Skip to Content

SCRIPTA MANENT

 

Fai xa dous anos, o Equipo da Biblioteca creou unha nova páxina chamada Scripta Manent, réplica da segunda frase do dito latino  Veba volant, scripta manent, as palabras voan, o escrito permanece. Trátase dunha invitación a textos de todo tipo (relato curto,  poemas, artigos de opinión, frases, fragmentos de escritores consagrados que causaran impacto, Kaikus e ata viñetas) e aberto a toda a Comunidade Educativa. 

Pouco a pouco, o noso proxecto foi tomando forma e continuidade grazas á resposta dos colaboradores, cuxo número foi en aumento e estendeuse incluíndo non so ao profesorado e alumnado do IES Félix Muriel, senón tamén a pais, familiares e incluso docentes doutros centros ou universidades, que teñen a opción de firmar co seu nome, seudónimo ou optar polo anonimato. 

Cada autor procede coa liberdade de expresión e contido, sempre que prime o respecto ás opinións diferentes e/ou incluso contrarias. 

O Equipo de Bibliomuriel está levando a cabo os trámites legais necesarios para converter o noso propósito nunha realidade editorial. De entre os textos publicados, ata agora virtualmente, elaboramos unha antoloxía que está en proceso de ver a luz en papel.

Esperamos que o vindeiro curso poidan editarse as composicións e "Scripta Manent" quede rexistrada como plataforma de todas as publicacións.

O pasado 22 de maio reunímonos con algúns dos autores que leron unha mostra dos seus traballos ante un público absolutamente receptivo. Temos a total certeza e satisfacción de que a nosa iniciativa é un feito e pretendemos que a partir do curso 2019 o que agora desenvolvemos en potencia se converta en acto e as nosas aspiracións sexan cumpridas. Con esta idea seguimos a traballar e animando a que todos escriban, pois sempre, afortunadamente, temos algo que dicir.

Grazas a todos os que, coas súas colaboracións, fixeron posible que esta idea se transformara nunha realidade.

Grazas sobre todo a Ana Rivas polo seu traballo constante, polo seu esforzo e dedicación, polo seu entusiasmo contaxioso  e, sobre todo, polo seu sorriso sempre presente.

 

 

 

AdxuntoTamaño
Scripta manent.png14.5 KB


book | by Dr. Radut