INICIACIÓN A RUGBY CO "CLUB RUGBY CORETI LALÍN"

24/05/2021
Europe/Madrid

O pasado xoves alumnado de 1º de BAC adicou a sesión de EF a disfrutar do Rugby das mans de adestradores e adestradoras do club Rugby Coreti Lalín. Este luns tamén poderá facelo o alumnado de 1º de ESO. Agardamos disfruten da actividade e se animen a probar este deporte de equipo, no que ademais dunha boa condición física e técnica, son fundamentais os valores de repecto e traballo colectivo.  

Acto de Graduación "telemático" do noso Alumnado de 2º Bacharelato 2020-2021

O alumnado de 2º de bacharelato quere facervos chegar a invitación, sobre todo para as familias, ao acto de graduación que se 
celebrará de xeito "telemático", o sábado día 22 no Salón de Actos Manolo Rivas ás 18:30.

 

A ligazón para o seu acceso e seguimento é:

https://www.youtube.com/channel/UC37mC5F59cCeFIUqMFFnoIQ

(facer Click na Ligazón!)

Pedimos desculpas ás familias por non poder celebralo de xeito presencial, pero debemos manter as normas... e mais aínda neste curso tan intenso para eles e elas...

 

A Dirección do IES Laxeiro

ERASMUS +. Proxecto PRACTICUM - CONVOCATORIA 2021

IES LAXEIRO. ERASMUS +. Proxecto PRACTICUM DEPO 2019
CONVOCATORIA MOBILIDADES 2º SEMESTRE 2021

O alumnado interesado en participar nas mobilidades ofertadas no Proxecto ERASMUS + para o segundo semestre do ano 2021 deben formalizar a súa solicitude na secretaría do centro no prazo de dez días lectivos, ata o día 7 de maio de 2021.

 

--->>>      LER a Convocatoria

 

https://www.depo.gal/es/erasmus-2021

 

Realización enquisa "Convivencia Xestión 2021"

De acordo coa Lei 4/2011 e o establecido no Decreto 8/2015 da convivencia e participación e dentro da Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2021-2025, faise necesario a realización dunha nova enquisa de diagnose de convivencia cunha periodicidade bianual.

LER MÁIS......

Por este motivo todo o persoal  dos diferentes sectores da Comunidade Educativa do IES Laxeiro, Nais/Pais, Profesorado, Alumnado e Persoal non Docente, recibiredes un comunicado no que se entregará unha clave aleatoria para poder acceder á ferramenta tecnolóxica e así realizar a correspondente enquisa.

Desde a Dirección do centro animamos a todos á súa realización e poranse todos os medios informáticos que sexan precisos , así como a información que sirva para aclarar dubidas que xurdan, recordando que esta enquisa é totalmente anónima e dentro da seguridade que presta o certificado da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre.

O IES Laxeiro, premiado co Selo de Centro eTwinning

A finais de marzo recibimos a magnífica nova de ser un dos 4 centros galegos premiados co selo de centro eTwinning 2021-2022. Un recoñecemento que só teñen o 2,3 % dos centros educativos europeos rexistrados en eTwinning (216.595).

O selo de centro eTwinning recoñece o traballo realizado con eTwinning polo equipo docente e o equipo directivo. Este logro, sen dúbida, non tivera chegado sen o tesón e o pulo da nosa compañeira e profesora de E. Plástica e Visual, Mar García Rodríguez, incansable na procura de contactos e tomando a iniciativa en case todos os proxectos levados a cabo. Ese traballo continuo e non sempre visible, co apoio incondicional do equipo directivo e do equipo docente, tróuxonos este premio europeo.

 

Na entrada do IES Laxeiro loce tamén a placa enviada polo Servicio Nacional de Apoyo eTwinnig co Selo de Calidade Nacional.

Chegar a ser un centro eTwinning supuxo percorrer todo un camiño e un proceso final que contou con dúas fases. Que é ser un centro eTwinning e como se obtén este selo explícase aquí

 Este fase final ten detrás un todo un camiño percorrido.

