Skip to Content

A VIDA DE FELIPE. CAP. VI

 

 

Cando acabou de falar, non lle quedaban mais bágoas para seguir chorando, e así rematou a visita a súa avoa, con outra aperta que quizais fose a última.

A voda celebrouse por todo o alto, con todo o luxo que poida haber nunha voda: marisco de catro ou cinco variedades, peixe, carne, sobremesas, cafés e licores...

Stefanie preguntáballe a Felipe como se chamaba cada tipo de marisco que aparecía na mesa.

- Tiñas razón cando me dicías que aquí se come moi ben, e a paisaxe para que che vou a contar, parece que estamos no paraíso.

Terminada a voda, Felipe e Stefanie partiron para Heidelberg, e os noivos a Exipto de lúa de mel.

Andrés ás tres semanas embarcou de novo. Foi incorporarse ao porto de Dover, para seguir navegando polos mares do mundo.

No voo de Santiago a Frankfurt, Felipe propúxolle a Stefanie , casar para as próximas vacacións, que serían en agosto.

- Se ti queres, casamos, e imos vivir xuntos a Pforzheim ou aquí en Heidelberg. Como ti tes clases aquí, igual nos convén mellor esta cidade. Felipe, ti falas de casar, pero eu inda non coñezo a ninguén da familia, salvo á túa nai, teus avós e esa avoa que tés, que che deixou tanta herdanza. Pero de teu pai non coñezo a ninguén, e algunha terá, digo eu.

Antes de aterrar en Frankfurt, xa tiñan acordado casar para o mes de agosto, e volverían a Galiza para buscar e coñecer a Familia de Stefanie.

- Mamá, hoxe vai vir Felipe para falar contigo e con papá.

- Que pasa, non estarás embarazada?

- Non mamá, tranquila, non pasa nada malo.

As cinco da tarde presentouse Felipe na casa de seus pais.

- Boas tardes

- Moi boas tardes, contestou Herr Holz,

- Que problema tedes para ser tan puntuais? Quedaramos sobre as seis.

- Herr Holz, problema ningún, pero eu e Stefanie, acordamos casar para o mes de agosto. Eu teño traballo, ela da clases na universidade e penso que para nós gañamos.

- ¿Queres casar coa miña filla sen saber nada de ti?, ¿quén son teu pai e túa nai, alá en Rianxo?...

- Meu pai non sei nada del, só sei que se chamaba Aurelio, era natural de Ribabaliña. Coñecín a avoa na voda de mamá, e mamá chámase Rosa Rueiro.

. Mein sohn, ihr könnt nicht heiraten, ihr seid geschwister. (Meu fillo, non podedes casar , sodes irmáns)

Cando Aurelio, (pois volvía a ser Aurelio) pronunciou esa frase en alemán, levantouse da cadeira e doulle unha aperta o seu fillo, como nunca había abrazado a ninguén. Polos seus ollos corría un río de auga, pero as palabras negábanse a saír.

 

Miguel Alberto,2019

 

FIN



story | by Dr. Radut