o uso das redes sociais

 

Programa piloto de orientación académico profesional.

No Ies de Melide promovemos a innovación educativa, e dende o Departamento de Orientación queremos colaborar cun programa piloto de orientación académico profesional a través de medios dixitais. É un programa promovido pola Servizo de Inclusión, Orientación e Convivencia da Consellería de Educación. 

A través da realización de diferentes probas e tests de personalidade realizados a través dun ordenador ou dun dispositivo móbil, a aplicación informática elaborará un informe cun perfil de personalidade do alumnado participante, así como orientacións académicas e profesionais específicas e adaptadas as súas características. 

Nesta ocasión, será o alumnado de 4º da ESO o que participará neste programa innovador. 

                                 

                             Alumnado de 4º de ESO realizando a primeira parte da proba 

 

NOVA EDICIÓN ESCOLA DE NAIS E PAIS O LUNS 7 DE FEBREIRO

 Queremos convidar ás familias do alumnado do IES de Melide á próxima charla-obradoiro da Escola de Nais e Pais que terá lugar o luns 7 de febreiro ás 18:10 na biblioteca do instituto.

  Nesta ocasión trataremos o tema "Previr dificultades de aprendizaxe e desmotivación. Cómo guiar no estudo sen sobreprotexer" con Virginia Castro Crespo.

  Consideramos interesante abordar esta temática pois neste momento do curso escolar, moitos alumnos e alumnas síntense sobrepasados e desmotivados cara os estudos, comó acompañar e apoiar aos nosos fillos e fillas sen sobreprotexer, cómo identificar e previr as dificultades de aprendizaxe? Nesta sesión, intentaremos dar respostas a estas cuestións e outras que xordan.

 Enviaremos un tríptico informativo para que confirmen a asistencia. Tamén poderán facelo chamando ao IES.

               

AS NOSAS CREACIONS

Radio na Biblio

CALENDARIO

Distribuir

Distribuir contido