Skip to Content

De castros e balnearios... Visita didáctica a Cuntis

22/04/2022 17:55
Europe/Madrid

O alumnado de 1° de ciclo medio de Atención a persoas en situación de dependencia fixo unha saída didáctica a Cuntis este xoves, co fin de ver de cerca as terapias que oferta o Balneario Termas de Cuntis. A doutora María J. Barral explicou os distintos tratamentos que se administran, ligados ao curriculo do Módulo de Atención Sanitaria que se imparte no ciclo.
Unha vez rematada a explicación técnica, o alumnado probou os beneficios do Aquaform, un espazo de carácter máis lúdico.
Por outra banda, aproveitando a visita á vila, tamén se fixo unha parada no local da Fundación Terra Termarum, onde Sandra Obarrio, técnica ceramista e restauradora explicou as principais características do castro de Castrolandín, así como fixo un breve percorrido pola cultura castrexa da zona. 

AdxuntoTamaño
Cuntis.jpg165.61 KB


event | by Dr. Radut