O IES Laxeiro celebra o éxito acadado nas ABAU 2017

Como todos os anos no IES LAXEIRO témonos esforzado por axudar a que o noso alumnado progrese na súa vida académica. E como todos os anos estamos orgullosos e orgullosas de todos e todas e cada un deles e delas e do seu esforzo por mellorar e superarse.

En concreto, este ano, todas e todos os que realizaron as ABAU, a nova selectividade, conseguiron aprobar e, polo tanto, o ano próximo poderán seguir os seus estudos na universidade ou realizar ciclos superiores de formación profesional.

Isto foi posible desde o compromiso co esforzo diario, coa esixencia ante o estudo, coa cercanía e o cariño. O ano que ven tocará volver a remangarse para que outro grupo de mozas e mozos nos deixen e sigan o seu camiño.

Os profesores e profesoras e o equipo directivo estamos orgullosos da cifra redonda, un pleno. Tanto dos que obtiveron uns resultados soberbios, por riba do trece; como dos aprobados ‘raspados’. Todos e todas se esforzaron e merecen e teñen e terán o noso recoñecemento.

Noraboa: Aída, Alejandro, Alexia, Alexia, Antonio, Brais, Carlota, Celia, Clara, Duarte, Elvira, Eva, Gabriela, Iria, Isabel, Jacobo, Juan, Xosé Manuel, Lucía, Manolo, María, Marta, Nerea, Noa, Pedro, Sandra, Verónica, Paula, Lucas, Oscar , Daniel e Uxío.