Skip to Content

NO SOLPOR DE AGOSTO

 

No solpor de Agosto

 

ollei para ti

 

mireite de frente

 

intuín o amor,

 

 

 

con ese calor

 

no longo serán

 

agardando o tempo

 

que voltes a mín,

 

 

 

con ese bochorno

 

e esa calima

 

na túa procura

 

e sudando a mares,

 

 

 

na calor de agosto

 

no noso xardín

 

baixo aquela sombra

 

de olmos milenarios,

 

 

 

eu xuréiche amor

 

coas doces verbas

 

collidos da man

 

unidos os beizos.

 

Miguel Alberto, 2019

 



story | by Dr. Radut