Xunta de Galicia - Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
Novas da Consellería de Educación - RSS
- Bota a andar o Plan anual de formación do profesorado dotado con 132.531 prazas, un 7,5 % máis
- Román Rodríguez anima á mocidade a achegarse ao stand de FP na Feira do Moble de Galicia
- A Xunta traballa para afianzar as competencias matemática e científica dos estudantes con programas como o Plan MEGA de mellora educativa
- A Xunta e Asotrame sensibilizan ao alumnado co gallo do Día do doante de médula ósea
- Román Rodríguez enxalza a traxectoria do Colexio Nosa Señora da Piedade por saber “adaptarse aos cambios e ser un referente en Vila de Cruces”
Novas de FP - RSS
- Resolución das axudas correspondentes á modalidade A do programa Retorna Talento FP 2024/2025
- Relación de centros que conformarán a Rede galega de dinamización da relación con empresas na FP no curso 2024-2025
- Convocatoria de mobilidades Erasmus+ para alumnado de FP de grao básico e grao medio no curso 2024-2025
- Convocatoria de programas do Plan Eduemprende 2024-2025
- Listaxe definitiva de persoas seleccionadas na modalidade B do programa Retorna Talento FP 24/25
Novas da Consellería
Rueda destaca a excelencia e o talento do alumnado universitario galego como claves para o futuro da comunidade
Summary:
Salienta o esforzo e dedicación dos 209 estudantes galardoados por contar cun expediente sobresaínte
Subliña a creación de novos másteres, a conxelación das taxas universitarias e a gratuidade da primeira matrícula como algunhas das medidas impulsadas para fortalecer o Sistema Universitario Galego
Idioma GallegoO presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe o “talento e esforzo” dos universitarios galegos, asegurando que son “a Galicia do futuro”. Así se referiu no acto de entrega dos Premios Fin de Carreira correspondentes aos cursos 2021/2022 e 2022/2023, onde destacou as “horas de estudo e as renuncias a moitas cousas” dos 209 estudantes galardoados polos seus expedientes sobresaíntes.
“Parabéns por acadar este éxito enorme e por ter sido os mellores nun mundo competitivo”, asegurou, ao mesmo tempo que quixo tamén felicitar ás familias e ás tres universidades públicas galegas.
No acto, Rueda comprometeu o apoio da Xunta para seguir fortalecendo un Sistema Universitario galego “excelente”, axustando a oferta académica ás necesidades do tecido produtivo e do propio alumnado. Así, o ano que vén estrearanse 5 másteres novos –Biofabricación, Internet das Cousas e Ensino do Español como Lingua Estranxeira (de carácter interuniversitario entre as tres universidades públicas galegas); Biociencias Moleculares (USC): e Tecnoloxía Téxtil e Moda Sostible (UDC)–.
Ademais, o titular do Goberno galego lembrou que as taxas universitarias levan “conxeladas” 13 anos consecutivos e que, a partir do vindeiro curso, a primeira matrícula para os alumnos de grao e de ensinanzas artísticas superiores será gratis. Unha medida ratificada esta mesma semana no Consello da Xunta, que fará que a comunidade sexa a única na que os estudantes que aproben e vaian cumprindo os requisitos, poidan estudar unha carreira totalmente de balde.
O presidente enmarcou todas estas iniciativas no afán do Goberno galego por impulsar a igualdade de oportunidades e desexoulles moita sorte aos galardoados na nova etapa que hoxe comezan. “Hai talento, hai esforzo e hai futuro en Galicia grazas a vós”, manifestou.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
A Xunta destaca o amplo abano de servizos que ofrece o Hub de Innovación Dixital Europeo EDIH DATAlife para a dixitalización do tecido empresarial galego
Summary:
Este proxecto europeo, que aglutina 15 socios científicos, ten como obxectivo introducir tecnoloxías dixitais no tecido produtivo
Idioma GallegoA directora da Axencia Galega de Innovación da Xunta de Galicia, Carmen Cotelo, clausurou esta mañá o evento anual de presentación de resultados e accións futuras do proxecto Hub de Innovación Dixital Europeo EDIH DATAlife. Na súa intervención, Cotelo destacou o amplo abano de servizos e instrumentos de apoio que ofrece ao ecosistema galego de I+D+i co obxectivo de apoiar a incorporación de tecnoloxías dixitais no tecido empresarial galego.
En concreto, 98 entidades solicitaron os servizos que o Hub ofrece no marco do proxecto europeo EDIH DATAlife e 44 participaron nas tres primeiras formacións ofrecidas. Entre os servizos que ofrece, Carmen Cotelo destacou o asesoramento técnico para a implantación de tecnoloxías disruptivas, formación específica, o desenvolvemento de diversas mesas de traballo sectoriais para identificar colaborativamente as necesidades e profundizar nos retos dos diferentes sectores -350 entidades asistiron a estas mesas-, asesoramento sobre financiamento e un labor de comunicación para difundir os instrumentos de apoio entre as empresas e o potencial destas tecnoloxías entre a sociedade en xeral.
