Skip to Content

Internacionalizamos a FCT con Erasmus+

 

O IES Félix Muriel continúa na súa liña de internacionalización das ensinanzas de Formación Profesonal. Un total de 5 estudiantes do ciclo Atención a Persoas en Situación de Dependencia parten  esta semana para realizar o módulo de formación en centros de traballo no extranxeiro, no marco do Programa Erasmus+, cofinanciado pola Unión Europea.  Catro estudiantes na cidade de Catania, en Sicilia (Italia) e unha en Tralee, no condado de Kerry (Irlanda) completarán a súa formación realizando case tres meses de prácticas en distintas asociacións de atención a persoas con diversidade funcional.  O grupo foi recibido antes da súa viaxe polo alcalde de Rianxo. Adolfo Muíños, quen lles desexou o mellor para esta experiencia.

 

AdxuntoTamaño
IMG_20220329_123835 reducida.jpg203.92 KB


blog | by Dr. Radut