Novas de interese

Renovación parcial do Consello Escolar do IES Laxeiro Novembro 2018

De acordo coa Resolución do 25 de setembro de 2018, DOG do do 8 de outubro, as  Direccións xerais de Recursos humanos e Formación Profesional e Innovación educativa da Consellaría de Educación establecen o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos.

Por ese motivo desde a Dirección do centro comunícase que durante o mes de novembro vai ter lugar o proceso de renovación de membros do Consello Escolar do IES Laxeiro polo que nesta renovación se van elixir : tres membros do profesorado, dous membros so sector pais/nais e tres membros do sector do alumnado.

O día 5 de novembro vai ter lugar a constitución da Xunta Electoral, órgano que regulará todo o proceso de renovación e que estará formado polo Director do centro, e representantes dos diferentes sectores da Comunidade e que foron elixidos por sorteo celebrado o pasado día 25 de outubro. . Na súa 1ª convocatoria aprobará o calendario do proceso e publicará os correspondentes censos dos diferentes sectores que participen no citado proceso de renovación.

Os listados dos censos estarán expostos no taboleiro do centro

A partires dese día iranse publicando neste mesmo canle as diferentes publicacións que nas diferentes reunións da Xunta Electoral se decidan.

Lexislación: Decreto 324 de 1996 ROC

                  Decreto 92 de 1988

Constitución da Xunta Electoral

Calendario de eleccións ao Consello Escolar

Información para o profesorado

Información para pais/nais

Información para o alumnado

Candidatura de profesorado(Impreso)

Candidatura de pais/nais(Impreso)

Candidatura de alumnado(Impreso)

Proclamación de candidaturas

Circular de pais/nais

Circular de alumnado

Circular de profesorado

Candidatos electos

Constitución do novo Consello Escolar do IES Laxeiro

 

ESO & BACHARELATO: Proceso de Admisión de Alumnado para 2022-2023

ENSINANZAS DE ESO & BACHARELATO

Aberto o proceso de admisión para o alumnado de centros públicos e privados non universitarios que desexen reservar praza para o curso 2022-2023 nos centros de primaria e secundaria da nosa comunidade.

Os prazos son os seguintes:

 

Reserva interna para centros adscritos e alumnado que non cambien de centro: 11 de xaneiro a 08 de febreiro.

Admisión 'externa' de alumnado que desexe cambiar de centro ou incorporarse a un centro non adscrito: 1 a 21 de marzo.

 

Uso da aplicación para este proceso: "admisión de alumnado". Desde esa aplicación se pode realizar a solicitude da seguinte maneira:

1. Electrónicamente a través da aplicación https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado para os que posúan DNI electrónico ou similar.

2. Descargar o impreso cuberto da aplicación e presentar a solicitude no centro de 1ª opción.

3. Descargar o impreso da 1ª páxina da aplicación , cubrilo manualmente e presentar a solicitude no centro de 1ª opción

Para acceder á aplicación premer neste enlace:https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado.

 

Prazos do procedemento  e Vacantes para o ano 2022-23.

 

Normativa: Decreto 13/2022Orde do 12 de marzo de 2013Orde do 25 de xaneiro de 2017 &Orde do 18 de decembro 2020.

 

Mapa de influencia & Zonas de influencia

 

Documentos para cursar as solicitudes nas oficinas do centro:

Anexo I Centros adscritos (Galego) & Anexo I Centros adscritos (Castelá).

Anexo II Admisión, Anexo II bis (galego) & Anexo II Admisión, Anexo II bis (castelán).

De todo o proceso terán información neste mesmo apartado.

Sorteo da da cesta do nadal IES Laxeiro

Efectuado o sorteo das rifas da cesta de nadal 2017, comunicamos que o número agraciado co premio foi o seguinte

 

                                                                2764

Unha profesora alemá no IES Laxeiro

 

 

Nestes días de outono contamos coa visita de Sabrina Jürgs, profesora no Auguste Viktoria Schule, un Gymnasium ubicado na cidade alemá de Itzehoe, no Bundesland Schleswig-Holstein Sabrina ensina Español, Inglés e Educación Física a alumnas e alumnos dun nivel educactivo equivalente ao noso bacharelato. A súa estancia no IES Laxeiro ten lugar dentro do programa PAD, nunha acción formativa similar ao job shadowing, un período de observación profesional coa intención de coñecer a nosa práctica educativa e a lingua española falada no noso país (e de paso algo de galego). Neste dúas semanas acompañou a algúns dos nosos docentes, fundamentalmente os correspondentes ás súas materias. Un bo xeito de aprender e intercambiar ideas así como de ampliar os vencellos europeos.

