COMEZA MAÑÁ NO IES DE MELIDE A CAMPAÑA SOLIDARIA "OPERACIÓN KILO"

  Esta semana e ata o día 20 de decembro no IES de Melide comezamos a 'Operación KILO', que se trata da recollida solidaria de alimentos non perecedeiros para axudar a persoas desfavorecidas, en colaboración con Cáritas. Podedes traer arroz, pasta, conservas, legumes en conserva, etc. Grazas a todas e a todos por colaborar con esta iniciativa.

EXCURSIÓN AO MUSEO MASSÓ EN BUEU

  O alumnado de 3º de ESO realizou unha saída a Bueu para coñecer mellor a xeografía costeiro-marítima galega e visitar o Museo Massó, onde o noso alumnado recibiu unhas charlas para ilustrar a historia da industria conserveira nas proximidades do porto de Bueu, revisando as testemuñas da industria baleeira e da conserva no panorama galego.

Celebrando o 500 aniversario da 1ª volta ao mundo no IES

    Este ano celébrase o 500 aniversario da primeira volta ao mundo de Juan Sebastián Elcano e o alumnado de Xeografía e Historia de 3º de ESO recreou este momento histórico con unha exposición e un acto conmemorativo. O alumnado do ciclo de Carpintería e Moble do IES de Melide elaborou unha reproducción da nao Victoria e colaborou activamente na montaxe da exposición, que está situada na entrada do IES, con obxectos representativos da época.

EXCURSIÓN AO PORTO

 O alumnado de 2º de Bacharelato de Lingua portuguesa viaxou durante esta ponte á cidade do Porto, visitando os enclaves máis representativos do lugar, como Gaia, Boavista, Bom Sucesso, Santa Catarina, e ata aproveitaron para ver a zona comercial e desfrutar do ambiente de Nadal.

XORNADAS DE MELICIENCIA SOBRE ECONOMÍA CIRCULAR NO IES

 

  O Club de Ciencia do IES de Melide inaugurou Meliciencia, coas charlas de divulgación ciencitífica centradas na economía circular e na ecoloxía, contando coa presenza do biólogo Antonio Castro, especialista en ecoloxía e fauna salvaxe, pertencente á asociación Chelonia, que realiza estudos científicos e centra a súa actividade na conservación de especies e ecosistemas ameazados, así como a execución de proxectos de cooperación internacional,  á preservación da biodiversidade e á desaceleración do cambio climático e economía circular. Foi entrevistado polo noso equipo de prensa do IES de Melide, formado por alumnado de 4º de ESO. As charlas estiveron dirixidas a alumnado de 3º de ESO e de 1º de Bacharelato.

Campaña de sensibilización sobre CIBERSEGURIDADE e CONSUMO DE SUSTANCIAS

O Ies de Melide participa no Plan Director, a través do cal a garda civil leva a cabo un programa de sensibilización nos centros educativos. 

Nesta ocasión, 1º e 2º da ESO tiveron unha charla sobre RISCOS DE SEGURIDADE NAS NOVAS TECNOLOXÍAS E REDES SOCIAIS e o alumnado de 3º e 4º da ESO e 2º de FPbásica, sobre os riscos do CONSUMO DE DROGAS E ALCOHOL. 

 

         

NOVA EDICION DA ESCOLA DE NAIS E PAIS NO IES DE MELIDE ENAPAS 22-23

   Onte deu comezo a nova edición da Escola de Nais e Pais do IES de Melide, con unha sesión adicada á motivación e ás dificultades de aprendizaxe, como guiar no estudo sen sobreprotexer. Nesta charla-obradoiro organizada polo IES, contamos coa presenza de Virginia Castro Crespo  e Sara Lagunas, de Aloumiño Coaching familiar que realizaron distintas dinámicas coas nais e pais presentes para tratar de responder a estas cuestións que preocupan ás familias, e que a escola debe ter en conta para favorecer a aprendizaxe do nosos alumnos e alumnas.

ESTREA DO AUDIOVISUAL "AVANZA" CO ALUMNADO DE 2º BAC

 O alumnado de Filosofía do Dereito de 2º de BAC, xunto con persoal do propio IES, protagonizou o video "Avanza" para conmemorar a data do 25 de novembro; este audiovisual, realizado en colaboración co Concello e outras entidades, quere visibilizar o rexeitamento á violencia contra a muller e concienciar á sociedade.

A estrea do audivisual podedes vela nesta ligazón:  https://youtu.be/KkRTrSvx9Yk

Festaza da Filosofía no IES

Que pasou? Que se celebra? Que foi?

Foi que seguimos a namorar ca Filosfía, que nos senta moi ben darlle dúas voltas a todo, que seguimos fuxindo da estupidez, que nos gusta estorbar elegantemente: pensando... Feliz día da Filosofía!!

FilosofíasSi

Visita de ACADAR, asociación de mulleres con discapacidad de Galicia.

A asocación de mulleres con discapacidade de Galicia, ACADAR, visitou o noso Ies para falar co alumnado de todos os cursos da ESO sobre a igualdade de xénero, a violencia e a situación das mulleres con discapacidade. 

Desta forma, iniciamos o noso traballo de sensibilización para o 25 N, día Internacional da Eliminación da Violencia de Xénero.  

 

 

AS NOSAS CREACIONS

Radio na Biblio

CALENDARIO

Distribuir

Distribuir contido