A representante da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP destacou especialmente o labor de escoita activa e de análise que se fai contando directamente co ecosistema, un enfoque que garante que os resultados do proxecto estean aliñados coa demanda dos diferentes sectores que integran o Hub, e animou aos seus socios a seguir traballando na mesma liña.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Espazos de tecnoloxía aplicada na FP. Relación de proxectos seleccionados. Convocatoria 2024
Publicada a Resolución do 13 de xuño de 2024 da Dirección Xeral de Formación Profesional pola que se resolve a convocatoria do programa Espazos de tecnoloxía aplicada na Formación Profesional no ano 2024, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia – Financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU
Tema:
Información xeral Programas e plansEnsinanza:
Formación Profesional inicialDepartamento:
Dirección Xeral de Formación Profesional Subdirección Xeral de Innovación Profesional e Coordinación co Sistema Produtivo Servizo de Relación co Sistema Produtivo, Orientación e Inserción LaboralColectivo:
CentrosOs centros de FP galegos contarán o vindeiro curso con 80 aulas de tecnoloxía aplicada, cun investimento de 4,4M€
Summary:
A partir de setembro sumaranse 38 novas aulas, cunha achega de 55.000€ para cada un delas
O conselleiro explica que o programa é unha “oportunidade única para dotar aos centros de equipamento tecnolóxico ao nivel do que atoparán os alumnos nas empresas, o que redunde nunha mellora significativa da súa formación”
Idioma GallegoO conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, visitou hoxe o Centro Integrado de FP Politécnico de Lugo, onde anunciou que os centros que imparten estas ensinanzas contarán o vindeiro curso con 80 espazos de tecnoloxía aplicada co obxectivo de mellorar a cualificación dos estudantes, permitíndolles a simulación de centros de traballo e contornas laborais reais. Durante a visita estivo acompañado polo delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, e pola directora xeral de FP, Eugenia Pérez.
A Xunta de Galicia vén resolver a convocatoria deste programa para o curso que vén, coa incorporación de 38 novos espazos. Na provincia da Coruña atópanse 14 aulas, dos concellos das Pontes, A Coruña, Betanzos, Carballo, Ferrol, Pontedeume, Ponteceso, Ribeira e Santiago de Compostela; na provincia de Lugo son sete espazos dos concellos de Burela, A Pontenova, Foz, Lugo, Mondoñedo e Monforte de Lemos; en Ourense son seis, de Vilamarín, O Barco de Valdeorras e Ourense, e en Pontevedra hai 11, dos municipios de Cangas, Valga, Vilagarcía de Arousa, Vigo, Moaña, Pontevedra e O Porriño.
Estes súmanse aos 42 xa en funcionamento, a maior parte deles (36) situados en Centros Integrados de FP. Cada un deles recibirá un orzamento de 55.000€, conformando un investimento total de 4,4M€ nesta iniciativa.
O titular do departamento educativo da Xunta puxo en valor este programa como “unha oportunidade única para dotar aos centros de equipamento tecnolóxico ao nivel do que se van atopar despois os alumnos nas empresas, de tal forma que isto redunde nunha mellora significativa da formación dos titulados da FP galega”.
Empregabilidade e conexión coas empresas
“Esta iniciativa entronca directamente cos obxectivos da Estratexia FP Galicia 2030 e do Plan Innova FP Galicia que, xunto co Plan FPGal360 de orientación profesional integral, son as follas de ruta da Xunta para que o noso modelo de FP acade novas cotas de éxito e, sobre todo de empregabilidade e conexión co tecido produtivo”, afirmou o conselleiro.
O CIFP Politécnico de Lugo é un dos centros que participan xa no programa e que incorporará o vindeiro curso un novo espazo de tecnoloxía aplicada. O novo proxecto consiste nunha aula tecnolóxica de dixitalización, escaneado e fabricación aditiva (Proxecto AT DIESFA). Estará equipada con impresoras 3D, tanto de filamento como de resina, e tecnoloxía de escaneado tridimensional, xunto con software específico para maximizar o uso destes equipos. Ademais, incorporarase unha máquina de medición por coordenadas para complementar as capacidades de verificación e control de calidade dos produtos fabricados.
“Este espazo non só beneficiará ao alumnado de fabricación mecánica, senón tamén a outras áreas como saúde e edificación, apoiando unha ampla gama de disciplinas profesionais e técnicas dentro do centro”, sinalou Román Rodríguez.
Neste sentido, o conselleiro destacou que o Politécnico de Lugo vai incorporar novos ciclos o ano que vén, como o superior de FP Dual Intensiva en Procesos e Calidade na Industria Alimentaria, o máster de FP en Instalación e Mantemento de Sistemas Conectados a Internet e a oferta parcial do ciclo de grao superior en Dietética na modalidade de adultos.
No transcurso da visita, Román Rodríguez tivo a oportunidade de coñecer de primeira man o funcionamento do espazo de tecnoloxía aplicada que xa está en funcionamento no CIFP Politécnico de Lugo, pensado para facilitar a formación do alumnado en aspectos da Industria 4.0, simulando as contornas laborais a través de recursos didácticos reais e virtuais, software de simulación e xeración de xemelgos dixitais. Isto permite ao alumnado traballar nas principais áreas tecnolóxicas da dixitalización da industria.
Novos espazos
A través do programa de espazos de tecnoloxía aplicada, os centros de FP poden dotar as súas aulas con ferramentas e elementos que simulan as contornas laborais, nas que se poden empregar metodoloxías baseadas en proxectos ou retos próximos a cada sector produtivo, incorporando recursos apoiados en tecnoloxías dixitais tales como simuladores ou xemelgos dixitais.
