ACREDITACIÓN DE COMPETENCIAS DIXITAIS

O próximo día 08 de abril de 2024, ás 12:35 h, terá lugar a proba voluntaria de Acreditación de Competencia Dixital para alumnado de 2º de Bacharelato.

 

O alumnado que titule en 4º ESO recibirá automáticamente unha certificación de Competencia Dixital COMDIX nivel Iniciación.

 

O alumnado que titule en 2º BAC recibirá automáticamente unha certificación de Competencia Dixital parcial COMDIX nivel Intermedio.

Para completar esta certificación, o alumnado de 2º BAC poderá presentarse a unha proba voluntaria complementaria.

 

Premendo no seguinte enlace poderás acceder a unha demo da proba voluntaria para que te fagas unha idea de en que consiste.

BOLSAS DE ESTUDO MEC

Axudas para o curso 2023/24

Xa saíu publicado o listado de adxudicados. Podedes consultar máis información no seguinte enlace.

Axudas para o curso 2024/25

Aberto o prazo para a solicitude de bolsas de estudo do MEC (Ministerio de Educación e cCencia) para o curso 2024-25. 

Podes solicitar a bolsa de estudos ainda que non saibas o que vas estudar o ano que ven.

Desde o 19 de marzo ata o 10 de maio ás 15h

Toda a información no seguinte enlace.

 

AXUDAS PARA ACTIVIDADS DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS (AXUDASLE)

A Xunta acaba de publicar a convocatoria das axudas para a formación en linguas estranxeiras para este verán 2024. Estas estadías terán unha duración de 3 semanas en diferentes países como Canadá, Reino Unido, Francia ou Portugal. 

Na axuda está incluído o seguinte: 

- As actividades, o monitorado acompañante, os gastos de docencia e material escolar, as actividades culturais e deportivas realizadas durante o periodo da formación, os gastos de mantemento e aloxamento e o seguro de accidentes e de responsabilidade civil. 

As persoas destinatarias son os alumnos e alumnas de 1º e 2º de bacharelato que cumpran os seguintes requisitos:

- Ter aprobado todas as materias do curso 22-23 e ter unha nota de mínimo 6 na materia de lingua estranxeira que queren perfeccionar. 

Para obter máis información ou facer a solicitude consulta esta ligazón ou consulta co departamento de orientación. 

 

ESCOLA DE NAIS E PAIS: Educación emocional e sexual na familia

O próximo luns 29 de xaneiro, de 16h a 17:30 na bliblioteca do IES de Medlie, segunda reunión de ENAPAS, vencella ao programa Quérote+

Se tés interese en como crear espazos seguros para poder falar de dúbidas e preocupacións sobre a crianza e a sexualidade, como traballar a educación emocional e sexual ou coñecer ferramentas para a xestión diaria deste tipo de situacións, podes pasarte para falar con nós.

Estades convidados/as. Podedes confirmar a vosa asistencia facéndonos chegar a parte recortable do tríptico informativo ou escribindo ao correo ies.melide@edu.xunta.gal

 

 

 

PRESUME DE GALEGO

O festival de rock en Galego EU PRESUMO DE GALEGO, chega á súa oitava edición este venres 16.

12:35 faladoiro con Fernando Casal (Pub Gatos) Carlota Casal (membro do ENL e exalumna do centro), Aida López (vocalista de Cuarta Xusta) Iván e Mateo (membros de K7) moderado por Paco Veiga.

Xantar con artistas, convidados, organización alumnado e profesorado.

17:30 pasarrúas con Herbagrileira

18:00 Concerto AMOEBO e VERDINI

Podes conseguir a túa camisola e chapa festivaleira nos corredores do IES durante os recreos.

 

ESCOLA DE NAIS E PAIS (ENAPAS): Como educar na intelixencia emocional

O próximo martes 23 de xaneiro, ás 18.00 na bliblioteca do IES de Medlie, primeira reunión de ENAPAS.

Virginia Castro, terapeuta familiar especializada en transtornos de conduta infantís e xuvenís falará de como xestionar a frustración, poñer límites, educar en tolerancia, comunicarnos con respecto e resolución de conflitos, entre outras cousas.

Estades convidados/as. Podedes confirmar a vosa asistencia facéndonos chegar a parte recortable do tríptico informativo ou escribindo ao correo ies.melide@edu.xunta.gal

 

 

 

PROBAS DE ACCESO A CICLOS MEDIOS E SUPERIORES

Xa está publicada a convocatoria para a realización das probas de acceso a ciclos medios e superiores. Esta proba está destinada a persoas que non teñan o requisito de acceso ( a ESO ou o Bacharelato). 

As condicións para presentarse son as seguintes:

- Para acceso a ciclo medio: ter 17 anos ou cumplilos neste ano.

- Para acceso a ciclo superior: ter 19 anos ou cumplilos neste ano. 

A proba consiste en diferentes exames que inclúen as materias correspondentes ao nivel educativo. 

As datas para a inscrición na proba son as seguintes:

- Para acceso ciclo medio: 26 de febreiro a 8 de marzo.

- Para acceso ciclo superior: 29 xaneiro a 9 febreiro.

As datas de realización dos exames son as seguintes:

- Para acceso ciclo medio: 23 de maio.

- Para acceso a ciclo superior: 18 de abril.

 Para máis información pincha aquí ou consulta co departamento de orientación.

 

 

O GaliciaSkills 2023 xa acabou, pero o bo facer non

        

Cúmprese unha semana de participar no GaliciaSkills 2023. A dedicación que lles fixo traer unha medalla de ouro coa oportunidade de participar na competición nacional sigue funcionando. Marcos e Iago seguen demostrando toda esa capacidade e as súas habilidades nas tarefas diarias. Parabéns!

AS NOSAS CREACIONS

Radio na Biblio

CALENDARIO

Distribuir

Distribuir contido