Novas de interese

Vaca Films no IES Laxeiro

O vindeiro venres 22 de outubro, Vaca Films, produtora galega de cine, responsable entre outros títulos de Cela 211, vai desenvolver no IES Laxeiro de Lalín un programa de achegamento e promoción do cine aos estudantes de 2º de bacharelato.

Probas libres para obtención do título de Graduado en Educación Secundaria ( ESO )

Convócanse probas para obtención do título de Graduado en Educación Secundaria (ESO ) para alumnos/as que cumpran 18 anos o día anterior ao día da proba. Para máis infromación consultar o arquivo adxunto.

Un grupo de alumnos do IES Laxeiro, gañador da primeira edición Parlamento xove de debate

Coordinados polo profesor Manuel Igrexas, os alumnos de Bacharelato do IES Laxeiro Yolanda Gordedo, Marcos Vilas, Lucía Riádigos, Fátima Mosteiro e Roi Gallego, resultaron gañadores da primeira edición do Parlamento Xove, anteriormente denominado Liga de Debate, tras superar na final ao centro SEK Atlántico de Pontevedra.

NOVO MATERIAL PARA ORIENTACIÓN ACADÉMICO-PROFESIONAL

Está dispoñible en orientación novo material de interés para alumnado de bacharelato e de 4º ESO interesado tanto en titulacións universitarias coma ciclos medios e superiores. Dado que ten copyright non se pode colgar na web e só o podedes consultar no despacho da orientadora.

Descrición do material:

-DVD Anuario "Entre estudiantes" con guias para decidir futuro, información sobre todas as universidades e estudos universitarios, notas de corte, campus....en España-

-Novos exemplares das revistas "Y ahora qué" (cun especial sobre o selectivo, probas de acceso a universidades privadas, guía práctica de universidades e un monográfico sobre a titulación de Dereito) e "Entre estudiantes" (con mongráficos sobre grao en información e documentación, grao en óptica e optometría e técnico superior en secretariado, así como tendencias de emprego para o 2010).

¡Pasade a consultalas cando queirades! Son de gran utilidade.

 

Nova regulación das PAAU

Publicouse no DOGA do luns 11 de xaneiro, a orde que regula as probas de acceso ao sistema universitario (ensinanzas de grao).

Para ter máis información, consultade en orientación (que xa está realizando sesións informativas con alumnado de 2º Bacharelato Nocturno e Diurno) e tamén podedes consultar directamente a orde na  páxina web da Consellería de Educación.

Distribuir contido