Así, os espazos están dotados de equipamento como impresoras 3D, sistemas de realidades inmersivas e de realidade mixta/virtual, sistemas holográficos, recursos de intelixencia artificial aplicada ou equipos informáticos de altas prestacións, entre outros, en función das especialidades e familias profesionais.
O obxectivo é reforzar a conexión das ensinanzas de FP coa realidade dos centros de traballo e dinamizar a transferencia tecnolóxica entre os centros e o tecido produtivo.
Os centros que incorporan os novos espazos para o vindeiro curso son os seguintes:
Concello
Centro
Proxecto
A Coruña
CIFP Imaxe e son
Aula de radio 360 con produción multimedia inmersiva ambisónica e aumentada
A Coruña
CIFP Universidade Laboral
Aula inmervisa VR e de aplicacións AI
A Coruña
IES Urbano Lugrís
Aula de sites 5G
A Pobra do Caramiñal
IES da Pobra do Caramiñal
Espazo tecnolóxico integrado para os coidados auxiliares de enfermaría
A Pontenova
IES Enrique Muruais
Aula tecnolóxica “O Regazal”
As Pontes
IES Plurilingüe Castro da Uz
Aula tecnolóxica de simulación aumentada na FP
Betanzos
IES As Mariñas
Aula automatizada con control virtual, SCADA e realidade aumentada
Burela
IES Perdouro
DixitAula. Operacións e intervencións de alta tecnoloxía
Cangas
IES de Rodeira
Laboratorio de audio e gravación.
Carballo
IES Monte Neme
OnDaS IoTLAB
Ferrol
CIFP Ferrolterra
TERA: Espazo tecnolóxico de enerxías renovables e auga
Ferrol
CIFP Leixa
Leixa saúde 4.0
Ferrol
CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro
Espazo de investigación e innovación de edificación (EiiE)
Foz
IES de Foz
Aula tecnolóxica do torrado do café
Lugo
CIFP As Mercedes
Conversión de aula eléctrica tradicional en aula tecnolóxica de control e simulación industrial
Lugo
CIFP Politécnico de Lugo
Aula tecnolóxica de dixitalización, escaneado e fabricación aditiva (Proxecto AT DIESFA)
Maceda
IES San Mamede
Lab Tech de programación multiplataforma
Moaña
IES Plurilingüe A Paralaia
Aula 4.0
Mondoñedo
IES Plurilingüe San Rosendo
Espazo de produción tecnificado
Monforte de Lemos
IES A Pinguela
Techno Shoemakers
O Barco de Valdeorras
IES Lauro Olmo
Aula Tech para peiteado
O Porriño
IES Ribeira do Louro
Aula-obradoiro polivalente intelixente orientado á pedra natural
Ourense
CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel
Espazo tecnolóxico de Intelixencia Artificial e Realidade Estendida
Ourense
CIFP A Farixa
Escenario Virtual Múltiple
Ourense
IES Universidade Laboral
Espazo de Tecnoloxía Aplicada no IES Universidade Laboral
Pontedeume
CIFP Fraga do Eume
Aula Multisensorial Polivalente
Ponteceso
IES Eduardo Pondal
Aula tecnolóxica para a calibración e aliñación de vehículos
Pontevedra
CIFP A Xunqueira
Aula tecnolóxica para a simulación de procesos produtivos na industria da madeira.
Pontevedra
IES Frei Martín Sarmiento
Aula CAD-CAM 4.0
Ribeira
CIFP Coroso
Aceleración Eco: Innovación en electromobilidade
Santiago de Compostela
CIFP Politécnico de Santiago
Aula de automatización industrial, robótica e dixitalización do mantemento
Valga
IES Plurilingüe de Valga
Espazo multifuncional de robótica aplicada a soldadura, ensaios, automatismos e impresión 3D.
Vilagarcía de Arousa
CIFP Fontecarmoa
Simulación de tenda e RV para os ciclos de comercio
Vigo
CIFP Audiovisual de Vigo
A aula inmersiva da EAV, ensinando cos tempos
Vigo
CIFP Manuel Antonio
Hotel Lab 5.0: centro de innovación hoteleira
Vigo
CIFP Valentín Paz Andrade
Aula Robótica 4.0
Vigo
IES Politécnico de Vigo
Aula colaborativa intelixente
Vilamarín
CIFP de Vilamarín
Aula Labintec Laboratorio de investigación tecnolóxica
File:
Espazos de tecnoloxía aplicada na FP Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación ProfesionalAs obras do instituto IES Valle Inclán de Pontevedra recibirán un novo impulso este verán para que todas as aulas estean operativas ao inicio do curso en setembro
Summary:
O director territorial de Educación en Pontevedra, César Pérez, presidiu a reunión da comisión de seguimento dos traballos, que avanzan a bo ritmo
Xa se actuou sobre o 74% da superficie de cubertas e agora estase traballando no interior do edificio
Prevese que a mediados de xullo estean desmontadas as aulas móbiles
Idioma GallegoO director territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional na provincia de Pontevedra, César Pérez Ares, participou hoxe na reunión da comisión de seguimento das obras do instituto IES Valle Inclán, de Pontevedra, onde se analizou o avance dos traballos co fin de que todas as aulas estean operativas para o inicio do curso escolar en setembro.
