Campaña de prevención de accidentes "Te puede pasar"

Ao igual que en cursos anteriores, dende o Ministerio de Educación de colaboración coa Dirección Xeral de Tráfico, estase a realizar a campaña de prevención de accidentes e as súas consecuencias graves "Te puede pasar".

A campaña consiste nunha charla-coloquio impartida por un médico e un parapléxico da Asociación para o Estudo das Lesións Medulares (AESLEME).

No noso centro realizarase o luns 14 de abril ás 16:30 h, e asistirá o alumnado de 1º BAC, de Ciclos Formativos que non se atope facendo as FCT nas empresas, e de EPA.

Gañadores do I concurso de avións de papel "Gumersindo Areán"

O pasado día 13 de marzo tivo lugar o I concurso de avións de papel "Gumersindo Areán" organizado polo departamento de tecnoloxía en colaboración co departamento de actividades. Houbo un grande éxito de participación nas tiradas das modalidades de distancia e duración, que se realizaron no ximnasio do centro.

Exposición "Os Monos de Laxeiro"

Dende o venres día 22 de febreiro temos no centro unha exposición de debuxos de Laxeiro. Co título "Os Monos de Laxeiro", expóñense unha serie de debuxos humorístico-críticos no andar do edificio B.

Premio no Concurso "O Parlamento: a túa casa"

Os alumnos e alumnas de 1º Bac de Ética e Filosofía do Dereito veñen de obter o 1º premio da modalidade de Bacharelato no concurso "O Parlamento: a túa casa" organizado polo Parlamento de Galicia.

Obtivemos este premio pola elaboración dun proxecto de lei de Desenvolvemento rural de Galicia no que propúñamos medidas para evitar o proceso de despoboamento e abandono que esta padecendo o noso agro.

O curso pasado tamén participamos no concurso, obtendo o 3º premio cun proxecto de lei de Eutanasia.

Actividades centenario do pintor Laxeiro

O vindeiro 23 de febreiro celébrase o centenario do nacemento de "Laxeiro". Como sabedes, o noso instituto sempre tivo unha relación próxima e de colaboración con este persoeiro.

Esta semana comezan as actividades de conmemoración do centenario. Entre as actividades coas que contaremos temos un obradoiro de animación á escultura e de escultura en barro a cargo do escultor Luchi.

I concurso de avións de papel "Gumersindo Areán"

O departamento de Tecnoloxía do Ies Laxeiro ven de convocar o I concurso de avións de papel "Gumersindo Areán". A data límite para anotarse é o 29 de febreiro.

Distribuir contido