Skip to Content

INFORMACIÓN

Follas de matrícula curso 2023-2024

Poden descargar as follas de matrícula para o curso 2023-2024, se ben tamén levan unha copia no sobre de matrícula.

Así mesmo achégase o documento para solicitar o cambio de modalidade en Bacharelato. 

Matrícula ESO e BACHARELATO. Curso 2023-2024

26/06/2023 09:30
29/06/2023 13:30
Europe/Madrid

As datas para a matrícula do curso 2023-2024 son as que seguen:

  • 26 de xuño. 1º ESO
  • 27 de xuño: 2º e 3º ESO
  • 28 de xuño: 4º ESO e BAC
  • 29 de xuño: BAC

Horario de atención ao público: 09:30 a 13:30 horas.

 

CALENDARIO PROBAS EXTRAORDINARIAS BACHARELATO

19/06/2023 08:30
21/06/2023 14:10
Europe/Madrid

Achégase ocalendario das probas extraordinarias de Bacharelato, que segundo as indicacións da Consellería de Educación, se deben realizar os días 19, 20 e 21 de xuño.

 

Indícase o día, hora e aula en que terá lugar cada unha das probas. O alumnado de 2º de Bacharelato con materias pendentes, realizará as probas desas materias no horario de 1º de Bacharelato.

 

Premios extraordinarios Bacharelato

Acceso á documentación relativa aos premios extraordinarios.

Código de procedemento: ED311A

Enlace á páxina de solicitude

 

Prazo de presentación de solicitudes ata o 25 de maio de 2023.

A realización da proba terá lugar o día 14 de xuño de 2023 e realizarase nos lugares
e no horario que se darán a coñecer mediante resolución publicada no Diario Oficial de
Galicia e no portal educativo da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional
e Universidades (https://www.edu.xunta.gal).

 

 

DATA DAS PROBAS DE CERTIFICACIÓN EN INGLÉS

10/03/2023 20:48
21/03/2023 20:48
Europe/Madrid

As probas de nivel para a certificación en Inglés serán realizadas o martes 21 de marzo de 16.30 a 18.30 horas na aula de Informática 1 do IES. O alumnado de 2º de Bacharelato e 2º de ciclo medio matriculado nas probas deberá acreditar a súa identidade mediante a presentación do DNI en vigor. O alumnado terá que presentarse 15 minutos antes, ás 16 15.

Campamento espacial europeo

O Campamento Espacial Europeo é un campamento de verán que vai ter lugar en  Andøya Rocket Range, Noruega durante os meses de verán.

Prazo do inscricición ata o 13/02/2023.

Poden participar estudantes de todo o mundo, de 17 a 20 años, interesados no espazo e a ciencia, e con formación en física e matemáticas.

Requisitos:

 - Ter entre 17 e 20 anos

- Dominio de inglés e sentir paixón pola ciencia

Para máis información deben premer na ligazón: http://www.eurodesk.es/program/campamento-espacial-europeo

 

Bolsas do Ministerio de Educación e FP

Acaban de convocarse as bolsas do Ministerio de Educación e Formación Profesional para a participación nun programa intensivo de inmersión ingüística en inglés en España durante o mes de xullo de 2023.

As persoas destinatarias son alumnado de Bacharelato e de Grao medio de Formación profesional.

 

Achégase o anuncio publicado no BOE o día 31 de xaneiro de 2023.

Prazos: a presentación de solicitudes remata o 3 de abrilde 2023 e farase a través da sede electrónica da páxina do ministerio www.educacionyfp.gob.es.

ACORDO USO DO MÓBIL PARA AS FAMILIAS

Deixo aquí o " Acordo para usar o Móbil" do que falamos na sesión informativa coas familias que tivemos o pasado xoves 17 de novembro.

Espero sexa de utilidade.

Calendario de pendentes. Curso 2022 -2023

Achégase o calendario de probas oficiais de materias pendentes. Lémbrase que os departamentos poden establecer datas para entrega de material.

Guía familias 2022_2023

Bo día,

 

achégase a Guía para as familias relativa ao curso 2022-2023.

Nela, entre outras informacións, poden comprobar:

  • Profesorado titor dos grupos e número de alumnas/os por grupo.
  • Horario de atención ás familias ao profesorado.

Agardamos que lles sirva de axuda. N

Distribuir contido


by Dr. Radut