Segundo expuxeron os técnicos que participaron na xuntanza, nestes momentos xa están rematadas as obras das cubertas planificadas para a primeira e a segunda fase, o que supuxo actuar nunha superficie de 1.700 metros, que representa o 74% dos 2.300 metros totais de teito.
Agora durante a época estival estanse desenvolvendo as actuacións das cubertas previstas nas fases terceira e cuarta. Paralelamente, no interior do edificio estase traballando na segunda e terceira fase e desde a próxima semana comezarase coa montaxe da carpintaría exterior ata completar todas as fachadas do centro.
Por outra parte está previsto que a próxima semana se proceda á retirada de todas as pizarras e conexións dixitais das aulas móbiles do exterior e posteriormente, iniciar a desmontaxe das mesmas co obxectivo de que a mediados de xullo quede xa libre o espazo frontal do instituto. Xa en setembro, coas aulas completamente habilitadas e reformadas, iniciaranse as obras da zona administrativa do centro.
A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional inviste un total de 4,7M€ nesta rehabilitación integral da que é a maior obra que se está realizando nestes momentos nun centro educativo galego. A intervención arrancou a mediados de setembro do ano pasado e prevese que estea totalmente rematada a comezos de 2025.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Román Rodríguez reúnese co alcalde e directores dos centros educativos de Ribadeo para analizar as necesidades do concello
Summary:
A Consellería completará a rehabilitación integral do Colexio CEIP Plurilingüe Gregorio Sanz cun novo peche perimetral demandado pola comunidade escolar
A Xunta leva investidos case 3,8M€ na mellora dos centros deste concello desde 2009
Idioma GallegoO conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, reuniuse esta mañá co alcalde de Ribadeo, Daniel Vega, e coas direccións dos colexios CEIP Plurilingüe Gregorio Sanz e CPR Sagrado Corazón de Jesús, do Instituto IES de Ribadeo Dionisio Gamallo e do Centro Integrado de FP Porta da Auga. No transcurso do encontro, ao que tamén asistiu unha representación da anpa co Gregorio Sanz, analizáronse as necesidades desta localidade lucense en materia de ensino.
O titular do departamento educativo da Xunta explicou que se va completar a rehabilitación integral do Colexio CEIP Plurilingüe Gregorio Sanz, na que o Goberno galego investiu case 1M€, coa execución dun novo peche perimetral demandado pola comunidade escolar. Así mesmo, tamén se está a valorar a adaptación dunha casa do consorcio municipal como lugar de encontro da anpa.
“Desde 2009 levamos investidos case 3,8M€ na mellora dos centros educativos de Ribadeo, coa reformas tanto do colexio como do instituto”, destacou Román Rodríguez. Así mesmo, o conselleiro salientou que se vén de instalar un ascensor e está previsto arranxar a casa do conserxe no Centro Integrado de FP Porta da Auga, cuxa oferta formativa se verá incrementada o vindeiro curso cun novo ciclo de FP Dual Intensiva, o de grao superior en Automoción, con 22 prazas.
A visita á Casa Consistorial rematou coa sinatura no libro de honra por parte do representante da Xunta de Galicia.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Listaxe definitiva de cualificacións de carnés e habilitacións profesionais primeira convocatoria 2024
Publicada a listaxe definitiva de cualificacións das probas da primeira convocatoria 2024 para a obtención de determinados carnés e habilitacións profesionais.
Tema:
EscolarizaciónEnsinanza:
Formación Profesional inicialDepartamento:
Dirección Xeral de Formación Profesional Subdirección Xeral de Cualificacións, Planificación e Xestión da Formación Profesional Servizo de Xestión da Formación ProfesionalColectivo:
AlumnadoPublicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas para a realización da proba de acceso nas Ensinanzas Artísticas Superiores de Deseño, Restauración e Arte Dramática
Xúntase as seguintes listaxes:
- Listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas na proba de acceso das ensinanzas artísticas superiores de Deseño
- Listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas na proba de acceso das ensinanzas artísticas superiores de Restauración
- Listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas na proba de acceso das ensinanzas artísticas superiores de Arte Dramática
Anuncio principal:
Resolución do 16 de abril de 2024, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se convocan probas e se ditan instrucións para o acceso e admisión do alumnado nas ensinanzas artísticas superiores da Comunidade Autónoma de Galicia curso 2024/25Tema:
EscolarizaciónEnsinanza:
Ensinanzas de réxime especial Ensinanzas de conservación e restauración de bens culturais Ensinanzas de arte dramática Ensinanzas superiores de deseñoDepartamento:
Dirección Xeral de Formación Profesional Subdirección Xeral de Aprendizaxe Permanente, Ensinanzas Artísticas, Idiomas e Deportivas Servizo de Ensinanzas de Réxime Especial e Aprendizaxe PermanenteColectivo:
Alumnado CentrosSección:
BoletínResolución da Convocatoria de participación nos proxectos de innovación educativa en dinamización lingüística para os centros da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades durante o curso 2023-2024
A Secretaría Xeral da Lingua e a Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa resolveron a convocatoria de participación nos proxectos de innovación educativa en dinamización lingüística para os centros docentes de titularidade pública da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades durante o curso académico 2023/2024.
