Instituto de ensinanza secundaria, bacharelato, ciclos formativos e adultos

No noso centro impartese o ciclo de Administración de Sistemas Informáticos en Rede.

O curso consta de 2000 horas de formación, das que 384 son de Formación en Centros de Traballo, na que os alumnos realizan prácticas en empresas colaboradoras do centro.

O primeiro curso abrangue de mediados de setembro ata mediados de xuño, onde os alumnos realizan prácticas e asisten a clases teóricas no propio centro. No segundo curso de mediados de setembro ata finais de marzo aproximadamente a mecánica é a mesma, mentres que dende o mes de abril ata mediados de xuño os alumnos realizan as súas prácticas nunha empresa. Ao tempo que se realizan as prácticas o alumnado realiza un proxecto fin de ciclo que debe presentar ao profesorado de departamento para finalizar a súa aprendizaxe.

A distribución das materias é a seguinte:

Materia Horas Curso ECTS Sesións Semanais
Implantación de Sistemas Operativos 213 15 8
Planificación e Administración de Redes 213 12 8
Fundamentos de Hardware 107 6 4
Xestión de Bases de Datos 183 11 7
Linguaxes de Marcas e Sistemas de Xestión de Información 133 7 5
Administración de Sistemas Operativos 140 8 8
Servizos de Rede e Internet 140 8 8
Implantación de Aplicacións Web 122 6 7
Administración de Sistemas Xestores de Bases de Datos 70 5 4
Seguridade e Alta Disponibilidade 105 6 5
Proxecto de Administración de Sistemas Informáticos en Rede 26 5 -
Formación en Orientación Laboral 107 5 4
Empresa e Iniciativa Emprendedora 53 4 3
Formación en Centros de Traballo 384 22 -

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Read this page in English

Nesta páxina podes consultar o documento co currículo completo do ciclo

AdxuntoTamaño
CS Administracion sistemas informaticos en rede.pdf365.88 KB
Europass-ASIR.pdf152.22 KB