UNHA SAFO MODERNA

 

UNHA SAFO MODERNA

 

 

 

 

 

“Pois en canto te vexo en fronte“

 

seméllame que nin sequera Ermíona a ti

 

te iguala, e compararte a loura Helena

 

non resulta estraño”

 

SAFO

 

                                                          

 

“Eu estaba tranquila ollándote

 

porque en ti acababa todo”

 

LUPE GÓMEZ

 

 

 

Moitas noites separan a estas dúas mulleres, moitos séculos entre estes dous poemas, anos que pasan e nos fan reflexionar se realmente cambiamos tanto, se somos tan distintos ás persoas da época clásica. Ben, pois claro que somos distintos, evolucionamos, as veces tamén para ben, e seguimos sendo ó mesmo tempo iguais.

 

 

 

Safo foi, para quen non a coñeza, unha muller grega da antigüidade que dedicou a súa vida á poesía. Unha muller que rompeu coas regras establecidas da súa época deixando de ser un corpo sen voz, como eran ata entón todas as mulleres, para pasar a ser unha voz forte nun corpo miúdo.

 

Non foi ben aceptada, os cambios nunca se aceptan ben, pero a ela deulle igual. Creou unha escola na illa de Lesbos onde moitas mozas seguían os seus pasos e se concienciaban do seu valor como mulleres. Escribían poemas, deixaban de estar atadas para vivir na liberdade lésbica (e por lésbica enténdase habitante de Lesbos e non persoa homosexual).

 

Pois ben, se por algo temos que coñecer a esta muller é por ser unha das primeiras figuras femininas da literatura e unha das que máis rompeu na súa época.

 

A ela coñecina certa mañá que semellaba ser igual a outra calquera, nunha clase de grego a que ambas asistiamos. Ela abriume os ollos a unha realidade ata aquel entón descoñecida para min. Unha muller nunha sociedade onde a figura feminina tiña un valor mínimo que se sobrepón a todo para facer o que quería, escribir.

 

A Lupe Gómez coñecina con posterioridade, e foi case tamén un frechazo como o que sentín no seu intre con Safo, supen que algo había semellante nestas dúas mulleres e con cada creación das dúas autoras nas que me vin somerxida decatábame de que así era.

 

 Lupe é a Safo moderna de Galiza, unha muller que séculos despois segue os pasos da Helena, unha figura que rompe, que non ten pelos na lingua, que mediante as súas creacións se sinte libre. Libre igual que Safo en Lesbos.

 

Dúas figuras sen ataduras á sociedade, ás que non lles importan os “que dirán?” senón que fan oídos xordos e seguen cos seus propósitos sen que ninguén lles faga cambiar de parecer nin lles poñan un pano na gorxa ou lle aten as mans para que non se expresen con liberdade.

 

Lupe Gómez tampouco se viu ben aceptada xa que non é o “normal” escribir como escribe ela, facer poemas nos que se diga puta no sito de meretriz ou nos que se falen de cousas naturais sen ningún tipo de prexuízo. Safo non usaba a palabra puta, pero na súa época falar do amor como o facía ela era case o mesmo.

 

Tamén as dúas lle dedicaron parte do seu tempo á súa terra, a eloxiala e a defendela unha ante os deuses e outra ante todos aqueles que miran con prexuízos á lingua ou á nosa terra.

 

Safo e Lupe, separadas por milleiros de acontecementos e o mesmo tempo tan semellantes, mulleres comprometidas, concienciadas do que valemos, rompentes, sen cadeas que as aten a ningures, fortes, libres.

 

 

 

 

 

“ Cando se espalla no peito a ira,

 

á lingua que ladra en balde hai que poñerlle couto.”

 

SAFO

 

 

 

“Nunca o direi todo.

 

É grande o abismo”

 

LUPE GÓMEZ

 

 

 

 

 

 

 

 

 

                            Nerea Lorenzo Rodríguez 2ºBach B

 

DOCUMENTOS DO CENTRO

TIL

Plurilingüismo

  •  CADERNO DE COMUNICACIÓN

Violencias de Xénero (25N)

MONTE VIVO

 

ACTIVIDADES

GALERÍA DE IMAXES

MATERIAIS

Eventos

« Abril 2020 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930

Erasmus+

felixmuriel.erasmusplus@gmail.com

ERASMUS+FELIXMURIEL(TWITTER)

erasmusplusfelixmuriel (INSTAGRAM)

CONVOCATORIA FCT 2019-2020 ...

BASES MOVILIDADE (consulta)

CONVOCATORIA 19-2(consulta)

SOLICITUDE  (consulta)

CONVOCATORIA ENTREVISTA PERSOAL (consulta)

 

 

SCRIPTA MANENT

ENDL (Norm. lingüística)

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 7 invitados conectados.

TITORÍA ENTRE IGUAIS

RIANXO RADIO

REMEMBERING CANADA