Seleccionáronse os seguintes proxectos, ao abeiro da Resolución da Secretaría Xeral da Lingua e da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se convoca a participación en proxectos de innovación educativa en dinamización lingüística para os centros docentes de titularidade pública da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades durante o curso académico 2023/2024 e se establecen as bases reguladoras para realizalos:
- cinco proxectos aos que se lles recoñece a consideración de excelentes:
Proxecto
Centro
Concello
Provincia
Aquí tamén se fala
IES Rafael Dieste
A Coruña
A Coruña
Non só é lume
IES A Cachada
Boiro
A Coruña
Fai un trato co galego!
CEIP de Prácticas López Ferreiro
Santiago
A Coruña
A memoria das palabras
IES Fontem Albei
A Fonsagrada
Lugo
Abrazando a diversidade lingüística
CEIP Plurilingüe de Tenorio
Cerdedo-Cotobade
Pontevedra
Cada un destes cinco proxectos recibirá unha dotación económica de 2.000 € para o centro ou centros. O profesorado implicado activamente no seu desenvolvemento recibirá unha certificación de Primeiro Premio de Innovación Educativa, cunha equivalencia de 30 horas de formación permanente do profesorado para a persoa coordinadora e de 20 horas para o profesorado participante, alén de apoio e asesoramento no seu desenvolvemento e a difusión a través da rede e da páxina web da Secretaría Xeral da Lingua.
- dous proxectos aos que se lles concede unha Mención de Honra:
Son das flores, música para a transformación
CEIP Vicente Risco
Vigo
Pontevedra
PaliquéochoEU
CEE María Mariño
A Coruña
A Coruña
O profesorado implicado activamente no desenvolvemento destes proxectos recibirá unha certificación de Accésit, ademais de apoio e asesoramento durante o seu desenvolvemento e a difusión das experiencias e dos materiais educativos producidos a través da rede e da páxina web da Secretaría Xeral da Lingua.
Anuncio principal:
Convocatoria para a realización de proxectos de innovación educativa en dinamización lingüísticaTema:
Programas e plans Plans e actuacións en innovación educativaDepartamento:
Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa Outras entidades Entidades autonómicasColectivo:
CentrosSección:
Boletín Portada de boletínResolución de concesión das axudas para completar a etapa de formación posdoutoral 2024
Xúntase a Resolución de concesión das axudas para completar a etapa de formación posdoutoral 2024 publicada no DOG no día de hoxe.
Anuncio principal:
Axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema de I+D+i galego, convocatoria para o ano 2024Tema:
BolsasEnsinanza:
UniversidadeDepartamento:
Secretaría Xeral de Universidades Subdirección Xeral de Promoción Científica e Tecnolóxica Universitaria Servizo de Xestión Científico-Tecnolóxica Outras entidadesColectivo:
AlumnadoSección:
BoletínRomán Rodríguez anuncia novas ferramentas no sistema educativo para seguir avanzando na igualdade das persoas LGTBI
Summary:
Os centros contarán cun instrumento de mellora da convivencia tamén para as persoas LGTBI e actualizarase o Protocolo de atención á diversidade de identidade de xénero
O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP dá conta no Parlamento do traballo da Xunta de Galicia a prol da igualdade e a convivencia nas aulas
Idioma GallegoTodos os centros educativos contarán o vindeiro curso con novas ferramentas para seguir mellorando a convivencia nos centros a prol da igualdade e para protexer os dereitos das persoas LGTBI. Así o anunciou o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, hoxe no Parlamento galego. “Levamos anos abordando a non discriminación e a igualdade por razón de orientación sexual ou identidade de xénero, e seguimos traballando para avanzar nesta materia”, asegurou.
A Xunta de Galicia porá en marcha no curso 2024/25 unha ferramenta para a detección concreta de casos de acoso ou ciberacoso, que inclúe especificamente as persoas LGTBI, o que permitirá “coñecer a situación en cada centro e realizar unha avaliación máis próxima ao alumnado”, sinalou Román Rodríguez.
Así mesmo, o Goberno galego actualizará o Protocolo de atención educativa á diversidade de identidade de xénero, co que se busca dar seguridade a moitas persoas e garantir a súa plena inclusión dentro das aulas. “Estará centrado en principios reitores como a seguridade e o interese superior de todos os menores, establecendo o centro educativo como un espazo seguro”, engadiu o titular da Consellería de Educación.
Prevención, detección e intervención
“Somos conscientes da importancia de actuar desde as escolas”, remarcou Román Rodríguez durante a súa intervención no Pleno, referíndose ao traballo de Educación en materia de prevención, detección e intervención.
Existen ferramentas de detección que permiten coñecer o clima de convivencia no sistema educativo, como é o caso das enquisas, e son fundamentais para que a partir deles cada centro implemente medidas concretas. De feito, “no último informe de convivencia”, dixo o conselleiro, “constatase que case o 90% do sistema considera que os conflitos nas aulas son pouco frecuentes”. Tamén alumnado, familias e profesorado observan que existe receptividade diante da diversidade nas aulas, con cifras por riba do 80%.
A través da Estratexia Galega de Convivencia 2025 a Consellería de Educación pon á disposición do conxunto do sistema educativo todos os instrumentos necesarios para garantir a igualdade nas aulas. Entre os proxectos máis destacados atópase o Plan contra o acoso e o ciberacoso, mentres que outros dos programas centrados na igualdade das persoas que se desenvolven nas aulas galegas son os Contratos Programa, onde máis de 300 centros desenvolven accións a prol da coeduación; o Plan Proxecta+, no que participan máis de 150 centros con numerosas iniciativas, ou os programas Que non te líen ti elixes, Cinema con perspectiva e Edureferentes.
