O venres 18 o alumnado de 2º de Bacharelato puxo fin ao curso coa tradicional entrega de orlas. O acto estivo presentado e conducido polo propio alumnado (María García, Andrea Castro, Noemí da Silva e Ánxela Hermida foron as presentadoras) A xornada comenzou coas palabras de Ramón Veiga, o director, para continuar cos titores (Manolo Outeiral e Marisú Villaverde), Pilar Ces (nai de Aida Barros) e Ánxela Calvo, representante da Asociación de Pais e o propio discurso do alumnado, neste caso a cargo de Aida e Coral.
Poñemos fin así a un largo e duro curso pero que obtivo un bo resultado pois un 70% do alumnado aprobou en xuño e presentarase á ABAU.
Desexámosvos todo o melor nesta nova etapa das vosas vidas!!
Adxunto | Tamaño |
---|---|
graduacion 18.png | 1.39 MB |
Graduación 18.png | 1.45 MB |