Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra
Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal
IES Laxeiro |
|
Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal |
|
Axenda 21, Información xeral, Integrantes e grupos , Actividades, RecursosXornadas de Orientación Laboral no IES.LaxeiroOs días 23, 24 e 25 do mes de marzo terá lugar no IES. Laxeiro de Lalín unha nova edición das Xornadas de Orientación Laboral, nas que o eido agrario, as enerxías renovables , os procesos de selección e o futuro do automóbil serán algúns dos temas destacados . » Programa Semanas Brancas 2010 na estación de esquí de San IsidroAlumnos e alumnas de 1º da ESO do IES Laxeiro participarán entre o 22 e o 26 de marzo na estación San Isidro (León), no programa Semanas Brancas. Os escolares conxugarán a práctica do esquí na estación situada na comarca do Alto Porma, no municipio de Puebla de Lillo, con actividades como a práctica de sendeirismo ou a visita á cidade de León. » Liga Fútbol SalaO xoves 11 de xuño, no pavillón municipal de Lalín, xogouse a Final da Liga de Fútbol Sala 08/09 do IES Laxeiro. Os equipos que disputaron este partido foron "Entendes" e "Castigadores" cun resultado de 7-4 a favor de "Entendes". O equipo que acadou o 3º posto foi "Unión Penosa". Obradoiro de papiroflexiaO pasado día 4 de xuño anticipamos a celebración do día do medioambiente dunha forma moi especial. O alumnado de primeiro ciclo da ESO que forma parte do comité ambiental asistiu a un obradoiro de papiroflexia, onde coñeceron a historia de Sadako Sasaki e fixeron grúas de papel. » II Festival das Letras GalegasO pasado 29 de maio tivo lugar no patio do centro o II Festival das Letras Galegas. Foi unha xornada na que participou toda a comunidade escolar do instituto con moito interés e respecto polas actuacións desenvolvidas polo alumnado. Nestas actuacións houbo dende danzas renacentistas ata hip-hop con algunha que outra pincelada de música barroca, de canción tradicional e canción pop. Tamén contamos con grupos de percusión corporal, charanga, monólogos, demostracións de parkour e con unha exhibición de taqueos. Como colofón ao festival púxose en marcha o proxecto "Os ciclos xeran enerxía" consistente en producir electricidade para alimentar unha emisora de radioafeccionado a través das pedaladas de tres bicicletas. » Participación no Correlingua 2009O xoves 14 de maio 44 alumnos e alumnas de 2º e 3º ESO do IES Laxeiro participan na edición do Correlingua 2009 que se celebra na Estrada. Semana de Sostenibilidade de LalínSemana da Sostenibilidade de Lalín
Os pasados días 5, 6 e 7 de novembro o alumnado do Comité Ambiental participou na II Semana da Sostenibilidade organizada pola Concellería de Medioambiente.
» Programa de Prevención de Drogodependencias "CINENSINO"O vindeiro luns día 1 de decembro terá lugar no Filmax Pontiñas a proxección da película estadounidense "Los seis signos de la luz", do director David L. Cunningham. A esta proxección asistirán os alumnos e alumnas de 2º de ESO. É a primeira actividade deste curso dentro do Programa de prevención de drogodependencias "CINENSINO". no que, a partir da visualización deste filme, o alumnado traballará co seu titor unha unidade didáctica na que se abordan contidos relacionados co filme. Cidadanía no MundoO alumnado de 1º de ESO traballará ó longo de dúas sesións no obradoiro "Cidadanía no Mundo". Estes obradoiros faranse nas xornadas do 28 de novembro e 1 de decembro con 2 monitoras do Concello de Lalín. A actividade central deste taller é a realización do nosa propia árbora xenealóxica para despois reflexionar sobre as orixes e os movementos de poboación das nosas familias. Os participantes pensan, comparten e opinan sobre os motivos que levan a unha persoa a cambiar de lugar de residencia e reflexionan sobre o contraste social e o intercambio cultural xurdido destes desprazamentos. Día Internacional Contra a Violencia de XéneroO pasado martes día 25 de novembro, os alumnos e alumnas dos Ciclos Formativos e 2º de Bacharelato acercáronse ó Filmax Pontiñas para ver a película "A Descoñecida" do director italiano Giuseppe Tornatore. Esta actividade estaba enmarcada dentro das actividades organizadas pola Oficina de Igualdade do Concello de Lalín con motivo do Día Internacional Contra a Violencia de Xénero. |
Novos números
|