Ademais, a Consellería de Educación vai lanzar un Plan de coeducación para crear espazos sen estereotipos que favorezan a liberdade do alumnado. E para completar toda a batería de medidas coas que se traballa, tamén se pon o foco na formación do profesorado e na información ás familias.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Román Rodríguez recibe ao presidente executivo do foro internacional sobre innovación Ecosystems 2030
O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, mantivo hoxe unha reunión con Omar Hatamleh, presidente executivo de Ecosystems 2030, un dos foros de maior prestixio no campo da innovación, que celebrará este venres na Coruña un congreso con preto de 50 relatoras de todo o mundo baixo o título Mulleres en liderado.
Durante a recepción, o titular de Educación e Ciencia da Xunta puxo de relevo a importancia de apostar pola innovación e o desenvolvemento da intelixencia artificial en Galicia, unha tecnoloxía que será obxecto de análise no foro. Así mesmo, agradeceu a oportunidade que supón esta cita para reflexionar sobre a súa repercusión na seguridade, sobre as redes sociais ou a transformación de diversos sectores económicos.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
A Xunta incrementa ata os 3M€ o investimento para ampliar o Instituto Eduardo Pondal de Santiago
Summary:
O conselleiro de Educación anuncia a licitación, hoxe mesmo, da obra do centro, que será dotado de oito novas aulas e outros espazos e a mellora dos existentes
A actuación enmárcase no Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, a folla de ruta da Xunta para a modernización dos centros adaptándoos ás novas necesidades
Idioma GallegoO conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, visitou esta mañá o Instituto IES Eduardo Pondal de Santiago de Compostela co gallo da licitación das obras de ampliación do centro, que abre o proceso hoxe. Neste senso, explicou que o investimento final superará os 3M€, máis do previsto inicialmente. O obxectivo é dotar ao instituto de oito aulas novas e outros espazos, ao tempo que se remodela o edificio xa existente.
A obra enmárcase no Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, un programa posto en marcha polo Goberno galego para renovar os colexios e os institutos, co fin de adaptalos ás esixencias actuais. No caso do Eduardo Pondal, “a obra responde ao crecemento demográfico dos barrios que comprende o instituto. Por iso, se amplía o espazo educativo aproximadamente 1.000 m²”, sinalou o conselleiro.
A ampliación, que se prevé que este rematada para o inicio do curso 2025/2026, realizarase sobre o edificio existente, en tres andares. Na planta baixa situaranse catro aulas, cunha saída nova ao espazo exterior; mentres que na primeira estarán as dúas aulas restantes e unha de tecnoloxía. No semisoto atoparase a clase de música, o almacén e o sistema de telecomunicacións. Ademais, se construirá un espazo cuberto de 140 m² con comunicación directa á nova pista deportiva e un soportal con acceso á zona de patio, para facilitar a entrada e saída do centro, ampliando así os espazos cubertos do centro.
Mellora das instalacións existentes
O proxecto de ampliación tamén contempla actuacións no edificio xa existente como a reforma dos aseos e a súa mellora instalando, entre outros, un baño accesible; e a substitución da cuberta da actual aula de tecnoloxía. Ademais, tamén se levarán a cabo diversos traballos de redistribución de espazos, facendo un desdobramento de oito aulas, entre elas, a clase de plástica.
A maiores, ampliarase a biblioteca, substituiranse as caldeiras de gasóleo por unhas novas de biomasa, eliminaranse os estrados de madeira de varias aulas e acometeranse outras melloras no relativo á seguridade do centro. Finalmente, recolocarase a pista polideportiva descuberta e darase solución ao desnivel.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
A Xunta reforza a Formación Profesional en ciberseguridade con oito novos másteres e 200 prazas máis para o vindeiro curso
Summary:
Os cursos de especialización nesta materia pasan de 6 a 14, e impartiranse en centros das catro provincias
O director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a directora de Formación Profesional presentaron hoxe os másteres nunha xornada en Ourense
Idioma GallegoA Xunta reforza a especialización en ciberseguridade na Formación Profesional con 14 másteres e 340 prazas para o curso 2024/2025. Esta oferta formativa supón un incremento de 8 cursos de especialización e 200 prazas, ademais de ampliar o alcance xeográfico desta formación, que agora se impartirá en centros das catro provincias. Os cursos foron presentados esta mañá en Ourense polo director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica, Julián Cerviño, e a directora xeral de Formación Profesional da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Eugenia Pérez.
A ampliación desta formación busca dar resposta á elevada demanda destes perfís por parte do sector tecnolóxico. Son dous os cursos de especialización ofertados: Ciberseguridade en contornos das tecnoloxías da información e Ciberseguridade en contornos das tecnoloxías de operación, que se impartirán en modalidade presencial e online en centros da Coruña, Ferrol, Vigo, Ourense, Marín, A Estrada, Vilagarcía, Lugo e Monforte.
Este reforzo da especialización en ciberseguridade na FP é unha das liñas de actuación do Proxecto Galego de Programas Superiores de Formación en Ciberseguridade, impulsado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Consellería de Educacion, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, e conta cun investimento total de 2,5 millóns de euros que permitirá dotar aos centros cos equipamentos de última tecnoloxía neste ámbito.
