Instituto de ensinanza secundaria, bacharelato, ciclos formativos e adultos

LogoANPAA ANPA "Fonte da Vella" organiza coa colaboración do IES Isidro Parga Pondal o III Ciclo de charlas para as familias.

As charlas impartiranse na biblioteca do centro os seguintes días:

  - Mércores 11 de Abril ás 20:00 horas: Como saber se o meu fillo consome drogas
  - Mércores 25 de Abril ás 20:00 horas: A xestión emocional na educación
  - Mércores 9 de Maio ás 19:30 horas: Adolescencia e resolución de conflitos. O papel da familia

Ao remate de cada charla estades convidados a uns petiscos na cafetería do centro.

Para máis información pódese ver o cartel coa información das charlas.