Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra
Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal
IES Laxeiro |
|
Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal |
|
Axenda 21, Información xeral, Integrantes e grupos , Actividades, RecursosNoelia Blanco Pájaro, gañadora do concurso CocaCola de relato curto na súa VI edición."Bipolaridade" resultou ser o texto gañador da VI edición do Concurso Novos Talentos de Relato Curto organizado por Coca-Cola en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística. O acto da entrega de premios tivo lugar o venres na Cidade da Cultura En Santiago de Compostela. Acto no que a alumna de 2º ESO do IES Laxeiro acadou o premio de gañadora absoluta desta edición. Parabéns a Noelia Blanco Pájaro polo exito acadado, un feito que serve para continuar coa fermosa traxectoria do centro neste concurso. A noticia tivo repercusión en diferentes xornais coma El Correo Gallego ou Faro de Vigo. 2º Premio no Proxecto A21EG dentro do Plan ProxectaO día 19 de xuño de 2013, un grupo de 10 alumnos/as de 1º de ESO do IES Laxeiroacompañados polo profesor Luís Jar Pereira, participou na Xuntanza Española da A21EG en Pontevedra. Este grupo de alumnos/as foi selecionado para expoñer o traballo "O teu contorno: Cóidao e cóidaste" a alumnado de diferentes centros de ensino secundario de seis Autonomías do Estado Español. Neste encontro fixeronse co 2º Premio desta Xuntanza para os centros participantes dentro de Galicia e que formaban parte do Plan Proxecta. Asemade tiveron ocasión de comentar e departir con alumnado de Castilla La Mancha, País Vasco, A Rioxa, Cataluña e Canarias sobre cuestións medioambientais e sustentabilidade. » O IES. Laxeiro seleccionado para participar no programa de inmersión lingüística "OUTONO 2013"Un grupo de 25 alumnos/as de 3º ESO do IES.Laxeiro participarán entre o 24 e o 30 de novembro nas actividades de inmersión lingüística que terán lugar no Centro de Excelencia para a Formación en Inglés dos Peares. Os Peares. Pena. Carballedo(Lugo). Xunto co IES. Laxeiro estarán na mesma quenda os seguintes centros: IES Plurilingüe Fontem Albei da Fonsagrada IES Manuel Murguía de Arteixo
CPI As Revoltas de A Cabana IES Canido de Ferrol Trátase dun curso residencial de lingua inglesa, non dun campamento de verán,O alumnado recibirá cinco horas de clase diarias de luns a venres e onde realizarán actividades comunicativas reais en inglés, nun ambiente angloparlante. Para máis información consultar o seguinte enlace Toda estas actividades ademais terán lugar nun marco incomparable do noso interior galego: Pena . Os Peares De toda actividade os pais/nais do alunnado participante terá cumplida información nos próximos días , comenzando por unha circular que recibirán proximamente Relación de Libros de texto para o curso 13-14 no IES.laxeiroNos arquivos adxuntos aparece a relación de Libros de Texto para o curso 13-14. Os libros de Matemáticas e Relixión na ESO serán os propios departamentos os que en setembro se encarguen do reparto. En tres Ciclos non hai libros propostos, serán os profes os que en setembro expliquen o material a empregar. Para calquer dúbida consultar no centro- » laxas traducidas, sesión de traballo 5/2011o luns 28 de marzo logo das aulas de tarde reúnese novamente o grupo de tradución "laxas traducidas" para traballar na tradución da proposta de traballo linh dinh - blood and soap. máis información en laxastraducidas.blogspot.com Modificación nas Probas de acceso á Ciclos Superiores: A data será o venres día 1 de abrilNo DOG de hoxe, día 10 de marzo, ven de publicarse a Resolución de 2 de marzo que modifica a Resolución de 11 de xaneiro, referente ás probas de acceso á Ciclos. O cambio da data da proba de acceso á Ciclos Superiores , será o venres, día 1 de abril, e o 17 de marzo, en lugar do día 10, como data de publicación dos lugares onde se van a constituir as comisións das realización de probas, son os cambios significativos. Listaxe provisional de exencións para os inscritos no IES.Laxeiro ás Probas de acceso á Ciclos SuperioresXa está disponible a listaxe provisional de exencións para as probas de acceso á Ciclos Superiores. Contra esta listaxe poderanse presentar reclamacións a modo de instancia, os días 4 7 8 9 e 10 de marzo no centro onde se realizase a inscripción. Resolución do 1 de febreiro, Fondo Social 2010Ven de publicarse no DOG do 9 de febreiro os criterios de repartición do Fondo de Acción Social para o ano 2010, Solicitudes e anexos poderanse cubrir na web http://www.xunta.es/dxfp/fas.htm. O parzo para presentación de solicitudes remata o día 28 de febreiro Listado provisional de admitidos ás probas de acceso á Ciclos SuperioresPublicada a listaxe provisional de admitidos ás probas de acceso á Ciclos Superiores. Ábrese agora un período de reclamacións entre os días 10, 11, 14 e 15 deste mes de febreiro. O vindeiro 17 sairá publicada a listaxe definitiva. No enlace consultade a relación de inscritos no IES.Laxeiro. |
Novos números
|