Skip to Content

EXENCIÓN DE LINGUA GALEGA

A Lei 3/1983, de normalización lingüística aprobada polo Parlamento de Galicia
o 15 de xuño de 1983, garante, de acordo co establecido no artigo 3º da
Constitución e no artigo 5º do Estatuto de autonomía de Galicia, a igualdade do
galego co castelán, como linguas oficiais de Galicia e asegura a normalización
do galego como lingua propia do noso pobo.
Despois de establecer que o galego é tamén a lingua oficial no ensino,
determina no artigo 14º a obrigatoriedade do estudio da materia da lingua
galega en todos os niveis educativos non universitarios.

Neste contexto, no mesmo artigo 14º da citada Lei,
ordénaselle ao Goberno galego á regulamentación das circunstancias
excepcionais nas que o alumnado pode ser dispensado do estudio obrigatorio
desa materia. Para tales efectos, o Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o
plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia fai compatible o carácter
obrigatorio do estudio da materia da lingua galega en todos os niveis
educativos non universitarios, con determinadas causas taxadas que xustifican
o réxime das exencións posibles, as que se caracterizan pola concorrencia dos
seguintes requisitos:
1. Que a xustificación da exención atope fundamento nunha circunstancia
obxectiva de incorporación ex novo ao sistema educativo de Galicia.
2. Que o alumnado de nova incorporación proceda doutras comunidades
autónomas ou dun país estranxeiro.
3. Que a incorporación ex novo ao sistema educativo de Galicia se produza
no terceiro ciclo de educación primaria, na educación secundaria obrigatoria ou
no bacharelato.

A exención do estudo da materia da lingua galega nos diferentes niveis e
etapas dos estudos non universitarios, polo seu carácter restritivo, non se pode
estender a aqueles supostos nos que o alumnado que realizados estudos en
Galicia, curse fóra da comunidade autónoma tres cursos completos ou menos,
e se reincorpore posteriormente ao sistema educativo galego, xa que logo, de
ser o caso, a volta ao sistema educativo en Galicia, non pode interpretarse
como se dunha incorporación ex novo, se tratara, senón como unha
reincorporación para o que non está previsto a exención.

PARA MÁIS INFORMACIÓN:

AdxuntoTamaño
Decreto de Plurilingüismo.pdf54.51 KB
proxecto_31-07-2013_orde_exencions.pdf91.4 KB
formulario_solicitude.pdf132.05 KB


story | by Dr. Radut