Probas libres bacharel para maiores de 20 anos

 

Probas para a obtención do título de bacharel

(Resolución do 15 de febreiro DOG do 24 febreiro 2021)

CONVOCATORIAS 2021

Data da Proba : 23 de abril de 2021.

Período de inscrición: 03 ao 10 de  marzo.

Información en :

https://www.edu.xunta.gal/portal/node/1238

 

-Anexo solicitude

-Resolución do 15 de febreiro

-Información xeral

Probas libres Graduado Educación Secundaria


Probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria

(Resolución do 03 de febreiro DOG do 12 febreiro 2021)

CONVOCATORIAS 2021

Proba Primeira convocatoria: 21 de maio.

Período de inscrición: 08 ao 18 de  marzo.

Proba Segunda convocatoria: 10 de setembro.

Período de inscrición: 1 ao 8 de xullo.

Información en : http://www.edu.xunta.gal/portal/node/33202

                        http://www.edu.xunta.gal/portal/ea/obtencion-de-titulo

-Anexo solicitude

-Resolución do 3 de febreiro

Probas de acceso a Ciclos Medios e Superiores 2021

Convocadas as probas de acceso a Ciclos Medios e Superiores do ano 2021. No portal www.edu.xunta.es/fp pódese consultar toda a información relativa a esta convocatoria. Nos arquivos adxuntos podedes informarvos de todo o relativo ao proceso desta convocatoria.

Na convocatoria de probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e de grao superior para o ano 2021 as persoas solicitantes soamente poderán cubrir a solicitude de admisión ás probas a través da
aplicación informática "Ciclosprobas" , que funcionará como asistente, desde a opción dispoñible na páxina www.edu.xunta.gal/fp/probas ou ben directamente na desde a seguinte ligazón:
(https://www.edu.xunta.gal/ciclosprobas/PaxinaInicio.do). Polo tanto, os centros de inscrición soamente deberán recoller aquelas solicitudes que foran realizadas a través da aplicación "Ciclosprobas".

A aplicación informática Ciclosprobas para a convocatoria 2021 estará dispoñible desde o día 18 de febreiro.
O prazo de presentación de solicitudes para a inscrición as probas de acceso a ciclos formativos de  grao superior comenzará o 18 de febreiro e finalizará o 3 de marzo de 2021.
O prazo de presentación de solicitudes para a inscrición as probas de acceso a ciclos formativos de  grao medio comenzará o 15 de marzo e finalizará o 26 de marzo de 2021.

 

- Orde do 21de xaneiro de 2021 que regula a convocatoria

- Calendario do proceso

- Información Probas de acceso a Ciclos Superiores

- Información Probas de acceso a Ciclos Medios

_ Guía do asistente informático grado superior

- Guía do asistente informático grado medio

 

Descubrindo ás Detectives do Cancro

Con motivo do Día da Muller e a Nena na Ciencia, o alumnado de 1º de bacharelato participou no programa ‘CONÓCELAS’, unha iniciativa da Asociación Española de Investigación sobre o Cancro (ASEICA) e coordinada por Marisol Soengas, que reúne a cerca de 150 científicas en colexios de toda España para visibilizar ás investigadoras que hai ‘detrás da bata’. 

A través dunha conexión virtual e en directo, o alumnado puido descubrir directamente quen é unha das “detectives dcancro”: científica Sofía Mendes, que actualmente dedica a súa investigación á nanotecnoloxía para o cancro de páncreas. Descubriron dende a aula como é esta muller que investiga para facer fronte a esta enfermidade, como orientou a súa carreira e como chegou a ser unhas das grandes investigadoras no seu campo.

Coa participación nesta actividadevisibilizamos a labor das mulleres investigadoras e fomentamos novas vocacións científicas, animando ao alumnado e, en particular, ás nenas do noso centro a que se interesen pola Ciencia. Unímonos así a mensaxe: "elas poden, ti podes".

Volta a clases no IES Laxeiro

A volta á clases no IES Laxeiro será o luns, 11 de xaneiro, debido a que o venres día 8 é un dos dous días solicitados como festas locais polo centro.

 

VOLTA Á CLASES O LUNS 11 DE XANEIRO

Distribuir contido