Skip to Content

Orientación

MAÑAN ÁS 18:00h.CHARLA DO PROFESOR ANTONIO RIAL BOUBETA

RECORDADE:

A charla adiada polos incendios, terá lugar ás 18:00h mañan no Salón de Actos, nela, o profesor Boubeta desenvolverá as claves imprescindibles para enfrontarnos, como docentes e como familias, ao reto das adicións ás redes sociais, aos videoxogos e ás apostas deportivas que cada vez estan a ter máis presencia na nosa mocidade.

Polo importante da temática e a solvencia do relator, agradecemos enormemente a asistencia.

 

O BO USO DO MÓBIL

A propósito das charlas que se desenvolveron no noso instituto o pasado luns 17 para alumnado e familias, foron moitas as preguntas sobre que aplicacións podían axudar no control do uso destes dispositivos por parte das fillas e fillos, neste senso, déixovos uns enlaces onde vos propoñen diferentes apps, e tamén onde ler información sobre o funcionamento dos programas mais empregados pola mocidade, e como previr o seu mal uso.

https://www.xatakamovil.com/aplicaciones/siete-aplicaciones-para-controlar-el-uso-del-movil-en-menores

Información sobre as Probas de Acceso a Ciclo de Medio

18/05/2017 11:29
Europe/Madrid

No seguinte enlace tedes as sedes donde se celebrarán as probas, ao noso Instituto tócalle no Politécnico de Santiago, e horarios do día do examen:

http://www.edu.xunta.es/fp/probas-acceso-grao-medio-sedes-instrucions-pa...

Diccionario de Profesións

29/11/2016 13:01
Europe/Madrid

Din os expertos que mais do 50% das profesións nas que traballarán os nosos fillos e fillas aínda non existen.

Para non perdernos, e coñecer as actuais, comparto este Diccionario de Profesións.

Agardo sexa de Utilidade:

 http://www.educaweb.com/profesiones/

Aviso Becas Alumnado con Necesidades Específicas de Apoio Educativo

29/09/2016 13:08
Europe/Madrid

Ampliado o prazo de solicitude da beca do MEC para alumnado con NEAE

 

Oferta Actualizada de Ciclos de FP

19/05/2016 09:58
Europe/Madrid
A Consellería de Educación publica cada curso a oferta actualizada de ciclos de Formación Profesional Específica. Consulta aquí a última oferta publicada, para o curso 2015/2016.

Charla coas familias do alumnado de 4ºESO

12/05/2016 11:30
Europe/Madrid

Déixovos o enlace da presentación que estivemos visualizando e comentando onte.

Moitas grazas aos asistentes polo esforzo de vir ao IES, e para aqueles que non tiveron a oportunidade de achegarse, convídovos a que lle botedes un vistazo a esta presentación, moi completa e que pode resolver moitas dúbidas.

 

http://monicadizorienta.blogspot.com.es/2013/05/sesion-de-informacion-ac...

Becas e Axudas para o Estudio

12/05/2016 11:20
Europe/Madrid

Onte tivemos charla coas familias, durante a sesión saliron dúbidas sobre as becas, deixovos unha presentación con toda a información, lembrade que podedes pedir axudas para ciclos de grao medio e superior, para bacharelato e para estudios universitarios.

Se aínda quedan dúbidas, pasade polo Dpto de orientación

Residencias Universitarias 2016-17

09/05/2016 13:08
Europe/Madrid

Déixovos un arquivo que é unha presentación con toda a información sobre as Residencias Universitarias Públicas de Galicia, para o próximo curso 2016-17.