En febreiro de 2023 o IES Félix Muriel acreditouse como Centro Erasmus+ tanto para a modalidade de escolar (SCH) como de Formación Profesional (VET).
Isto permítenos que tanto o profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e/ou Bacharelato como o profesorado de Formación profesional do IES poida solicitar a súa participación nun curso de formación no estranxeiro co financiamento do programa Erasmus.
O prazo de presentación das solicitudes e documentos será dende hoxe ata o 12 de decembro, ao correo ies.felix.muriel@edu.xunta.gal indicando no asunto “Mobilidade Erasmus+”, ou a través da secretaría do IES.
Nos documentos anexos dispoñedes de toda a información.
Animádevos a participar, é unha experiencia realmente enriquecedora.