A iniciativa abrangue, tamén, a creación dun espazo de alta especialización en ciberseguridade no Centro Galego da Innovación da FP Eduardo Barreiros para conseguir a máis alta formación e especialización do profesorado e a xeración de proxectos de I+D+i que sexan de transferencia directa ás empresas e institucións.
O Proxecto Galego de Programas Superiores de Formación en Ciberseguridade enmárcase nas actuacións do programa RETECH (Redes Territoriais de Especialización Tecnolóxica) e do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Unión Europea con fondos Next Generation.
O director da Axencia para Modernización Tecnolóxica de Galicia, Julián Cerviño, sinalou que que os especialistas en ciberseguridade “son un dos perfís máis demandados polo sector tecnolóxico” e que “todas as organizacións”, dende as administracións públicas ás empresas de tódolos tamaños, “precisan cada vez máis profesionais que velen pola seguridade da súa información.”
A directora xeral de FP, Eugenia Pérez, salientou que desde o seu departamento se está traballando para “responder a todos os ámbitos onde xorden necesidades” como é o caso do da ciberseguridade, cunha oferta reforzada para “dar resposta á demanda de profesionais que garantan a seguridade das persoas e dos procesos produtivos”.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Publicación da relación definitiva de solicitudes de comisións de servizos, en atención a situacións de conciliación da vida familiar e laboral, admitidas e excluídas para o curso académico 2024/25
Xúntase a Resolución do 26 de xuño de 2024 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se aproba e se fai pública a relación definitiva de solicitudes de comisións de servizos, en atención a situacións de conciliación da vida familiar e laboral, admitidas e excluídas de conformidade coa Orde do 15 de abril de 2019, código de procedemento ED010A (DOG nº 82, do 30 de abril).
De conformidade co artigo 11 da Orde do 15 de abril de 2019, contra esta resolución definitiva, as persoas interesadas poderán formular recurso de reposición, no prazo comprendido entre o día 27 de xuño de 2024 e o día de 26 de xullo de 2024, ambos os dous incluídos, por medios electrónicos, mediante o trámite Recurso de reposición activado no procedemento normalizado ED010A do seguinte xeito:
- Acceder á sede electrónica da Xunta de Galicia na seguinte ligazón https://sede.xunta.gal
- Autenticarse co seu usuario e contrasinal de Chave 365 ou contrasinal se emprega certificado electrónico.
-
Localizar o ÚLTIMO expediente presentado na sede correspondente á solicitude de comisión de servizos, en atención a situacións de conciliación da vida familiar e laboral, (código de procedemento ED010A) e premer na opción de “Acción” para elixir o trámite “Recurso de reposición”.
IMPORTANTE: NO CASO DE QUE POSÚA VARIAS SOLICITUDES PRESENTADAS NESTE PROCEDEMENTO, LEMBRE QUE DEBE ESCOLLER A ÚLTIMA SOLICITUDE PRESENTADA (CÓDIGO DE PROCEDEMENTO ED010A). Non se tramitarán os recursos formulados en solicitudes que non sexan á última presentada neste procedemento en sede electrónica.
- Encher o formulario, anexar a documentación, se é o caso, e asinar e presentar electronicamente premendo no botón “Asinar e presentar”
O seu recurso estará correctamente presentado cando poida descargarse tanto o recurso asinado como o recibo de presentación deste.
Anuncio principal:
Apertura do prazo de solicitude de comisión de servizo en atención a situacións de conciliación da vida familiar e laboral para o curso académico 2024/25 (ED010A)Tema:
Programas e plans Comisións de servizoEnsinanza:
Ensinanzas de réxime xeral Ensinanzas de réxime especial Educación de persoas adultasDepartamento:
Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos Subdirección Xeral de Recursos Humanos Servizo de Profesorado de Educación Infantil e Primaria Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime EspecialColectivo:
ProfesoradoSección:
Boletín Portada de boletínConvocatoria de cursos Celga e cursos de linguaxe administrativa galega nas EOI para o curso 2024/25
Publicouse a Resolución do 18 de xuño de 2024, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se convocan, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para os certificados de lingua galega, Celga, que se realizarán en distintos períodos e en varias escolas oficiais de idiomas de Galicia.
As persoas que desexen participar nos cursos convocados nesta resolución deberán cubrir o formulario de inscrición telemática no enderezo www.eoidigital.com/preinslinguagalega, que estará activo nos seguintes prazos establecidos para a presentación das solicitudes:
- Cursos do 1º cuadrimestre: do 1 ao 12 de xullo de 2024
- Cursos do 2º cuadrimestre: do 11 ao 22 de novembro de 2024
Máis información: Resolución do 18 de xuño de 2024
Tema:
Información xeralEnsinanza:
Ensinanzas de réxime especial Ensinanzas de idiomas de réxime especialDepartamento:
Dirección Xeral de Formación Profesional Subdirección Xeral de Aprendizaxe Permanente, Ensinanzas Artísticas, Idiomas e Deportivas Servizo de Ensinanzas de Réxime Especial e Aprendizaxe PermanenteColectivo:
AlumnadoSección:
Boletín Portada de boletínRomán Rodríguez anima aos sectores produtivos a seguir modernizándose a través do I+D+i e tecnoloxías punteiras
Summary:
O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP abre a xornada de presentación dos proxectos beneficiarios do programa Fábrica Intelixente e Sustentable 2023
Os nove proxectos apoiados nesta última edición forman parte de sectores clave da economía galega como a automoción, madeira, TIC ou alimentación, e están liderados por empresas referentes nos seus respectivos eidos
Idioma GallegoO conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, apuntou esta mañá na xornada de presentación dos proxectos beneficiarios da última edición do programa Fábrica Intelixente e Sustentable que a investigación industrial, o desenvolvemento experimental e a innovación son os puntais que deben guiar aos sectores produtivos, na medida en que permitirán mellorar a produtividade e optimizar os recursos, e que as tecnoloxías da Industria 4.0 como a intelixencia artificial, a fabricación aditiva ou o blockchain son unha oportunidade única para aumentar o valor engadido e crear unha vantaxe competitiva sobre os demais.
