Xunta de Galicia - Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
NOVAS | BOLSA DE EMPREGO | ACTIVACIÓN ABALAR | ||
Probas libres 2023-2024 https://www.edu.xunta.gal/fp/probas-libres-convocatoria-actual
|
Lémbrase que o luns 20 de maio é lectivo. |
|
Acceso á bolsa de emprego do Centro Integrado de FP Leixa |
Todo o estudantado debe activarse na aplicación Abalar ou en AbalarMóbil |
SECRETARÍA VIRTUAL | ||||
ACCESOS RÁPIDOS | ||||
SERVIZOS VIRTUAIS | XESTIÓN EDUCATIVA | |||
LIGAZÓNS DE CENTRO | ||||
INFORMACIÓN E DOCUMENTACIÓN | WEBS CIFP LEIXA | |||
LIGAZÓNS EXTERNAS | ||||
SERVIZOS EDUCATIVOS | ||||
Novas da Consellería de Educación - RSS
- Román Rodríguez anuncia que as oposicións do ensino se desenvolverán en 15 localidades de toda Galicia a partir do 22 de xuño
- O 91% do alumnado de Bacharelato que se presenta ás probas de competencias dixitais logra aprobalas
- Román Rodríguez destaca a gran variedade da oferta de FP na I Feira de Educación, Formación e Emprego
- A Xunta e a Facultade de Ciencias da Educación da USC colaborarán na musealización dos seus fondos a través do MUPEGA
- Selección de centros e alumnado matriculado en centros públicos de ensino non universitario da Comunidade Autónoma de Galicia para participar no programa EduMob de intercambio individual de alumnado
Novas de FP - RSS
- Probas libres para a obtención de títulos FP (LOE e LOXSE). Curso 2023-2024
- Ampliación do prazo de presentación de solicitudes de Atrévete a ter unha idea
- Probas libres para a obtención de títulos FP (LOE e LOXSE). Listaxe de 1ª adxudicación. Curso 2023-2024
- Probas libres para a obtención de títulos FP (LOE e LOXSE). Curso 2023-2024
- Resolución provisional de concesión de premios a proxectos de innovación na Formación Profesional
blogue dedireccion
Formación Profesional Dual. Listaxes provisionais de solicitudes. Curso 2019-2020
Formación Profesional Dual. Listaxes provisionais de solicitudes. Curso 2019-2020 -
Publicadas as listaxes provisionais de solicitudes de admisión aos proxectos de formación profesional dual para o curso 2019-2020.
- Listaxe provisional de solicitudes de Formación Profesional Dual de grao medio
- Listaxe provisional de solicitudes de Formación Profesional Dual de grao superior
Os módulos sinalados cun asterisco (*) na listaxe corresponden con módulos xa superados ou validados do ciclo solicitado.
Contra estas listaxes poderase presentar reclamación o 4 e 5 de xullo no centro de inscrición.
Probas libres para a obtención de títulos FP (LOE). Curso 2017-2018
Probas libres para a obtención de títulos FP (LOE). Curso 2017-2018 -
As probas libres teñen por finalidade permitir ás persoas participantes obteren directamente algún dos títulos de técnico ou de técnico superior de formación profesional, sempre que demostren ter alcanzados os obxectivos establecidos na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, para a formación profesional, así como os fixados no currículo respectivo.
Relación de ciclos e prazas obxecto desta convocatoria
Requisitos das persoas solicitantes
Cumprir os requisitos de acceso establecidos na Lei orgánica 8/2013, de 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa, que modifica a Lei orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación (basicamente para ciclos medios, título de formación profesional básica, de ESO ou proba de acceso; para ciclos superiores, ter título de técnico de formación profesional, título de bacharelato da LOE ou da LOXSE, ou proba de acceso), e ademais:
– Ter 18 anos, para optar aos títulos de técnico
– Ter 20 anos, para optar aos títulos de técnico superior, ou 19 anos no caso de posuír xa o título de técnico
Malia o anterior, coa finalidade de facilitar a formación permanente, a integración social e a inclusión de persoas e de grupos desfavorecidos no mercado de traballo, se houber vacantes logo de resolto o proceso de admisión, poderán acceder á realización das probas dos módulos profesionais asociados a unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais as persoas adultas que, sen cumpriren as condicións de acceso, teñan acreditada:
– Experiencia laboral equivalente ao traballo a tempo completo de dous anos nunha actividade laboral directamente relacionada co sector profesional do ciclo formativo correspondente.
Con carácter xeral, non estar matriculado/a en ciclos formativos de formación profesional nin ter causado baixa no correspondente curso académico.
Non estar en posesión dun título de formación profesional declarado equivalente ao correspondente título de formación profesional establecido ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, obxecto da proba.
Excepcionalmente, no caso de houber vacantes logo de resolto o proceso de admisión, as persoas matriculadas polo réxime de persoas adultas poderán matricularse para a realización das probas libres en módulos profesionais do mesmo ciclo formativo:
- sempre que os teñan suspensos de cursos académicos anteriores e non se atopen matriculadas neles no curso académico de realización da proba.
- ata un máximo de tres módulos profesionais do mesmo ciclo formativo, sempre e cando non estean matriculadas neles no mesmo curso de realización da proba.
Lugar de presentación de solicitudes
As solicitudes de inscrición para participar nas probas libres de formación profesional presentaranse na secretaría de calquera centro público en que se oferten probas libres para a obtención de títulos LOE, malia que non sexa o centro elixido en primeira opción.
Documentación relacionada
- Impreso de solicitude para as probas libres a ciclos formativos de formación profesional (anexo I)
- Certificación da Tesouraría Xeral da Seguridade Social, do Instituto Social da Mariña ou da mutualidade laboral en que se teña afiliación, onde conste a empresa, o grupo de cotización e o período de contratación (vida laboral)
- Certificación da empresa en que se adquirira a experiencia laboral, que reflicta especificamente a duración dos períodos de prestación de servizos, a categoría laboral, a actividade desenvolvida, o período en que se realizara a devandita actividade e os ciclos formativos relacionados (anexo II)
- Se quen solicita xa ten módulos superados do ciclo formativo, deberá presentar a correspondente certificación acreditativa
- Se ten 19 anos e un título de técnico, deberá presentar o depósito do título de técnico (só no caso de solicitar ciclos formativos de grao superior)
- Se solicita adaptación da proba por recoñecemento de necesidades educativas especiais, xuntará o certificado do recoñecemento do grao de minusvalía e ditame técnico facultativo
- Impreso de solicitude de matrícula, que deberá presentarse logo de resultar admitido/a e durante o período establecido (impreso de matrícula)
Prazo de solicitude de admisión
Unicamente poderá presentar a solicitude de admisión quen cumpra os requisitos de acceso no período da inscrición.
O prazo de presentación de solicitudes de admisión é o seguinte (período ordinario): do 17 ao 30 de abril de 2018 ata as 13:00 h.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4