O IES Laxeiro entre os dez mellores no ranking da ABAU

A Voz de Galicia no seu espazo A FONDO reflicte hoxe 6 de xullo a boa saúde do ensino público. Nese contexto o IES Laxeiro atópase nunha excelente posición. Desde a Dirección do IES Laxeiro amosar a nosa satisfacción polo traballo realizado e agradecer o esforzo do alumnado e profesorado, sen esquecernos da colaboración dos pais e nais como factor importante na aprendizaxe dos seus fillos e fillas.

Desde estas páxina web queremos suliñar que entre os dez primeiros centros, sete son centros públicos, un dato que ven a contrastar o traballo e o nivel que se está a acadar nestes centros, as veces tan pouco valorados e pouco defendidos socialmente.

Un dato moi importante e relevante é a mínima desviación entre as notas de bacharelato e as da propia ABAU, un feito que non acontece en todos os centros.

Noraboa a todos eses centros polo seu traballo e esforzo e a satisfacción de compartir con eles este recoñecemento.

Concurso público para a adxudicación do servicio de cafetería do IES Laxeiro curso 2017-2018

Desde hoxe día 4 de xullo ata o 24 do presente mes estará aberto o prazo para para presentar ofertas de xestión da cafetería do IES Laxeiro de Lalín. Nos arquivos adxuntos está toda a información relativa ao proceso.

Anuncio de convocatoria

Instancia

Instrucións e condicións para a contratación do servicio

O IES Laxeiro celebra o éxito acadado nas ABAU 2017

Como todos os anos no IES LAXEIRO témonos esforzado por axudar a que o noso alumnado progrese na súa vida académica. E como todos os anos estamos orgullosos e orgullosas de todos e todas e cada un deles e delas e do seu esforzo por mellorar e superarse.

En concreto, este ano, todas e todos os que realizaron as ABAU, a nova selectividade, conseguiron aprobar e, polo tanto, o ano próximo poderán seguir os seus estudos na universidade ou realizar ciclos superiores de formación profesional.

Isto foi posible desde o compromiso co esforzo diario, coa esixencia ante o estudo, coa cercanía e o cariño. O ano que ven tocará volver a remangarse para que outro grupo de mozas e mozos nos deixen e sigan o seu camiño.

Os profesores e profesoras e o equipo directivo estamos orgullosos da cifra redonda, un pleno. Tanto dos que obtiveron uns resultados soberbios, por riba do trece; como dos aprobados ‘raspados’. Todos e todas se esforzaron e merecen e teñen e terán o noso recoñecemento.

Noraboa: Aída, Alejandro, Alexia, Alexia, Antonio, Brais, Carlota, Celia, Clara, Duarte, Elvira, Eva, Gabriela, Iria, Isabel, Jacobo, Juan, Xosé Manuel, Lucía, Manolo, María, Marta, Nerea, Noa, Pedro, Sandra, Verónica, Paula, Lucas, Oscar , Daniel e Uxío.

Suspensión do transporte escolar

Debido ás condicións meteorolóxicas suspéndese mañá , desde as 12:00 horas, ata o xoves día 23, o transporte escolar. En principio non se determina a suspensión da actividade docente, agás que as inclemencias do tempo así o determinaran. Por este motivo, o alumnado de transporte pode vir mañá ao centro pero non teñen garantido o regreso, dado que o servizo podería suspenderse a partires das 12 da mañá. O xoves, en cambio , non teñen garantido o servizo de transporte para acudir ao centro.

De todo o que vaia acontecendo, iremos informando vía pweb e con mensaxes a través de móbil.

Saúdos

 

A Dirección

Distribuir contido