Por iso, o titular de Ciencia convidou ao tecido empresarial galego a seguir modernizándose a través da I+D+i e da adopción de tecnoloxías punteiras para consolidar a Galicia como unha potencia en I+D+i nos principais sectores da nosa economía, nun encontro celebrado na Cidade da Cultura de Galicia cos nove proxectos apoiados na última edición desta convocatoria.
Precisamente, Rodríguez subliñou que os nove proxectos apoiados a través de Fábrica Intelixente e Sustentable 2023 forman parte de sectores clave da nosa economía como a automoción, a madeira, as TIC ou a alimentación e que están liderados por empresas referentes nos seus respectivos eidos. Ademais, apuntou que máis da metade destas iniciativas se apoian nos principais centros de investigación e centros tecnolóxicos de Galicia, o que recalca a importancia de fortalecer ese vínculo entre ambos axentes que se vai seguir fomentando dende o seu departamento.
327M€ mobilizados desde 2016
Na xornada, na que o conselleiro estivo acompañado pola directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, presentáronse tamén os proxectos Plástic Tu Oil (Plastic2Oil), liderado por Tecnología y Reciclaje de Materiales (Tyrma) para a obtención de residuos cero en reciclaxe de plásticos e, o proxecto Fisterra, promovido por Norvento xunto á Universidade de Vigo e ao CTAG, que ofrece unha solución para embarcacións que permitirá ás autoridades portuarias dispor dun subministro eléctrico descarbonizado e adaptado ao seu tráfico marítimo. Finalmente, tamén se celebrou unha sesión formativa de xustificación da axuda dirixida aos beneficiarios.
En total, a través das cinco edicións deste programa, apoiáronse un total de 33 proxectos, cunha axuda de 100 M€ e un investimento mobilizado que supera os 327 M€. As axudas desta convocatoria están cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Feder Galicia 2021-2027.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
A Xunta recolle as achegas das organizacións sindicais sobre a nova regulación da Formación Profesional en Galicia
A Xunta de Galicia recolle as achegas das organizacións sindicais sobre a nova regulación da Formación Profesional para o curso 2024-25. A directora xeral de FP, Eugenia Pérez, e o director xeral de Centros e Recursos Humanos, Jesús Álvarez, reuníronse hoxe coa Mesa Sectorial Docente para analizar as instrucións sobre a ordenación e a organización da FP en Galicia. Unha normativa que, ante os retrasos do Ministerio, ten por obxectivo dar certezas a centros, equipo docente e alumnado sobre os cambios que leva consigo a lei estatal de FP que se aplicará a partir de setembro.
Os representantes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP explicáronlle aos presentes na reunión que estas instrucións son de carácter transitorio, debido a que o Goberno galego non poderá concretar o decreto de ordenación da FP e o seu desenvolvemento, no que xa se está a traballar, ata que se publique o estatal.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación ProfesionalListaxes provisionais de cualificacións da proba que substitúe o requisito de titulación e de persoas admitidas e excluídas na proba específica de acceso ás ensinanzas artísticas profesionais
Xúntase a:
- Listaxe provisional de cualificacións da proba substitutiva do requisito de titulación para o acceso ás ensinanzas artísticas profesionais de ciclos formativos de grao medio e ciclos formativos de grao superior
- Listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas para a realización da proba específica de acceso ás ensinanzas artísticas profesionais de grao medio e grao superior
Anuncio principal:
Resolución do 10 de abril de 2024, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se convocan probas e se ditan instrucións para o acceso e a admisión do alumnado nas ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño en Galicia 2024/25Tema:
EscolarizaciónEnsinanza:
Ensinanzas de réxime especial Ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseñoDepartamento:
Dirección Xeral de Formación Profesional Subdirección Xeral de Aprendizaxe Permanente, Ensinanzas Artísticas, Idiomas e Deportivas Servizo de Ensinanzas de Réxime Especial e Aprendizaxe PermanenteColectivo:
AlumnadoSección:
Boletín Portada de boletínRueda avalia cos reitores das universidades galegas os detalles da gratuidade da matrícula
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, reuniuse esta tarde cos reitores das tres universidades galegas para darlles conta dos detalles da gratuidade da matrícula para estudantes de grao, que se aplicará tamén nas ensinanzas artísticas superiores. Ambos decretos de prezos públicos aprobáronse hoxe no Consello da Xunta co obxectivo de que estean vixentes xa no próximo curso.
Durante a reunión tamén abordaron outras cuestións de interese e vías de colaboración entre as universidades e a Administración autonómica.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- …
- seguinte ›
- última »